Xa non se respectan os acordos

se non existe un encadramento legal para que todos nos poidamos estar en seguridade, entón o caos se estabelecería, e volveríamos a un período, posibelmente parecido ao dos homes das cavernas ou pouco máis

Por Jose Vieira | 19/06/2026

Como todos sabemos, se non cumprimos cunha determinada lei ou disposición co mesmo rango impositivo, somos ou podemos ser castigados coa respectiva sanción e, dependendo da gravidade do fallo o do cometido, podemos até ser privados das nosas liberdades.

Isto todos sabemos e, evitamos por en cuestión a nosa facenda ou as nosas liberdades por causa de termos infrinxido o estabelecido.

Se trasladamos estas nocións a algo máis xeral, vemos que existen xerarquías, de cuxas obrigas sobre outras de maior rango, tampouco poden ser esquecidas, sobre pena das de menor rango caeren en faltas, puníbeis con algunha sanción por parte das de maior autoridade ou rango.

Estamos nunha deputación, que infrinxe unha determinación do goberno central, tendo este a facultade legal e capacidade xurídica, para destinar algunha sanción contra esa mesma estancia administrativa.

O mesmo se pasa, por exemplo, entre un país da Unión Europea (EU), cando non respecta unha determinada obriga determinada polo parlamento europeo.

Entón a EU, pode de acordo coa lexislación vixente impor o restabelecemento0 do infrinxido o mesmo retirar, determinados valores en subvencións estabelecidas, como castigo e evidente restauración coercitiva da situación danada.

Para impor estas sancións, a maioría das veces, hai a necesidade de recorrer as entidades danadas, a unha institución, de carácter independente, das estruturas partidarias, ben a nivel de país, ben a nivel de EU.

Para iso desde tempos inmemoriais, se estabeleceron os chamados órganos xudiciais, que están volcados ao restablecemento da orde danada. A estas institucións, se chamaron como todos sabemos, os tribunais e, estes á súa vez, constitúen como afirmamos enriba unha estrutura independente das chamadas políticas.

Tamén estes, están estruturados, de forma hierárquica, tendo atribucións moi ben definidas e que se dedican a facer a aplicación das leis e súas reposicións, tendo base os seus executores, xuíces, coa declaración de cada acto, a través do chamado, ministerio público.

Tamén este seriado, por diversos graos, dependendo dos casos a que se teñen que ater.

Chegados a este punto, pensabamos que o mesmo debía suceder a nivel do Mundo en que vivimos, pois, se non existe un encadramento legal para que todos nos poidamos estar en seguridade, entón o caos se estabelecería, e volveríamos a un período, posibelmente parecido ao dos homes das cavernas ou pouco máis.

Recordamos un problema que xurdiu entre Castela e posteriormente (coa unificación levada a efecto polos reis católicos Isabel e Fernando), pasou a ser entre España e Portugal e, durante os descubrimentos marítimos de ambos países, se tivo que recorrer a unha forma de ordenación dos territorios a descubrir, para que non se volvese aos tempos das cavernas.

Como esta era unha situación en que era necesaria unha entidade con autoridade que fose recoñecida por ambos os países, se recorreu a unha repartición (unha forma de división con forza de lei), que ambos recoñecesen que estaban para alén dos intereses mercantís de entón e, que era respectada por todos.

Se recorreu ao poder da igrexa en xeral e, do Papa como seu máximo representante e, se estabeleceu un tratado repartición, do que se viñese a descubrir, a través dos acordos de Tordesillas, subscribido a 7 de xuño de 1494, que á súa vez reestruturou as Bulas alexandrinas de1493 do mesmo Papa Alexandre VI.

Aquí se presenta como o século XV, se respectaban as lexislacións supra nacionais, aínda que de acordos entre países e validados pola autoridade máxima de entón.

Camiñamos seis séculos máis, e coa vixencia dunha Organización das Nacións Unidas perfectamente creada e, sucesora da Sociedade das Nacións de quen herdou, obrigas e poder lexislativa supra nacional e, por iso con toda a lexitimidade, dado que canta con o apoio da maioría dos países existentes, como seus asociados e, membros de pleno dereito da súa Asemblea Xeral.

