A guerra na Ucraína

E non nos debemos esquecer, que dunha forma directa ou indireta, os servizos secretos americanos, nos 77/78 últimos anos, provocaron xenocidios por todo o planeta que nunha mera suma de números, superan xa, máis dunha larga decena de millóns de vítimas

Por Jose Vieira

Como a gran maioría das persoas, con bo senso e, cremos sinceramente que a maioría dos cidadáns o teñen, estamos en contra as guerras, sexan sobre que agravio sexan, pois, sempre existe a posibilidade de diálogo, como alternativa, en oposición ás perdas humanas e materiais.

Máis, pensamos que nada xustifica que se sacrifiquen vidas de seres inocentes, para que só uns cantos, poidan retirar deses conflitos, lucros económicos/financeiros, absolutamente imorais e, que son efectuados á custa do derramamento de sangue, de poboacións inocentes, escandalosamente postos ao servizo, como carne de canón, dunha minoría ética e moralmente incualificábeis. Lucros manchados de sangue.

Mais o máis grave de situacións como esta, referímonos á guerra de invasión da Ucraína, pola Rusia, é que dada a propaganda manipulada polos Estados Unidos da América do Norte, por todo o Mundo, conseguiu alterar o sentido común da maioría das poboacións, facendo un chamamento a sentimentos, perfectamente ás emocións, máis profundas e sentimentais de cada cidadán, por forma a que vexan soamente a dualidade interesada criminalmente, entre viláns e os santos.

Así como tal, aquelas están dirixidas a que vexan o invasor como o vilán, o criminal, o explorador e, o “pobre invadido”, como o desgraciado, honesto, pacífico e acredor de toda a compaixón da humanidade.

Para alén do máis, estendese por esa mesma propaganda dos Estados Unidos da América do Norte, a idea peregrina de apoiar o bando que lles interesa, é como se tratase dunha campaña contra os infieis da idade media (unha certa cruzada e como non, apoiada pola relixión cristiá).

Este conflito, desencadeado polos Estados Unidos da América do Norte, ten como primeiro interese, enfraquecer a Rusia e como non, continuar a enfraquecer a xa dominada e, totalmente colonizada Unión Europea.

Así as vidas humanas que se perden neste conflito, non representan absolutamente nada para eses imperialistas, que nin se deteñen unha fracción de segundo, nun recuncho de humanidade.

Para ese estado imperialista denominado Estados Unidos da América do Norte, o que existe, é a loita xeoestratéxica, entre a súa illa de poder (o seu territorio de orixe), e a posibilidade de conservar e, ou aumentar o seu poder unipolar, sobre o mundo actual (actualmente ameazado, segundo os imperialistas dos Estados Unidos da América polos países emerxentes dos BRIC – Brasil, Rusia, India e china).

Queremos desde xa facer unha reflexión, a que convidamos a todos os que pasaron xa do medio século de existencia terreal, a recordar, que desde que terminou a Segunda Guerra Mundial, até ao día de hoxe, xamais paramos de escoitar, que nalgún local deste planeta, non exista, un conflito armado, en que estea implicado, directa ou indirectamente, as empresas de armamento militar, dos Estados Unidos da América do Norte.

E non nos debemos esquecer, que dunha forma directa ou indireta, os servizos secretos americanos, nos 77/78 últimos anos, provocaron xenocidios por todo o planeta que nunha mera suma de números, superan xa, máis dunha larga decena de millóns de vítimas (especial preponderancia a CIA e a filial militar de agresións multinacionais, OTAN, en España OTAN).

E que continúan, dunha forma impune, cos aplausos daqueles que veñen como os únicos viláns do mundo os que se opoñen a eses gobernos asasinos que ten sido os que gobernan os Estados Unidos da América do Norte (operación de intoxicación apoiada pola igrexa cristiá).

Por outro lado, cumpre preguntar, porque os militares do chamado “bloque occidental”, non reaccionan encontra esta e outras guerras? E porque teñen apoiado todos os atropelos e xenocidios practicados polos Estados Unidos da América do Norte?

A resposta é o máis sensíbel posíbel, dado que a súa profesión é facer a guerra. Toda a súa formación, está dirixida, a seren as máquinas racionais máis ben preparadas para producir e traballar en e para a guerra. Como tal, a súa excelsa profesionalidade, non lles permite, ter outros comportamentos que non sexan orientados en apoiar sen fisuras a guerra.

No entanto, temos a perfecta certeza de que de entre os profesionais da GUERRA, existen moitos e bos seres humanos, que non estarán de acordo coas guerras e máis, coa destrución, co empobrecemento das poboacións devastadas, cos nenos eliminados, con creación de poboacións que a posterior, non terán de máis mínima esperanza de sobrevivir ás súas destrucións, mais, o regulamento disciplinar, das súas corporacións, é perfectamente implacábel, non permitindo calquera saída de ton, como reacción, fóra do seu contexto belicista.

Como a nos dar a garantía de que estamos no correcto, en relación aos militares, polo menos españois, lemos con moitísimo agrado, unha nota de prensa, publicada polo periódico “O Público”, en que un grupo de militares, con toda a coraxe que os caracteriza como seres ben formados, pide que se estabeleza a paz e, se pare de lanzar pensas para alimentar a fogueira da guerra na Ucraína, ou sexa o envío de armas para continuar a alimentar esa guerra que só interesa ao imperialismo dos Estados Unidos da América do Norte (atención están fóra do servizo activo).

Desde este noso posto, síntome moitísimo honrado, coa honestidade e a oportunidade deses valentes militares, que van polo camiño correcto e, contra as indicacións e imposicións dos “Señores da Guerra e destrución do Mundo en que Vivimos”, que son os Estados Unidos da América do Norte e, seguidos covardemente, pola Unión Europea, ao seu servizo, comprometida nunha organización criminal, designada Organización do Tratado Atlántico Norte (tamén coñecida por Nato, polas súas siglas en inglés).

Ben haxan a eses valentes militares.

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.