Unha galega que foi coroada Rainha de Portugal despois de morta

Imaxe da obra «Nise, la tragedia de Inés de Castro» de Ana Zamora

Por Jose Vieira

Se fala, moitas veces, que en Portugal, seus antigos monarcas, foron dados a grandes paixóns ou amores. No entanto, sempre pensamos que o primeiro en intensidade e sentido dramático, foi sen dúbida o protagonizado polo fillo de Afonso IV de Portugal e de Beatriz de Castela, o Infante Pedro, coa fermosa galega Inés de Castro.

É unha novela real, cuxos protagonistas, foron un futuro rei portugués e unha nobre galega. Unha vez máis, se mostra a conexión entre as dúas marxes do río Miño, até patente no amor.

O referido infante Pedro, que a morte de seu pai, herdou o reino de Portugal, co título de D. Pedro I, naceu na cidade de Coímbra a 8 de abril de 1320, tendo aínda nacido no reinado do seu avó o rei Dinis I, pois seu pai, Afonso IV, só foi coroado en 1325.

Este Infante Pedro, casara, inicialmente con Branca de Castela en 1325, filla de Pedro de Castela, casamento que nunca de consumou.

Posteriormente, se casou en 1340 con Constança Manuel de Vilhena (nacida en 1316 e falecida tras o segundo parto, do Infante Fernando, futuro rei de Portugal e sucesor de Pedro I), que era filla de Juan Manuel, príncipe de Vilhena e de Constança de Aragón, sendo neta, do lado materno, do rei de Aragón Jaime II e Branca de Anjou.

En 1354, se casou coa nobre galega, de forma secreta, Inés de Castro, que era prima da súa anterior muller, Constança, pois, esta unión non era do agrado da nobreza de entón e sobre todo de seu pai, Afonso IV.

Quen era Inés de Castro?

Era filla de Pedro Fernandes de Castro, que era cognominado “o da guerra”, e que foi o primeiro señor xurisdicional de Monforte de Lemos. A súa nai, foi Aldonza Lorenzo de Valladares. Era media irmá do III conde de Lemos, de Juana de Castro “a desamada” e de Alvar Perez de Castro “o vello”. Estes constituían a poderosa familia da Casa de Castro, de Monforte de Lemos.

O Infante Pedro, desde a morte de súa muller Constança, pasara a vivir coa linda Inés de Castro, no palacio de Albuquerque.

Era un amor apaixonado, que foi cantado por poetas e polos cronistas, como por exemplo, respectivamente por Luís de Camões e Fernán Lopes.

Este palacio, máis tarde, debido aos éxitos posteriores, pasou a ser coñecido como “O Palacio das Bágoas, como aínda hoxe é coñecido. Esta edificación se encontra nas marxes do río Mondego, que atravesa a cidade de Coímbra e moi cerca desta.

Desta apaixonada conexión “lusogalaica” (pase o neoloxismo), naceron catro fillos, Beatriz (1347/1381), Juan (1349/1396), Dinis (1354/1403) e Afonso, que morreu de neno. Se tratou, dun certo amor e, dunha paixón, que inspirou, escritores e poetas, á praza dos séculos, conforme enriba referimos.

A nobreza portuguesa, de entón, reaccionaria e tradicional, que apoiaba o rei Afonso IV, non quería consentir nin perdoar o amor apaixonado, do entón Infante coa linda Inés (como máis tarde escribiría no poema épico, “Os Lusíadas” o poeta Luís de Camões) e, os seus máis próximos validos, aconsellaron o rei, a que mandase asasinar a linda Inés. Como argumento, se serviron de que ao ser parente Inés de Castro cos reis de Castela, corrían o perigo de Castela, vir a anexar Portugal.

Afonso IV, entón aconsellado, trasladou a corte a Montemor-o-Vello, localidade cerca da cidade de Coímbra (onde aínda se poden ver o respectivo Castelo que albergou a corte do referido rei), cuxa razón era de estar máis cerca de seu fillo e, como tal, poder vixiar as actitudes.

Así, tres dos homes de confianza (conselleiros), do referido rei, de seus nomes, Pedro Coello, Diogo Lopes Pacheco e Álvaro Gonçalves, planearon e executaron a orde real, asasinando a Inés de Castro, en xaneiro de 1355, no que desde entón, pasou a ser coñecido polo Palacio das Bágoas. Unha construción bucólica e romántica, no “choupal”, ou sexa, na marxe do río Mondego que atravesa a cidade de Coímbra.

Este acto enfureceu o Infante, que se levantou en armas contra o poder de seu pai e, de tal maneira, que estalou unha guerra civil, no reino de Portugal, entre ambos.

