Falar de globalización, capitalismo e hexemonía EEUU/China

O economista Bürbaumer, dá neste seu libro, unha contribución inestimábel e até decisivo, para construción dunha mellor e más real representación da China.

Por Jose Vieira

Cabe en primeiro lugar recordar, que normalmente estas palabras andan asociadas e son notoriamente responsábeis polos grandes problemas non só teóricos do mundo de hoxe, así como o teñen sido nos últimos 250 anos anteriores.

Tamén queremos partir dunha base más próxima, o que a noso parecer fai máis fácil a aprehensión dos problemas que a seguir pretendemos explotar.

Por precaución xuntamos que neste tipo de análise, as cousas se tornaron más complicada, ou talvez non, pois, nos estudos que anteceden teoricamente estes temas, instalouse un gran elemento perturbador do sistema a analizar.

Tratase nin más nin menos do ascenso a un primeiro plano da potencia emerxente que da polo nome de China (República Popular da China-RPC).

Igualmente insistiremos en indicar como lectura moi interesante neste tema e non só, o traballo de BENJAMIN BÜRBAUMER e o seu recente estudo titulado “CHINA/Estados Unidos, o capitalismo contra a mundialización”.

O autor en consideración, enriba referido, é un economista, que ten dedicado as súas análises, describindo que esta rivalidade entre os Estados Unidos da América do Norte (USA) e a China, ten determinado transformacións que ten sido determinante na actual orde mundial.

Antes de avanzarmos más neste texto, non queremos deixar de referir, que esta rivalidade, polo lado dos USA, é esencialmente brutal, para non dicir que é absurdamente inxusta e incongruente.

No caso da China de hoxe, poderemos dicir que pesan moito no imaxinario os estudos franceses e sobre todo a imaxe moi xeral dunha potencia asiática.

Parece mesmo que é difícil de cadrar a intelixencia desta China de hoxe e, o seu inmenso recorrido, moitas veces vídeo vixiada, no seu desenvolvemento, por un auténtico, inesgotábel e diabólico, proceso de control até humillante.

Como xustificar esta situación, sería a pregunta a facer, aínda que a nós, non nos parece xustificábel, mais, en contrapartida no occidente este xamais quere deixar de manter a imaxe, dunha China distinta da China dos contos do século XIX.

O economista Bürbaumer, dá neste seu libro, unha contribución inestimábel e até decisivo, para construción dunha mellor e más real representación da China.

Digamos que con este traballo o autor, consegue mostrar que en termos de relacións de produción capitalista, a China, atravesa ou está a atravesar todas as loitas que os outros países trabaron, como as loitas dos traballadores, os movementos das oposicións internas e todo o más.

Como punto de partida, a competencia ou até rivalidade despiadada entre os USA e a China, ten o seu espazo competitivo dentro da globalización e, o que está en cuestión é a hexemonía dos USA e, más, sobre todo nos sectores más internacionais do referido país.

Mas a globalización, non aproxima nin pacifica, nin tao pouco desenvolve cooperación entre os USA e a China, lonxe diso, o que está a acontecer é que a China está a transformar a globalización (unha correcta forma de subverter), co obxectivo de promover unha reestruturación do mercado mundial.

Tamén parece, en última análise, un enfrontamento aberto por parte da China, contra esa hexemonia dos USA. Unha desas estratexias visíbeis, é por exemplo a chamada “NOVA RUTA DA SEDA”. E naturalmente de más recente iniciativa tomada, como o rearmamento do país.

Segundo o economista autor do libro en referencia, esta situación, advén principalmente, do papel que dentro da globalización os USA, fixeron e ou colocaron as sus relacións coa China.

Estas actitudes de relacionamento entre os dous países, se foron desenvolvendo, de forma distópica desde os inicios dos anos 70 do século vinte.

