Vivimos nunha democracia plena?

Por Jose Vieira

A maior parte das veces, nos esquecemos que vivimos nunha democracia imperfecta e, se preguntamos aos nosos veciños, se algunha vez sentiron esa imperfección, as respostas son as máis diversas e, case sempre non refiren a dualidade da democracia. Xa temos feito esa experiencia varias veces e, sempre collemos como resultado, ese descoñecemento.

Antes de avanzarmos máis, queremos  aclarar, que existe desde sempre, unha estrita relación entre a socioloxía e a democracia, e esta interrelación, vén desde as orixes da teoría clásica de socioloxía, de tal forma se complementan que, non se pode entender o desenvolvemento do liberalismo político e a aparición da democracia representativa, sen afondar nos  ensinamentos conxuntos (seguimos, Weber, Durkheim, e sobre todo Raymond Aron e, moitos outros). Este tema, democracia, capitalismo e socioloxía, son temas que se manteñen en constante e continúa relación, como xa afirmamos, desde a súa institución como ciencias fáticas. Xa pasaron máis de 200 anos, desde a revolución operada no occidente, que nos levou a unha relación, conflitiva entre capitalismo y democracia. E esta situación, non se ten atenuado, antes polo contrario pois, a democracia se ve cada vez máis minguada, por un lado (por leis marxinadoras dos dereitos), mentres, por outro, a riqueza creada nas nacións, se concentrar cada vez máis, nun número cada vez máis reducido e concentrado, sempre no mesmo grupo de persoas.

Esta situación, vén desde lonxe (pois, sempre fan unha planificación a largo prazo), preparado paso a paso, polos Señores do Mundo. Esta situación, xa foi escalpelizada, na Segunda Internacional Comunista, e a teorizou de forma brillante Rosa Luxemburgo e de certo modo, tamén Bujarin, tendo resultado a cognominación dunha relación de Dependencia, centro-periférica.

En xeral, as respostas á conceptualización da cuestión colocada no inicio deste texto, se centran unicamente en maior ou menor cantidade, de capacidades de exercer o poder político. Dito doutra maneira, o que pasa, é que sempre pensamos como debemos ter máis poder sobre as decisións políticas. Pouco ou nada pensamos, como podemos influír na orientaçao e planificación económico democrático. Isto quere a nivel da comunidade local, rexional ou autonómica e necesariamente no poder central. De aí o esquecemento da procura do dominio sobre a economía, a riqueza e a súa distribución. Pois, por descoñecemento ou porque pasamos do tema, ou por un sentimento de fatalismo xeneralizado.

Sabemos que estamos representados por uns señores, elixidos en listas de varios partidos, que como se tratase de clubs de fútbol, votamos por simpatía, maior ou menor (escaso esclarecemento e falsidade política). Logo volvemos para casa coa sensación do deber cumprido e de consciencia tranquila. No entanto, convén evidenciar algún dos principais criterios de escolla.

Así temos que, o principal criterio acostuma ser, o meu Club (nos referimos ao partido), é máis grande que o teu, ten máis campionatos que ningún e(goberna de máis tempo que calquera outro e os seus xefes son grandes señores), finalmente, até o señor cura, é moi importante a súa esclarecida opinión, sobre todo, para algúns dos maiores, e que é determinante á hora de votar.

Aínda que se procese, está escolla (coa periodicidade estabelecida), está perfectamente satisfeita a fame de democracia popular.

Falamos da necesidade que os pobos teñen que dicir que o seu país é democrático. Este comportamento, segundo enquisas efectuadas en varios países, tanto nos máis avanzados como nos en vías de desenvolvemento, é o máis habitual e válido.

Podemos dicir, que a posibilidade de ir pór ou non, o papel do voto na respectiva caixa (a que nos gusta chamar a caixa dos soños ou das ilusións), fai que todos fiquen contentas pois, exerceron a seu dereito, requisito esencial da “súa democracia”, e se senten demócratas. É un estatuto de calidade.

Estará completada a democracia con este simple xesto?

Antes de dar resposta á pregunta enriba, queremos sinalar, máis outra cuestión, e esta ten a ver, co estado de satisfacción económico e financeiro de cada un dos respetivos electores.

