Este é un mundo onde xa non hai xustiza social nin futuro

O que é practicamente unha previsión case unánime, é que traerá como resultante, unha fortísima desaceleración do posíbel crecemento nos USA e, que se expandirá por todo o mundo, aínda que de forma desigual.

Por Jose Vieira | 18/05/2025

“Vai haber sangue”, este foi o comentario dos economistas do maior banco dos Estados Unidos da América do Norte (USA), o banco J.M. Morgan, na súa nota, dada a publicación, o chamado “DÍA DA LIBERACIÓN”, cando Donald Trump, actual presidente dos USA, fixo público a súa política dos (aranceles) impostos aduaneiros, a que chamou recíprocos, para todas as importacións dos USA.”

A seguir, estes mesmos economistas, afirmaron que a probabilidade de que esta política imposta por ese presidente dos USA ao mundo, elevou a uns 60%, a perspectiva dunha posíbel crise do tipo recesión global (a nivel mundial), a pesar de non seren tan perentórios, que esta sería tan profunda, nos USA.

Estas palabras foron amplamente copiadas polos máis respectabades periódicos especialistas en asuntos económicos e, coa debida venia, comezamos estas nosas notas (New York Times, Washington Post, e moitos outros…).

Por exemplo, o periódico “Wall Street Journal”, en súa análise, considera que as políticas decididas polo presidente Trump como: “a decisión más estúpida da historia en materia de impostos aduaneiros” (31 de xaneiro de 2025).

Á súa vez “The Economist” en 5 de abril deste ano, afirmaba: “prevemos un caos económico”.

O que é practicamente unha previsión case unánime, é que traerá como resultante, unha fortísima desaceleración do posíbel crecemento nos USA e, que se expandirá por todo o mundo, aínda que de forma desigual.

Como exemplo, o propio Fondo Monetario Internacional (FMI), no seu informe, máis recente, dá as súas Perspectivas para a Economía Mundial (informe de abril de 2025), en que o crecemento global, será de cerca de 0,8%, cando antes das políticas anunciadas polo señor Trump e, mesmo anteriores a tomar posesión, eran para 2025, de cerca 2,8%.

Esta caída está intimamente ligada á política, dos impostos aduaneiros, da idea de recolocar os Estados Unidos como primeiro entre todos e, todos ao seu servizo, como se el fose un monarca absolutista do século XVIII/XIX (a tal MAGA, de todos xa coñecidos).

Así o presidente Donald Trump, conduce o Mundo a unha total incerteza, que pode permitir advertir, como consecuencia, unha crise global como enriba referimos.

Non podemos deixar de referir que xa antes da toma de posesión deste presidente reelixido Donald Trump, a economía americana se estaba a debilitar fortemente.

O desacelerar, da industrialización que xa vén de lonxe, tamén trouxen un abaixamento financeiro, que teñen tardado a se recuperar, o que lanzou algunhas rexións en fortes dificultades sociais.

Temos que ter en atención que os USA, se volatilizaran máis de 90.000 fábricas, o que “dá cerca de 8 por día” e, no entanto, por contrapartida no país creceron como cogomelos os multimillonarios, atinxindo neste momento, algo como 870 escandalosamente ricos.

Mas por outro lado, cerca de 63 %da actual poboación non consegue sequera poder afrontar un gasto extra, como por exemplo, ir ao dentista, pois, non dispoñen de aforros que o permitan afrontar.

Así as previsións do FMI, pasaron neste espazo tan curto de tempo, de que se aveciñaba, unha ameaza de recesión, cun grao de probabilidade que subiu do 25% a 40%.

No entanto, o mesmo FMI, non agoira que o crecemento do comercio mundial, encala aínda máis do que a produción e, situándoa nuns escasos 1,7%, para o ano en curso.

Non podemos deixar de sinalar, que o crecemento da economía dos USA, se veña a precipitar en cerca de 1,8% este ano (crecemento negativo é un retroceso real de 1,8 %).

Claro que esta situación é catastrófica para o home da rúa pois, por outro lado se espera que a inflación se volva a incrementar, pensando que superará os 3%.

Se compararmos co gran rival americano, que de traxe é a China e, ningún outro, esta tiña como meta un crecemento para o ano de 2025, que superaría os 5%, mais perante estas “avarías incoherentes de señor Trump e seus conselleiros”, o FMI, estima que dificilmente poderá superar os 4 %., mais crecerá.

A estas informacións macro económicas, se pode e debe xuntar as do departamento ou mellor, Axencia de Comercio da Organización das Nacións Unidas (ONU), a UNCTAD, considera a situación, imposta polo señor Trump, non só perigosa en xeral, como a súa continuidade, dará orixe á creación dun estado moi pesimista para todo o mundo.

Non podemos deixar de inserir unha vez máis que a guerra provocada pola invasión da Ucraína polo veciño Ruso, que hai causado decenas de miles de mortos até hoxe, se trata dun conflito xeopolítico, animado polo interese de obtención dos minerais, que buscan sobre todo os americanos e, de que é rico o territorio ucraíno.

Por iso, o alongamento da guerra, por parte do presidente Trump, que quere as vantaxes de poder obter os tales recursos minerais, para substituír certas dependencias da china, creando na Ucraína o espírito de que é unha colonia americana, nada máis do que ese estado.

Aquí e agora, xorde a intervención dun real conglomerado nascente (mas que xa é cada vez más real), que é un bloque que se está pondo francamente de pé e, que aposta polo poder multipolar e non un mundo dominado por un ambicioso e despótico poder, que quere de novo someter de forma discricionária, o mundo en que vivimos, a seu belo pracer.

Como facilmente se pode deprender, ese bloque se trata dos BRICS.

Como sabemos, este grupo foi inicialmente formado por: BRASIL, RUSIA, INDIA, CHINA e ÁFRICA DO SUR.

Na actualidade, coas novas adhesións de países a este bloque, en termos de mercado, podemos xa referir que superan os 4.000 millóns de cidadáns.

Para comparación, o grupo colonizado polos americanos non superan os 1.100 millóns.

Na actualidade o xefe de fila é o presidente do Brasil José Lula da Silva, que está defendendo unha liña antibélica e, pola obtención da paz inmediata para a guerra na Ucraína, así como o inmediato cese do xenocidio dos palestinos.

Con esta política, os BRICS, pretenden que se deixe de ter como prioridade servir os intereses dos conglomerados armamentistas (baixar drasticamente o gasto en materiais de morte) e, utilizar e distribuír dunha forma máis igualitaria e eficiente, os recursos financeiros, que se utilizarían nese rearmamento, no sentido dunha diminución das desigualdades sociais.

Nesta loita de sinal contrario ao pretendido polos americanos (enténdase equipo de Trump) é no fondo moi dura, pois, a Unión Europea (adiante EU), funciona como colonia americana, e sobre todo os alemáns, que se volven a desexar, a tornar unha potencia militar e até nuclear, polo menos os actuais dirixentes, sao adeptos do rearmamento (como o tempo dos nazis), tendo en seu orzamento militar, xa a maior cantidade de diñeiro, da EU, para este fin bélico, ou sexa 70.000 millóns de euros, e más, abriron os “cordóns as bolsas da súa poboación” creando un fondo extra para rearmamento de máis 400.000 de euros.

Este é un mundo en que se está a tornar imposíbel vivir dunha forma tranquila e en que haxa esperanzas dunha mellor vida para as capas máis mozas. Somos un bando de carneiros irresponsábeis, que seguimos uns machos carneiro loucos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.