Efectos dos aranceis sobre a economía

A influencia destes aranceis poden ser moi parecidas ao caso dos produtos acabados, soamente poden diferir, pois, case sempre as empresas transformadoras, acaban por absorber máis eses aranceis, diluíndoos nos seus custos de transformación, moitas veces á custa dos pagamentos aos traballadores.

Por Jose Vieira | 24/11/2025

As tarifas fiscais, os aranceis, non son neutros e, os señores políticos americanos sabían moito ben o que estaban a aconsellar ao seu xefe Donald Trump, en especial o señor Peter Navarro.

Como anécdota, este señor tivo un desencontro de teoría económica con Elon Musk, tendo este ultimo considerada que aquel economista era máis parvo que un bloque de ladrillos.

Posta esta anécdota como para amenizar o texto que segue, pois, entraremos no camiño das observacións económicas, que por certo, non acostuman a ser moi amenas.

Comezaremos este, cunha indicación previa sobre as principais obrigas estatutarias que posúen os Bancos Centrais, dos distinguidos países e, no caso dos Estados Unidos da América do Norte (USA), non se chama o regulador monetario máximo dos USA, como banco central, mais si Reserva Federal, sendo a reserva das distinguidas reservas de cada estado americano.

Estas funcións son esencialmente a preocupación de garantir a estabilidade dos prezos e, a outra é naturalmente a de entre todas as súas atribucións, salta pola súa importancia a de promover o pleno emprego.

Se acostuma dicir que os bancos centrais procuran manter a inflación nos valores necesarios para a expansión e desenvolvemento das economías, quere dicir en valores menores ou iguais a dous por cento  (2%) así como o emprego a igual ou menor que a catro por cento (4%).

Posto este punto introdutorio, avanzaremos coa relación dos aranceis, e a súa influencia, no comportamento temporal dos prezos.

Cando un arancel incide sobre un produto acabado, importado desde o país onde se produce, o que acontece é que se o país que o importa decide impor unha tarifa sobre a entrada dese produto, dúas cousas poden acontecer en termos do prezo final do produto en cuestión:

– o importador, resolve asumir o arancel imposto a súa importación, de forma total e, o respectivo produto manteñen o seu prezo inalterábel no mercado, ou

– o importador resolve repercutir totalmente a respectivo arancel imposto na súa importación e o prezo do mesmo sobe na mesma proporción, como mínimo ou absorbe unha parte da tarifa imposta, se o produto ten competencia no respectivo mercado, non repercutindo a totalidade do imposto no prezo, pero diminuíndo a súa marxe de beneficio.

Vemos así, que a imposición de tarifas aduaneiras non o é neutra ou case sempre o non son.

Falamos de produtos prontos a seren incorporados e, por tanto, sen introdución de posterior intervención no mercado.

Pasemos aos casos en que o que lle importa son materias primas para seren transformadas do país que impón tarifas á entrada desas materias primas.

A influencia destes aranceis poden ser moi parecidas ao caso dos produtos acabados, soamente poden diferir, pois, case sempre as empresas transformadoras, acaban por absorber máis eses aranceis, diluíndoos nos seus custos de transformación, moitas veces á custa dos pagamentos aos traballadores.

Agora falaremos se eses aranceis impost0s, son ou non neutras no desenvolvemento ou aparición dun dos problemas máis espantosos do desenvolvemento das economías dunha forma sustentábel.

Falaremos e definiremos dunha forma accesíbel: INFLACIÓN:

Tratase do aumento xeneralizado e sustentado dos prezos dos bens e servizos, nunha economía durante un período de tempo e, como non podía deixar, carrexa unha perdida de poder adquisitivo do diñeiro existente e, o empobrecimento dos que viven de salarios ou de encaixes fixos.

Como enriba referimos o nivel de influencia directa do aumento dos prezos quere das materias primas quere dos produtos acabados, depende en ultimo caso da actuación , quere dos produtores, que utilizan as materias primas, suxeitas a esas tarifas, así como, da actuación dos importadores, agora deses produtos finais.

Dito dunha forma más económica depende do impacto das tarifas na economía e das capacidades de absorción dese mesmo (Shock) choque.

Imos falar moito sucintamente sobre o seu impacto na concesión de crédito. Pois, os impostos de entrada dos produtos tamén son susceptíbeis de ter repercusión no crédito concedido ou a conceder.

Enriba referimos nas funcións más importantes dos Bancos Centrais e, é por aí que estes son no fondo os reguladores da concesión de créditos e como tal están estes a mercé das políticas que estes mesmos tomen en relación ao crédito e dos instrumentos que resolvan utilizar, para actuaren nun ou noutro sentido.

O que acontece que que os bancos centrais teñen que velar pola sustentación das economías dos seus países e así poderen e deberen atender, a través de dous   dos seus principais instrumentos de intervención dentro dos chamados eixes.

Un será o control da oferta da cantidade de diñeiro no mercado;

O outro instrumento son as taxas de xuro;

No caso do control da oferta de diñeiro no mercado, a principal virtude deste instrumento é na realidade facer arrefecer a actividade, que estaría probabelmente bastante acelerada, pois, os intervenientes na actividade económica, mercé dos prezos e subida, acababan por querer manter súa actividade en crecemento ou até soamente ao mesmo nivel, pretendían recorrer ao crédito, e o banco central restrinxiu o acceso da banca ao refinanciamento, naturalmente a economía arrefece e non entrará tan facilmente en aventuras inflacionistas.

Outro instrumento utilizado polos bancos centrais, é o aumento das taxas de xuros, o que moitas veces o fan en simultáneo coa diminución, da cantidade monetaria disponíbel, tornando así menos accesíbel o crédito ás empresas e como tal ao crédito.

Con estes dous instrumentos conxugados en las cantidades “canto baste”, levan en xeral a que as economías se sosteñan.

No entanto, nos casos dun disparar de medidas que son estimadas para a eliminación de libre concorrencia nos mercados e a eliminación, pura e simple da economía globalizada, os Estados Unidos da América do Norte, están a avanzar, nunha nova colonización do mundo que deles dependen, máis en relación ao seu imperio militar e, como tal ao medo de non seren considerados polo señor Trump como amigos leais e, para os homes da tecnoloxía os patróns do tal Trump, inimigo a “estrangular”.

Este é o mundo, que os homes das tecnoloxías están a impor o resto do mundo do seu patio e en especial a unha Unión Europea de pobos sen dignidade e de dirixentes, covardes e submisos ao astro rei chamado Trump.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.