Xubiladas galegas urxen a apertura de negociacións para pór fin á guerra na Ucraína

Xubiladas e xubiladas esta segunda feira, 12 de xuño, diante da Delegación do Goberno español na Galiza. (Foto: Nós Diario)

O conflito ucraíno non pode ser desligado da continua expansión da OTAN cara as fronteiras rusas dende 1999. A propaganda desta organización militar afirmaba que fora creada para defenderse da ameaza soviética. Porén, ao pouco de desaparecer a URSS foi cando a OTAN iniciou o ciclo de intervencións militares en Iraq, Iugoslavia, Libia, Siria ou a Ucraína

Por Xubiladas de Galiza pola Paz

A  guerra e a intervención política externa na Ucraína non comezaron en febreiro de 2022. A maioría dos ucraínos sempre mantiveron con Rusia unhas relacións de estreita colaboración política, económica, cultural e mesmo familiar. Porén, en 2004, seguindo a doutrina do antigo Conselleiro de Seguridade Nacional de EUA Brzezinski, que designaba a Ucraína como baluarte estratéxico contra Rusia, a OTAN tentou tomar o poder en Kíiv mediante a chamada “revolución laranxa”.

En 2006 os electores rexeitaron o golpe, mais a intervención occidental continuou por outros medios. Aínda que o presidente electo Yanukovich tentou manter un equilibrio entre Occidente e Rusia, esa política tampouco foi do agrado dos EUA nin da UE. Así foi como a OTAN decidiu un novo golpe de estado en 2013-2014 (o Euromaidán) derrocando o goberno constitucional, facéndose co control total do estado ucraíno e promocionando os grandes oligarcas ligados a Occidente. Deseguido, rearmou o exército golpista e introduciu nos aparellos de seguridade diversos grupos fascistas e anti-rusos, como Azov ou Pravy Sektor, seguidores do nazi e criminal de guerra Stepan Bandera, colaborador das SS durante a Segunda Guerra Mundial.

Os sucesivos gobernos golpistas dedicáronse a perseguir a cultura e o idioma rusos, maioritarios no leste do país, de Kharkov e o Donbass a Odesa, prohibindo os partidos políticos da oposición, ademais de incautaren os seus bens, pechando os seus xornais e masacrando cidadáns disidentes. O terror fascista foi a causa da rebelión armada do Donbass, que obrigou Kíiv a asinar en 2015 o Acordo de Minsk II, apoiado pola ONU.

Ese acordo (principalmente, retirada de armamento pesado e recoñecemento de autonomía política para o Donbass) nunca chegou a materializarse por parte ucraína. Ao contrario, durante o mandato do presidente Zelenski recruou a guerra no leste durante 2021-2022, con máis de dez mil mortos civís. Esta grave situación humanitaria foi a causa última da invasión rusa que non se pode condenar sen recoñecer simultaneamente as graves responsabilidades do goberno ucraíno e da OTAN no inicio das hostilidades. Signatarios do Acordo Minsk, como Hollande, Merkel e Poroshenko, recoñeceron en 2022
que asinaran para “gañar tempo” e poderen armar Ucraína contra Rusia.

Alén de cínicas, esas declaracións teñen a virtualidade de desmontar a cantilena da “agresión rusa non provocada”. As consecuencias deste conflito están afectando gravemente o resto dos pobos de Europa e do mundo. A consideración desta guerra como unha cruzada contra Rusia está minando as liberdades públicas, penando a disidencia política e impondo o pensamento único. As sancións indiscriminadas e masivas a Rusia, lonxe de arruinaren Moscova e de acabaren coa guerra, conseguiron disparar na UE o custo dos servizos públicos, a factura enerxética e dos alimentos, favorecendo os grandes
consorcios económicos e empobrecendo as familias. As subvencións comunitarias non poderán manterse durante moito tempo e a implicación económico-militar da UE-OTAN na guerra xa está afectando gravemente o tecido empresarial galego e o comercio mundial, ameazando con levar moitas pequenas e medianas empresas á quebra, ademais de aumentar o perigo de confrontación directa cunha potencia nuclear como Rusia.

