Aínda non arranca a economía

El presidente de la Reserva Federal (Fed), Jerome Powell, junto a la presidenta del Banco Central Europeo (BCE), Christine Lagarde.

Non queremos dicir que estes sexan incompetentes, todo polo contrario, o que están é a “defender a capa e espada”, intereses duns cantos e non da maioría

Por Jose Vieira

Cremos sinceramente, que os líderes dos grandes bancos centrais continúan a perpetuar un perigoso xogo, que non é da xente común.

É por de máis evidente, que este estado de cousas, non parece estar moi correcto, para non dicir, como cada vez máis persoas iniciadas nas regras da macroeconomia, van discordando do camiño seguido polos señores da Banca.

Non queremos dicir que estes sexan incompetentes, todo polo contrario, o que están é a “defender a capa e espada”, intereses duns cantos e non da maioría.

Máis, o que están é a perpetuar o aumento acelerado do aumento das desigualdades sociais. Esa é que é a realidade núa e crúa, senón vexamos.

Na cesión deste mes de setembro, o Banco Central Europeo, coa súa Presidente a cabeza da reunión, dos respectivos gobernador dos bancos centrais dos países que forman parte do euro e, onde pontifica, o máis que ultra conservador, señor Luis de Guindos, ex-ministro de Rajoy, volvendo a impor un aumento da taxa que é a referencia, para todas as outras taxas de crédito nas finanzas, o que repercute en máis un golpe do garrote, que vai asfixiando quere os particulares quere a industria endebedada.

Reparemos no que pasou na Reserva Federal dos Estados Unidos da América do Norte, con anterioridade, pois, a señora Christine Lagarde, sempre copia o exemplo americano, como ten que ser, pois, non é máis do que unha “dependente” da relixión e mando americano (es unicamente uma sacerdotisa non uma deusa).

Mais ollemos mais para dentro da respectiva reunión da Reserva Federal Americana e, aínda que a economía americana, non estea aínda perfectamente estancada, pois, aínda ten un débil crecemento, nestes dos últimos trimestres.

Non debemos esquecer que este crecemento, se debe maioritariamente, ao reponte das industrias de material de guerra, que están a traballar a todo o vapor (tendo inclusive sido implantada, recentemente, unha nova e enorme fábrica de municións no Texas), para suplir as necesidades da guerra desenvolvida pola OTAN e os señores Americanos (falamos da invasión da Ucraína pola Rusia, razón polo que os americanos se opoñen á realización de un armisticio de paz), pois é máis que obvio, non lles interesa matar a galiña dos ovos de ouro.

Así dentro da reunión da Reserva Federal americana, as voces en contra o aumento das taxas case igualou a de os a favor do aumento.

Tamén debemos referir, que o Banco da Inglaterra, tomou a iniciativa de se quedar parado e, non aumentar as taxas (na Inglaterra venceu os pola paraxe, unicamente por cinco votos a catro).

Chegando a este punto, queremos facer a nosa obxección principal, sobre a análise, dos señores da banca, acerca de como parar ou polo menos diminuír significativamente a inflación.

Estes excelentes economistas e financeiros, ten na súa maioría o dogma de que a inflación é un problema de exceso de gasto dos paisanos.

Sempre lles teñen envexa de que os seus concidadáns, poidan ir comprar aos supermercados e non só, os produtos que necesitan, así como os bens duradeiros que desexan.

Trocados en lenguaxe, mais académica, quere isto dicir, que a inflación, para estes “santos” é unha inflación por vía da demanda.

Ao non sexa tradicional este o comportamento dos señores conservadores, que raciocinan da seguinte maneira: eu teño dereito a ter un gran salario e gastar o que me dá na gana pero, os traballadores e asalariados de pé de rúa, eses xa gañan demais e, é necesario lles cortar os voos, facendo que non cheguen ben ao fin do mes.

Para estes artistas, “o mercado dos traballadores está demasiado forte e, até están os traballadores a gañar de máis.

Non admiten que no momento os beneficios das empresas teñen aumentado de forma escandalosa.!!!

Salvo algunhas reticencias, pode que restásemos curtos na interpretación dos argumentos dos“Amos do Mundo”.

Por estas razoes os Señores de gravata da Banca insisten que o que acontece é que a demanda é excesiva.

Para estes señores, os prezos soben, non por haber problemas de distribución, os chamados “gargalos de botella” e, en particular, no caso de alimentos, de enerxía, de materias primas e compoñentes e, que estes problemas se estenderon pola maioría dos sectores da economía.

Imos transcribir e traducir un texto do insospeitábel Financial Times da Inglaterra, que reza así:

Aqueles que parecían proféticos a predicir como sería de alta a inflación nos pasados anos de 2021 e 22, e que estaban centrados no exceso de demanda, non puideron prever a súa contención, como este último ano… Así os economistas cuxas seus ditames teóricos explicaron que eran os choques nas materias primas e até na pandemia, e que non nos gustaba, agora parecen auténticos sabios.”

Por outro lado, non se pode esconder que por iso a inflación é realmente un problema da oferta!!!

Imos avanzando a par e paso, o abaixamento da inflación conseguido até ao momento, pouco ou nada ten a ver coas políticas monetaristas dos bancos centrais.

A inflación xeral ten caído, máis do que a inflación subjacente (a que se refire aos alimentos), por razóns tan importantes como o comportamento altamente significativo da enerxía (atención a actual especulación dos carburantes, que pretende aproveitar a falta de controlo de los gobernos).

Non hai sido porque as políticas monetaristas que funcionaron máis rápido, o que aconteceu é que determinados gargalos das botellas se regularizaron.

Recordemos que os prezos se estabilizan, en teoría, cando nas circunstancias de mercado, as cantidades de demanda e da oferta se equivalen.

É un postulado da teoría económica neoclássica, polo menos a nivel de fenómeno.

No entanto, como sabemos os factores non son estáticos, se moven continuamente. E os prezos terán a tendencia de subiren tamén en función do aumento de valor da produción, do tempo que este leva a se efectuar, para ser lanzado no mercado e coa oferta monetaria en curso.

Así despois de se ter posta a orixe da inflación donde debe estar, na oferta insuficiente, imos soamente engadir, que a economía, por exemplo a americana, crece, mais tan lentamente que segundo algúns analistas din que a economía americana, se encontra a facer unha autentica “aterraxe en pantuflas” (mais parece, que o consegue, grazas as industrias de guerra e asi, contornará a recesión).

Este tamén, é a pesar de ser a “arrepaña dentes” a confesión de Powell (o gobernador da Reserva Federal Americana), que até admite unha paraxe técnica da economía en este final de ano próximo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.