Todo parece indicar que o próximo día 10 do corrente mes de marzo, as cousas en Portugal, poidan, por ganas, visíbel do señor Presidente da República, home de formación e práctica de dereita, teña feito todo o que estaba en súas mans para entregar o goberno da Nación, ás súas elites oligárquicas
Por Jose Vieira
As eleccións do pasado día 18 de febreiro pasado, deron a quinta maioría absoluta ao Partido Popular que foi fundado por un dos preponderantes elementos, do réxime ditatorial do xeneral Francisco Franco.
Esta é unha realidade que xamais se pode esquecer sempre que se faga unha análise das súas maiorías, nas sucesivas eleccións levadas a efecto nesta autonomía onde ese señor fundador era un auténtico vice-rei. Falamos de Manuel Fraga.
Temos moi claro, que estas sucesivas maiorías, non son soa por causa da naturalidade do ex-ministro do réxime fascista de Franco, enriba referido.
Cremos sinceramente, que este señor, impuxo no partido que fundou, a constitución dunha organización, do tipo das estruturas fascistas italianas, que o seu tempo foron denominadas de auténtica infantaría de mil influenciadores, que actúan de forma permanente durante 365 días cada ano.
A noso modesto ver, esta é unha das formulas que crearon a chamada maioría natural. Esta infantaría, se perpetuou, de pais para fillos, apoiada no medo e, como non na igrexa católica, pois todo o que non fose votar cos sucesores do antigo réxime, era traizoar a igrexa e abrir a porta aos comunistas, que irían roubar os seus bens.
Este cadro organizativo, falta a todos os opositores, na Galiza, en especial á esquerda, que por definición e práxis é non soa anárquica, como é autodestruitiva, polos ciúmes, de saber quen é quen, as más de esquerda.
Esta infantaría, está estabelecida a todos os niveis da sociedade Galega, apoiada, pola igrexa como xa referimos, polas asociacións de empresas e de veciños, polas comisións de festas tradicionais, que sempre apelan o mantemento dos exemplos franquistas, que son auténticos cazadores das ganas dos veciños, inducíndoos a votar na continuidade do anti-progreso.
Tratase dun auténtico proceso de prácticas endogamicas.
Os empresarios, non ten de modo algún escamoteado os medios financeiros en apoio no mantemento da súa paz oligárquica.
Non podemos escamotear, igualmente unha característica moi particular do pobo galego, que é a súa submisión aos caciques locais, que son seguidos sen calquera xesto de rebeldía.
Este caciquismo, só se modificou lixeiramente, pois, os caciques xa non se mostran tan ás claras, nin cos cacetes na man, a obrigar fisicamente os votantes.
Agora, son os membros da igrexa, curas e freiras, que desempeñan, as máis das veces eses traballos.
Tamén dentro dunhas horas, teremos as eleccións lexislativas anticipadas, no veciño Portugal, como resultado da dimisión do primeiro ministro en exercicio António Costa (que tiña a maioría absoluta e era o Secretario Xeneral do Partido socialista, en siglas PS) e, a imposición de eleccións anticipadas polo Presidente da República, que espera ter a posibilidade de pór no goberno un partido ou coalición da súa proximidade política ou sexa, de dereita Enténdase un goberno que xire a volta do Partido Social Demócrata (en siglas PSD), dirixido por Luís Montenegro.
No veciño nada parece aínda estar decidido, pois, os grandes decisores das eleccións neste país, son sempre os electores que até á última hora se manteñen indecisos e, como non, a abstención.
No entanto, en Portugal existe unha regra inultrapasabel, é que a dereita xamais se abstén de ir votar de forma masiva, pois, as elites direitistas neste país veciño, temen a perda dos seus beneficios perfectamente oligárquicos.
Así, temos a impresión de que non será moi nítida, se é que poida vir a gañar as eleccións o PS, pode que non teña maioría suficiente e teña que se socorrer dunha nova “Geringonça” (conexión dunha coalición de esquerda co Partido Comunista Portugués, que concorre nunha coalición cos Verdes, sobre a designación de CDU e naturalmente co Bloque de Esquerda).
Tamén parece correcto que o Presidente da República Portuguesa Marcelo Rebelo de Sousa, todo fará para que a dereita serre filas para desaloxar a esquerda do poder.
Todo parece indicar que o próximo día 10 do corrente mes de marzo, as cousas en Portugal, poidan, por ganas, visíbel do señor Presidente da República, home de formación e práctica de dereita, teña feito todo o que estaba en súas mans para entregar o goberno da Nación, ás súas elites oligárquicas. Pois, a pesar de dicir que é o Presidente de todos os portugueses, é moito máis o presidente dos ricos e dos empresarios do que do pobo que traballa e moi menos dos que non chegan ao fin do mes.