O conflito ucraíno non pode ser desligado da continua expansión da OTAN cara as fronteiras rusas dende 1999. A propaganda desta organización militar afirmaba que fora creada para defenderse da ameaza soviética. Porén, ao pouco de desaparecer a URSS foi cando a OTAN iniciou o ciclo de intervencións militares en Iraq, Iugoslavia, Libia, Siria ou a Ucraína (todos aliados rusos), demostrando que o seu obxectivo real é outro moi diferente. A intención de ampliación ao Pacífico coa intención de conter a China debuxa a OTAN como o brazo armado do imperialismo anglo-norteamericano, inimigo da paz e da
cooperación internacional que é o que demandan a inmensa maioría dos países do planeta, a Acta Final de Helsinki e a Carta da ONU. As relacións internacionais non poden basearse no unilateralismo nin na imposición política, económica ou militar duns estados sobre outros. Esa política, como vemos, leva á guerra.

Apelamos ás autoridades galegas, estatais e europeas a non contribuíren a prolongar máis esta guerra na Ucraína. Chamamos ao inicio de xestións diplomáticas no senso que reclaman dirixentes tan diferentes como a Unión Africana, Lula da Silva, Xi Jinping ou o Papa Francisco co obxecto de conseguir canto antes un cese ao fogo que leve a un acordo de paz definitivo.

POR UNHA PAZ XUSTA NA UCRAÍNA, POLA PAZ MUNDIAL, POR UNHAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS MULTILATERAIS E COOPERATIVAS, NON AO HEXEMONISMO, NON Á OTAN

