Xulio Fernández: “Está todo o país movilizado contra a Celulosa de Altri”

Xulio Fernández, membro de Ulloa Viva do SLG. (Foto: Nós Diario)

Daniel Seixo entrevista Xulio Fernández, da Plataforma Ulloa Viva, sobre a loita contra os plans da multinacional Altri para instalar unha megaindustria contaminante no centro da Galiza.

Por Redacción NR | 27/08/2024

Xulio Fernández é o responsábel do Sindicato Labrego Galego (SLG) en Arzúa, unha das comarcas, xunto con A Ulloa, Deza e Melide, afectada polo proxecto da empresa multinacional Altri, que ten a intención de construír unha enorme factoría en Palas de Rei, para producir 400.000 toneladas de celulosa e 200.000 de lyocell, ademais de outros subprodutos, un proxecto que supón unha grave ameaza para o entorno e para os seus habitantes, xa que se precisa millóns de litros de auga ó día, que verterá ó río Ulla, contaminada, ademais de emitir gases tóxicos que supoñen tamén un risco para a saúde da poboación. Tamén, de levarse adiante o proxecto, demandaría unha grande cantidade de eucalipto, unha das maiores ameazas contra a diversidade do monte galego.

Por iso Xulio Fernández, como milleiros de galegos e galegas, mostra a súa oposición ó proxecto da celulosa, e xunto con ducias de colectivos sociais, culturais e ecoloxistas, organizacións políticas e sindicais, de todo o país, mantén a loita contra Altri a través da Plataforma Ulloa Viva, da que forma parte. Nesta conversa co noso compañeiro Dani Seixo, no seu programa “Os diálogos de Paderne”, da asociación cultural Roxín Roxal, Xulio Fernández fálanos do impacto negativo da factoría proxectada no corazón de Galiza, que está xerando un gran rechazo non so na poboación das comarcas afectadas, senón nunha gran parte da nación galega.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.