Polo que se ve, se quedaría satisfeito o profesor Marcelo Rebelo de Sousa, que por coincidencia é homónimo do último ditador portugués, de antes do 25 de abril que este ano se conmemoran os 50 anos en que foi derrubado o tamén profesor de dereito de cuxo nome de “pila” tamén era Marcelo. Que semellanzas!!!
Mas tamén teremos eleccións na Rusia, do señor Vladimir Putin. No entanto pensamos que non haberá unha dificultade tan grande en determinar, salvo algún acontecemento totalmente non esperado, que leve q que o gañador desas eleccións, poidan ter outro vencedor que non sexa, o propio actual presidente da Federación Rusa, o actual señor Putin.
Até porque, o único opositor de monta, que despuntara na paisaxe política do país, acabou por morrer na prisión, se trataba de Alexei Navalny, que se encontraba arrestado, nunha prisión de alta seguridade e, en circunstancias moi difíciles de entender, a non ser, de eliminar, posíbeis concorrentes.
As eleccións rusas serán levadas a efecto igualmente este mes de marzo e, terán lugar entre os días 15 e 17 do corrente.
Serán as oitavas eleccións no país en referencia, despois da desaparición da URSS (Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas). Como característica especial, se ningún demandante consegue máis de metade dos votos, na primeira volta, se celebrará unha segunda volta, exactamente tres semanas despois, o sexa en 7 de abril de 2024.
E o vencedor, finalmente, tomará posesión do cargo o día 7 de maio de 2024.
Falamos de eleccións, mais non podemos esquecer, que Putin concorre en circunstancia complicadas, en que xa parece existir, un forte descontento no país. No entanto, nos parece que non haberá sorpresas e a continuidade de Vladimir Putin, está máis, que asegurada.
Recordemos as ameazas de Macron, Presidente da República Francesa, dicindo que se ten que enviar tropas para derrotar a Rusia e, para iso, axudar a Ucraína. Mais estas declaracións, son un excelente favor a Putin, pois, uniu un pouco máis os rusos e, como tal este, pode ameazar a Unión Europea, de que se iso acontece, non deixaría de contra atacar con armas nucleares.
Esta acción do Occidente, instigada como sempre polos Americanos, que só veñen o negocio de venda de armas, teñen ultimamente impondo a que toda a Europa que pertence a OTAN, se rearme a toda a présa, facendo que as empresas americanas de produción de armas, estean a facer vendas e lucros, como nunca o tiñan feito até agora.
Non podemos esquecer que as compras de armas por parte dos países que pertencen a OTAN, por imposición dos americanos, atinxen valores nunca visados, en tempo de paz, pois, o que se trata é de salvar a economía americana, à custa da industria das armas (chamada industria da morte).
Queremos terminar, dicindo unha vez máis, que as sancións económicas, impostas á Rusia, polos americanos e seguidas, a “rajatabla” polos seus escravos da Unión Europea (EU), como todos sabemos, só nos ten sumido nunha inflación desbocada, en estancamento económico (como revelan os índices económicos – recesións a granel) e, como non, no fortalecemento da economía Rusa.
Máis, agora que todos os europeos, que pertencen á EU, xa non estrañan as dificultades que para favorecer a economía dos seus “protectores” os Estados Unidos da América do Norte (USA), que máis podemos cognominar de “nosos amos e señores absolutos” e, que xa viran que as sancións e restricións económicas, impostas polos USA e seus escravos da EU, a Rusia, tiñan resultado, non en prexuízo da economía rusa, mais si nun seu desenvolvemento e internacionalización, como nunca até aquí.
Mesmo así, vendo estes desastrosos resultados para o occidente (USA+EU+e seus aliados), volven a impor máis outra rolda de penalizacións, o que agoiramos, que se van volver, de novo, contra os sancionadores.
Cabe aquí recordar, que o liderado americano, se estende aos G20 e, estamos a falar de pouco máis de 720 millóns de “almas penadas”, mentres o mundo que teiman os USA considerar, máis ou menos hostil, representan un mercado duns 3,5 mil millóns de suxeitos e, cunhas idades medias máis mozas e, en desenvolvemento (por exemplo os países do BRICS e seus adherentes).
Cremos que os señores políticos e gobernantes, así como, os demais dirixentes europeos, están de tal maneira amarrados e ameazados polo lobo americano, que se rexeitan a seren capaces de raciocinar, por si propios, se deixando explotar pola oligarquía dos USA.
Será o medo que bloquea a intelixencia?
Ou serán os compromisos ocultos concertados?
Brillante incoherencia dos nosos patróns europeos, consigo propios e, cos seus cidadáns representados.
Se el primero en comentar