ASINANTES

1. Suso Seixo Fernández – Ex secretario Xeral da CIG – 70 anos
2. Elvira Souto Presedo – Ensino – 75 anos
3. Alberte Blanco Casal – Ensaísta. Ensino – 66 anos
4.  Margarita Ledo Andión – Directora de cinema . Ensino universitario – 72 anos
5.  Xosé Luís Méndez Ferrín – Escritor.  Ensino – 84 anos
6. Pilar García Negro – Ensaísta. Ex deputada BNG. Ensino – 69 anos
7. Alonso Montero, Xesús – Ensaísta . Catedrático Emérito da USC – 94 anos
8. Xosé Luís Armesto Barbeito – Ex Reitor da UDC – 75 anos
9. Francisco Rodríguez Sánchez – Ensaísta. Ex deputado  BNG. Ensino – 78 anos
10. Suso de Toro – Escritor – 66 anos
11. Tareixa Navaza – Xornalista (TVE Galicia) – 76 anos
12. Alfredo Suárez Canal – Ensino. Ex conselleiro agricultura da Xunta – 71 anos
13. Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo) – Humorista gráfico – 74 anos
14. Celso López Pazos – Ensino  – 68 anos
15.  Pilar Allegue Aguete – Ensino  – 77 anos
16. Cláudio López Garrido – Ex deputado Autonómico . Economista – 75 anos
17. Manuel Mera Sánchez – Ex presidente da CIG -77 anos
18. Xosé María Álvarez Cáccamo – Escritor – 72 anos
19.  Guillerme Vázquez Vázquez – Ex portavoz Nacional do BNG – 71 anos
20. Cesáreo Sánchez Iglesias – Escritor . Presidente de AELG – 72 anos
21. Fernando Acuña Rúa – Ex secretario xeral da CIG – 69 anos
22. Vítor Vaqueiro Foxo – Escritor – 74 anos
23.  Fernando Blanco Parga – Ex deputado BNG. Sector Enerxético – 65 anos
24. Vitorino Pérez Prieto – Teólogo – Ensino – 72 anos
25. Lois Diéguez Vázquez – Escritor –  Ex deputado BNG – 79 anos
26. Mariano Abalo Costa – Ex tenente alcalde de Cangas do Morrazo – 72 anos
27. Anselmo López Carreira – Historiador – Ensino –  71 anos
28. Francisco Sampedro Ojeda – Ensaísta – 67 anos
29. Manuel Monge González – Sociólogo – 76 anos
30. Ramón López  Suevos – Economista – Ensino – 80 anos
31. Anxo Louzao Rodriguez – Ensino. Portavoz Vía Galega  – 66 anos
32. Marcial Gondar Portosany – Ensino – 74 anos
33. Pepa Baamonde García – Ensino – 76 anos
34. Fermín Paz Lamigueiro – Sector Enerxético – 72 anos.
35. Carme Pérez Carballo – Xornalista, Guionista – 64 anos
36. Anuncio Moroño Noia – Emigrante retornado – 82 anos .
37. Celsa Arenas Montes – Labores domésticas – 89 anos .
38. Pirula Expósito – Actriz – 70 anos
39. Antonio Souto Presedo – Sector da Banca – 71 anos
40. José Alberto Garcia Suárez – Matemático – 77 anos
41. Maria Antonia Pérez Rodríguez – Ensino  – 70 anos
42. Nanina Santos Castroviejo – Ensino  – 72 anos
43. Teresa Culebras Pérez – Médica –  69 anos
44. Amalia Villar Calvo – Ensino  – 68 anos
45. Concepción Pintos Barreiro – Administración Pública – 68 anos
46. Soedade Amieiro Rodríguez – Administració Pública – 69 anos
47. Vicente Vázquez Diéguez – Pintor. Escritor. Ex membro Tribunal Russell – 80 anos
48.  Jesús Chaves Fandiño – Sector naval – 78 anos
49. Carmen Fernández Escuredo – Ensino  – 65 anos
50. Manuel  Forcadela –  Escritor. Ensino – 65 anos
51. José María González Salgado – Sector da banca –  75 anos
52. Elvira Cienfuegos López – Ensino – 68 anos
53. Primitivo Carbajo Centeno – Xornalista – 69 anos
54. Xenaro García Suárez – Ensino – 73 anos
55. Gustavo Luca de Tena – Xornalista – 81 anos
56. Miguel Anxo Murado García – Investigación do CSIC – 78 anos
57. Antonio Ojea  Pérez – Xornalista – 78 anos
58. Xabier Paz Canalejo –  Biólogo mariño. Escritor – 74 anos
59. Maria do Carmo García Negro – Economista. Ensino – 73 anos
60. Eduardo Rodrígez Cunha (“Tatán”) – Actor – 69 anos
61. Manuel Reboiras Noia – Ensino – 72 anos
62. Carlos Cebey – Delineante industrial – 67 anos