Para recordar un motivo desa deslocalización e, por tanto, cambio de estrutura, se debe recordar, que é exactamente a partir da década de setenta, do século pasado, cando as grandes multinacionais, comezaron a ver os seus beneficios correntes das súas explotacións industriais, caeren drasticamente.

Recorrendo ao libro en cuestión, o autor, recorda que as perdas de beneficios dos patróns das multinacionais en especial das dos USA, pronto seguidos de todas as grandes. Se quedaran en auténtico PÁNICO.

Así a China por súa capacidade, orientada polos seus xefes, que a través dunha serenidade competentes e chea de bo senso, están conseguindo transformar toda unha enorme nación, partindo de programacións extremadamente ben estabelecidas, así como rectificadas ou correxidas, levar por diante un desenvolvemento en todas as frontes, privilexiando o máis harmonicamente posíbel, a súa poboación.

Ao respecto, recomendamos a lectura do excelente traballo do autor Xúlio Ríos, na súa obra “A Metamorfose do comunismo na China – unha historia do Partido Comunista Chines”. Nesta obra o autor, mostra como o maior Partido Comunista, que xamais existiu a face da terra, pode harmonizar, as contradicións do mundo da produción e da socialización, ou sexa dous réximes aparentemente antagónicos, nunha auténtica cabalgada homoxenia e até hexemónica.

Tamén nos parece que pode sobrenadar nas augas, en que se mergullan estas nacións (USA + China), poida haber desexos super-persoais e, estes realmente aparecen flutuando, nos mares respectivos, os dirixentes americanos (sexan Trump, o Joe Biden e seus herdeiros, por un lado e polo outro un colectivo, máis desapercibido na cabeza de Xi Jinping) contra os chineses.

Por outro lado, o autor Benjamin Bürbaumer, pretende explicar, que a “rivalidade” existente entre os líderes destes dous países, foi quen tivo o efecto determinante para algunhas das máis importantes transformacións da orde mundial. Sobre todo a partir da análise do capitalismo e das súas enormes contradicións.

Unha cousa nos salta desde xa á nosa sensibilidade é que a relación entre estes dous países é cada vez más conflictiva, estando nitidamente do lado dos USA, a “fame” de lanzar cada vez más frechas envelenadas, ao seu #inimigo asiático, que cunha auténtica paciencia de santo, que é unha característica “chinesa”, aproveita o tempo para ir acelerando, de forma imparábel o seu crecemento, así como a súa transformación institucional.

Pode acontecer que sexa cada vez más de difícil entendemento, que tipo de viaxe está a seguir a China de hoxe. Pois, a vemos emerxida nun fantástico universo tecnolóxico, nun auténtico mundo imparábel de desenvolvemento técnico científico, nunha auténtica participación das poboacións, parecendo non existiren demasiadas cargas de presión, nunha auténtica loucura de busca da excelencia en todos os campos posíbeis.

Parecenos ao estudar as análises destes dous textos e as informas dos éxitos chineses e, as trabas, perfectamente absurdas, que o occidente poe ao desenvolvemento da nación chinesa, impostas polo grande perdedor industrial/comercial americano, que como en calquera guerra entre dous meniños ou mozos, cando faltan os argumentos persoais, normalmente o que se ve perdido, busca unha arma (que non estaba nas regras de xogo), para reducir o outro polo argumento, “desleal e sen carácter de argumento” que é as armas.

Finalmente, os USA, non ten outra posibilidade, a noso ver, de estender outra calquera OTAN, á volta da China, para ver se consegue manter por máis tempo o seu poderío neofascista, a que indecentemente chama democracia occidental.

Os USA, non toleran que alguén sexa capaz de dicir non aos seus argumentos e, a China, sacudiu o caparazón da fábula de países dos emperadores, para ser rehabilitado por un intelixente Partido Comunista Chinés – RPC (un órgano colexiado, como sabemos liderado, na actualidade por un grande timoneiro que repara no nome de Xi Jinping.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.