Esta guerra, teñen como epicentro ou causa próxima, o grande e profundo amor entre os dous protagonistas, xerando dous bandos ou partidos, o do Infante Pedro e súa “linda Inés” e o do rei Afonso IV, seu pai. O Infante Pedro, xamais perdoaría a seu pai o asasinato de súa muller Inés de Castro.

A guerra civil se estendeu sobre todo no territorio de entre os ríos Douro e Miño. Entre as moitas batallas, non podemos deixar de referir, o cerco á cidade do Porto, que durou dúas semanas, imposto polo partido do Infante, con grandes razias na poboación limítrofe.

As súas accións militares contra o rei, seu pai, foron sempre apoiadas, pola familia de Inés de Castro, da “Casa de Castro de Monforte de Lemos”, na Galiza e, polas capas, máis burguesas, do reino de Portugal.

Debemos referir que despois de ser rei, tivo unha relación cunha filla dun abastado burgués de Lisboa, Lourenço Martins da Praza e, con esta súa filla, que se chamaba Teresa Gille Lourenço, tivo un fillo ilexítimo, de seu nome João, que viría a ser o rei portugués despois do chamado interregno de 1383/1385.

Este bastardo real, João, naceu o ano de 1357, o mesmo en que o Infante se tornou Pedro I de Portugal. Sete anos máis tarde, este fillo ilexítimo, por mercê de seu pai o rei, se tornou Mestre da Orde de Avis (esta orde recolleu un inmenso patrimonio que antes formaba parte das riquezas da Orde dos Templarios, eliminada por orde papal), tendo igualmente sido o fundador da segunda dinastía de Portugal, co nome de João I.

Este rei João I, foi quen consolidou a alianza de Portugal co Reino Unido, a través do seu casamento con Filipa de Lancaster, filla do duque de Lancaster.

Volvendo ao rei Pedro I e á guerra civil, esta non terminou até que o Infante Pedro subiu ao poder, por morte de seu pai Afonso IV, o que ocorreu en 1357.

Só entón, se revelou que houbera un casamento secreto, efectuado entre Pedro e Inés, celebrado o ano de 1354, conforme xa referimos.

Isto significa que mesmo despois de Inés ser asasinada, a guerra continuou, até á morte de Afonso IV.

No entanto, a sede de vinganza do xa rei Pedro I, no quedou esquecida, tendo axustizado, por súas propias mans, os asasinos de seu gran amor, Pedro Coello e Álvaro Gonçalves.

Ao Diego Lopes Pacheco, non conseguín axustizar, dado que este se refuxiou no Castelo da Feira e desde aí, se refuxiou en Castela, e finalmente en Avinhão. No entanto, en 1361, Pedro I, perdoa a vida a Lopes Pacheco.

Para Pedro I, a certa raíña, fora e continuaría a ser, a súa grande amada Inés de Castro. No entanto, para o ser tiña que ser realmente coroada como tal.

Así, para que tal ficase como debía de ser, Pedro I, rei de Portugal, mandou construír, un monumental túmulo no panteón dos reis da primeira dinastía, o Mosteiro de Alcobaça.

Axiña, resolveu coroar Inés de Castro, como raíña de Portugal e, para iso, mandou desenterrar o corpo de súa amada. Organizou a coroación, mandando que a vestisen cos traxes reais e, a fixo coroar como raíña, sentándoa no trono ao seu lado.

Providenciou a que todos os nobres importantes do país, seus opositores ou non, prestasen vasalaxe a raíña morta, bicando a súa man e xurando a súa lealdade.

 Terminada a coroación, mandou que todos os nobres formasen un cortexo fúnebre desde Coímbra até ao Mosteiro de Alcobaça, onde foi depositado o seu corpo como raíña de Portugal.

Para se facer unha idea dos medios utilizados para a homenaxe a Inés de Castro, a raíña Galega de Portugal, basta dicir que a distancia de Coímbra a Alcobaça é de cerca de 110 km.

Pois, o rei portugués, esixiu que todo o camiño estivese iluminado, desde Coímbra até Alcobaça.

Esta é unha bela historia dun amor real entre as dúas nacións irmás: a Galiza e Portugal, desde esta noción, para nos utilizamos a expresión, “ Lusogalaica”, como  cognome desta unión.

Terminamos cuns versos do poema épico de “Os Lusiadas”, de Luís Vaz de Camões, que se refiren á coroación de D.  Inés de Castro que transcribimos:

“Que do sepulcro os homens desenterra,

Aconteceu da mísera e mesquinha

Que despois de morta foi rainha”

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.