63. José Ruibal Vázquez – Correos – 70 anos
64. Manuela Pérez González – Labores domésticos – 78 anos
65. Antonio Pinto Carballal – Sector da Construción – 82 anos
66. Santiago Ramos Romaris – Visitador Médico – 67 anos
67. Lois Ríos Paredes – Avogado. Ensino  – 70 anos
68. Xosé Luis Outes Ruso – Economista – 80 anos
69. Francisco Niño Ricoy – Ensino – 68 anos
70. Gino Martínez Beiro – Ensinante auto-escola – 82 anos
71. Serafín Otero Fernández – Sector bancario – 66 anos.
72. Xosé Carlos Crespo Santiago – Administración Pública – 70 anos
73. Salustiano Guerra García- Ex-traballador da CIG – 67 anos
74. Manuel Díaz Vázquez – Ex-traballador da CIG – 67 anos.
75. Henrique Pérez González – Sector da automoción – 68 anos
76. Xosé Francisco Miranda Vigo – Sector químico – 66 anos
77. Concepción Alvarez Martínez – Ensino – 69 anos
78. Ramón González Boan – Ensino – 71 anos
79. Antolín Alcántara Alvarez – Sector Automoción – 68 anos
80. Xosé Ramón González Losada – Sector Bancario – 70 anos
81. Xosé Fernández Piñeiro – Sector Naval – 71 anos
82. Vitorino Ares Prado – Sector da Construción – 66 anos
83. Xela Fernández Veloso – Sanidade – 68 anos
84. Xosé Lois Freire Domínguez – Sector do Metal – 72 anos
85. Manuel Domínguez Pereira – Sector Naval – 71 anos
86. Xosé M. González Alonso – Sanidade – 74 anos
87. Xosé Sánchez Blázquez – Administración local – 72 anos
88. Rosa Xestoso Iglesias – Sector téxtil – 67 anos
89. Segundo González González – Sector do metal – 72 anos
90. Xesús Fernández Iglesias – Ensino  – 68 anos
91. Xosé Bieito Álvarez Lobariña – Ensino – 65 anos
92. Xosé Carlos Solla Lago – Administración – 69 anos
93. Xoán Cancelas Conde – Sector bancario – 65 anos
94. Lidia Fariña Piñeiro – Correos – 70 anos
95. Adolfo Álvarez Vila – Sector do metal – 72 anos
96. Elvira Iglesias Fernández – Sanidade – 74 anos
97. Xoán Bargiela Domínguez – Sector bancario – 72 anos
98. Luciano Villar González – Sector conserveiro – 67 anos
99. Alberto Villarroel Vila – Sector da automoción – 72 anos
100. Vicenzo Alberte Iglesias – Ensino  – 69 anos
101. Xosé Carlos de la Fuente Estévez – Sector do metal – 68 anos
102. Xabier Martínez Rodríguez – Sanidade – 69 anos
103. Antón González Delgado – Sector do transporte – 66 anos
104. María Esther Cabanelas Ferrín – Sanidade – 70 anos
105. Eva Marcos Sánchez – Sanidade – 67 anos
106. Ramón Cabanas Gómez – Sector naval – 72 anos
107. María Laura Rodríguez Abreu – Sector téxtil – 66 anos
108. Cristina Hermida Moinelo – Administración Pública- 69 anos
109. Francisco M. Quintas Fortes – Economista – 69 anos
110. Jorge C. Porrit Loureiro – Sanidade – 67 anos
111. Socorro Dacosta Fernández – Sanidade -72 anos
112. Mª Carme Santiso Blanco – Ensino – 78 anos
113. Baldomero Guedes Domínguez – Sector transporte – 65 anos
114. Xerardo Pérez Comesaña – Sector servizos – 60 anos
115. Teresa Fernández Flores – Administración – 68 anos
116. Josefa Ferreira González –  Labores domésticas – 73 anos
117. Valente Campos González – Administración local – 67 anos
118. Mª Angeles Iglesias Blanco – Sector oficinas e despachos – 61 anos
119. Saladina Rodríguez Rotea –  Sector servizos – 70 anos
120. Manuel Caamaño Añón – Oleiro – 74 anos
121. Rafael André Fernández –  Ensino – 70 anos
122. Dolores Rodríguez Martínez – Sanidade – 70 anos
123. Martín García Cordeiro – Sector conserveiro – 73 anos
124. Aurora Lorenzo Barciela – Ex traballadora da CIG – 66 anos
125. Andrés Fernández Martínez – Ensino – 78 anos
126. Manuela Castro Piñeiro – Ensino – 67 anos
127. Gonzalo González González –  Sector Automoción – 67 anos