Así como en el século XV, os países descubridores se facían colonizadores en nome da posíbel Evanxelización Católica Apostólica Romana e, para se pagaren dos grandes gastos e do mantemento das súas corte, “sacaban” a eses pobos, todo o que estes tiñan, de valor nos seus territorios e, non contentos con iso, os arrestaban e sometían a escravitude, quere a súas propias terras como os traendo para a Europa.

Non contentos con estas situacións inmediatas, as prolongaron até ao século XX. En que a explotación continuou e cada vez más intensa e sofisticada.

Mas como sempre, en todos os contextos históricos, hai os que levan a bandeira dos descubrimentos, e se empeñan en encontrar, xustificacións evanxélicas (non disfrazando moito ben os intereses materiais), vén despois uns cantos boitres, que como é habitual, van a reboque, na súa senda, recoller os máximos proveitos, cos mínimos riscos.

Falamos, da entrada na farsa dos descubrimentos, dos Países Baixos (Holanda), do Reino Unido e da Francia.

Esta situación, se realizaba non á base de licenzas legais, nin de bulas papás, mais si do emprego das súas forzas armadas, máis desenvolvidas de entón.

Estas usurpacións se foron mantendo, ás prazas dos séculos e, até que co advento das correntes capitalistas do puxo Primeira gran Guerra Mundial, do século XX, estes países conseguiron implantar neses territorios, que dominaban, a implantados das súas multinacionais (recordemos as varías compañías das indias , quere inglesas quere holandesas), case sempre á forza.

Recordamos, que contra todas as posíbeis leis ou regras o rei Leopoldo da Bélxica, foi dono até case a súa morte dun pais en África, o chamado posteriormente Congo Belga, que era súa particular quinta.

Chegaba ao fin a colonización desas potencias comerciais, pois, había que mostrar que se tiñan redimindo e que xa non explotaban os territorios a quen daban a independencia política. Estaban de novos eses pobos a seren enganados.

Con isto estamos o século XX, e esta situación se desenvolveu a praza de todos os conflitos e atropelos deste século.

Chegamos ao noso século XXI e, é neste que particularmente queremos centrar, o teor e forza dunha análise, sobre o efecto de atropelos da lei e, moi máis do que atropelos, a eliminación total da lei.

E non dunha calquera lei dun país, pois, como todos sabemos, as leis interiores de cada país, dependen das súas respectivas constitucións, para que sexan rectificadas ou substituídas.

Chegamos aos Estados Unidos da América do Norte, e verificamos que desde o século pasado e con distinguidos gobernos, de distinguidos partidos, sexan republicanos ou demócratas, este país, se tornou no policía malo, do mundo, pois, exerce esa función en proveito propio, non ollando a medios para conseguir dominar agora unha parte do mundo o un país, mais si todo o planeta Terra.

E o obxectivo é dominar todas as fontes de enerxía así como todas as materias primas necesarias as súas industrias, mais non se quedan aí, pois, tamén fan as novas colonizacións, de todos os territorios que poidan estar o teren posibilidades de producir produtos que fagan fronte, aos seus patrocinadores.

Cando nos referimos a patrocinadores, nos referimos aos homes máis ricos e poderosos do mundo, uns 10, que son o soporte dos dous maiores criminais, e foras de leis do mundo, nos referimos a BENJAMIN NETANYAHU E SEU EXECUTOR E EMPLEADO DONALD TRUMP.

Estes dous socios, son o dúo de maiores criminais da historia universal, que están tao seguros da súa impunidade, que eliminaron de seus países a submisión ao dereito internacional, que regula as relacións entre os diversos países.

Estes dous criminais, coa connivencia de toda unha extrema dereita, en crecendo por todo o mundo, apoiada nestes dous facínoras, se permiten producir xenocidios, como o que ocorre na Palestina e no Líbano, masacres no Irán, asaltos a países soberanos, como a Venezuela, quere invadir Cuba, tomar a illa da Groenlandia, intentar anexar o Canadá, e o máis que se lle ocorra facer.

Realmente, estes dous señores, o que están a facer a someter a Europa, por pura covardía dos seus membros e elixindo como obxectivo de distracción, para o rearme da Alemaña e, seu socio armamentista.

Estee señores non vao parar e como podemos ver a señora Ursula Von der Leyen, xa anunciou conforme Trump ordenou, a inclusión de dous novos países a esa fantochada chamada Unión Europea.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.