128. Ricardo Seixo Fernández – Poeta. Ensino – 73 anos
129. Xosé Mª Torné Saa – Sector comunicación – 66 anos
130. Alfonso Tellado Sande – Sector naval – 74 anos
131. Xosé M. Fernández López – Ensino – 65 anos
132. Bernardino Míguez Amoedo – Sector  Químico – 64 anos
133. Pedro Luís González Vázquez – Sector da construción – 73 anos
134. Carlos Varela Souto – Hostalaría
135. Maria del Pilar de Nicolás Iglesias – Sector da alimentación – 65 anos
136. Anxel  Fernández Rodríguez – Sector bancario – 66 anos
137. Jose Manuel Souto Lamas  – Ensino – 66
138. Africa Veloso Peaguda – Sanidade – 65 anos
139. Xosé Barxa Blanco – Bombeiro – 67 anos
140. Xavier Saco Gómez – Ensino – 73 anos
141. Eduardo Míllara Docampo – Administración Pública – 70 anos
142. Xan Losada González – Sector da construción – 70 anos
143. José María Cid Maside – Urxencias Sanitarias – 77 anos
144. Ramón Cid Feijóo – Administración local – 68 anos
145. Carlos Vázquez Castro – Ex traballador da CIG – 69 anos
146. Antón Seoane Puga – Sector da construción – 70 anos
147. Asunción Veloso Peaguda – Ensino – 66 anos
148. Xosé  López Somoza – Ensino – 67 anos
149. Miguel Ángel Revaldería Becerra – Distribución farmaceútica – 70 anos
150. Julia  Mallo Vieiro – Sanidade – 70 anos
151. María Luísa Fernández de Arriba – Sanidade – 65 anos
152. Jesús Sánchez Costa – Administración de Xustiza – 65 anos
153. José Luís Losada Ruiz – Ensino – 71 anos
154. Dolores Torrealba Beltrán  – Sector hostalaría – 68 anos
155. Daniel Cabana Yáñez – Administración Pública – 68 anos
156. Raguida Carcur Estefan – Sanidade – 70 anos
157. Xesús Méndez Rodríguez – Administración Pública – 69 anos
158. Emilio Sánchez Gómez – Ensino – 68 anos
159. María Pilar Prieto Pita – Ensino – 65 anos
160. Carme Vázquez Vázquez – Ensino – 73 anos
161. Daniel López Bispo – Ensino – 70 anos
162. Anxo Ansede Estraviz – Administración local – 68 anos
163. Miguel Ríos Torre – Ensino – 69 anos
164. Xerardo Rodríguez Roca – Ensino – 66 anos
165. Xosé Lois Salvadores Cobas – Ensino – 70 anos
166. Xosé Lois Calvelo Rozas – Asesor fiscal – 70 anos
167. Carlos Campoy Vázquez – Ensino – 73 anos
168. Carme García Paz – Ensino – 71 anos
169. Xosé Ramón Fernández Vázquez – Ensino – 66 anos
170. Julio Velasco Benayon – Sector químico  – 83 anos
171. Xosé Lois Portabales Magariños –  Sector metal – 68 anos
172. Xermán Rouco Llamderrozas – Sanidade – 65 anos
173. Xosé Lois Leirós Gude – Hostalaría – 74 anos
174. África Leira Sanmartín – Administración autonómica – 75 anos
175. Luís Gonçales Blasco – Ensaísta – Ensino – 81 anos
176. Modesto Pazos Quintillán – Sector bancario – 71 anos
177. Rafael Iglesias García – Ex-traballador da CIG – 69 anos
178. Isabel Barreiro Paz – Sanidade – 64 anos
179. Xosé Manuel Rodríguez Martínez – Sector comercio – 82 anos
180. Dolores Nieves García – Ensino – 71 anos
181. Emilio Oliveira Alfarez – Sector da construción – 66 anos
182. Xosé Manuel Pavón González – Administración pública – 73 anos
183. Ramiro Oubiña – Ex traballador da CIG – 66 anos
184. Rosa Vila Amarelle – Avogada – 68 anos
185. Xosé Lois Seixo Fernández – Ensino – 75 anos
186. Enrique Marti Vázquez – Sector construción – 68 anos
187. Faustino Barcia Santos – Sector construción – 87 anos
188. José Mª Torres Reino – Ensino – 65 anos
189. Modesto Pazos Quintillán – Sector da banca – 71 anos
190. Manuel Sánchez García – Sector metal – 69 anos
191. Xulia Canoura Día – Ensino – 67 anos
192. Francisco Luís Rodríguez Guerreiro – Ensino – 69 anos
193. Silvio Pascual – Artes gráficas – 80 anos

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.