Claro que haberá un correcto número de individuos, que se declararán plenamente satisfeitos co seu estatuto social, dito doutra forma, estarán satisfeitos co que ingresan periodicamente, posúen todas as súas necesidades plenamente  saciadas, e mesmo as insaciables (en termos económicos–os bens de luxo), están segundo o seu parecer, nun nivel que consideran, bastante bo.

Pero este subgrupo social se conta polos dedos, falamos duns 8 a 10% da poboación existente. Máis, para alén deste grupo existe un outro, que non só se encontran satisfeitos, como a diario determinan canto, como, e durante canto tempo, cada un dos cidadáns da escala inferior (a súa bolsa de servidores), deberá vivir, nas condicións infrahumanas, que eles determinan e, así, servir aos seus superiores designios.

Actualmente, tamén son coñecidos como: os empregados como o exército e os desempregados como o exército de reserva, segundo nomenclatura empregada por parte dos poderosos.

Este subgrupo dos que están satisfeitos e que comandan o ritmo dos acontecementos mundiais, se designa habitualmente como os “Amos do Mundo”.

Este grupo, é o máis pequeno e como tal inaccesíbel até en termos de comprensión, para os restantes cerca de 82 a 80% da poboación (a gran masa).

Se trata duns 4 a 5% da poboación mundial. O residual, son os que esperan conseguir transitar, dalgunha forma, para as elites. San os que cognominamos de eternos demandantes e, que flutúan no limbo da ilusión. San realmente unha porcentaxe diminuta, en relación a obtención de éxito, das súas aspiracións.

O nivel de aspiracións, de cada un dos grupos, tamén é completamente distinguido, non só nos seus motivos, como nos métodos e consecuentemente, na obtención dos seus resultados.

A capacidade de traspaso, entre os varios escalóns de clases, é extremadamente limitado, pois, estamos falando de distinguidos estratos da sociedade, que se poden exemplificar graficamente, nunha pirámide, onde cada grupo se acomoda, de forma natural en cada estadio da respectiva figura xeométrica.

Realmente a pasaxe dun escalón ao superior seguinte, está moi dificultado, sendo cada vez máis difíciles as subidas, mentres, por outro lado as baixadas, son cada vez máis rápidas e inevitábeis. Esta é a regra imposta polos que mandan os “Amos do Mundo”.

As promocións sociais, pola vía económica, son actualmente unha  quimera, cousa que non acontecía no  dealbar entre o século XIX e o XX, presentemente a medida que nos internamos século XXI e, en especial, coa actual crise económica asociada á pandemia, se veu acentuar de forma  flagrante, aínda máis, esa dificultade.

Esta situación, antropoloxicamente, é obxecto dunha recorrencia á noción de clase como sendo un instrumento para análise empírica. Isto ocorre especialmente tras a Revolución Industrial, cos seus flagrantes e profundas alteracións sociais, como foron estudados e, desenvolvidos eses movementos, a partir dos estudos de Lévi-Strauss.

Con Marx, este tema, está permanentemente na súa cabeza, encontrándose nesta focalización, o amago da cuestión, non só sociolóxica como a económica.

Non podemos nin debemos esquecer, que para Marx, o punto de partida, moi concretamente era a produción. Está creado un punto de partida, que é a asociación para o dominio da economía.

Claro, que se con o cambio de ritmo, desa altura, esas situacións se tornaron patentes, na actualidade, non son só evidentes como cruciais, pola a súa nitidez e crueza.

Como diciamos, ao inicio destas nosas observacións, estamos nun estado de dereito e, como non, democrático e, engadiamos entón que se trataba dun sistema dualista. Ao ser dualista, viamos nitidamente como se exercía esa democracia nunha soa das súas vertentes, ou sexa, na que avanzamos de inicio, o chamado lado político.

Mais cando un sistema é composto por dúas partes, unha dualidade, hai que se fusionar, para formar o todo, as partes deben ser indisociábeis. Así, non nós podemos centrar nunha soa das partes, pois corremos o risco, con toda a certeza, de non conseguirmos transmitir integralmente a noción de certa democracia. E a democracia, ou existe plena, ou se trata dunha máscara do que realmente debe ser e, non estaremos nunha Democracia.

Así, cando dicimos que os cidadáns asumen e exercen o poder político de maneira democrática (non estamos a verificar se é exercido de maneira plenamente satisfactoria esta vertente, pois esa sería obxecto doutro texto máis profundo e sectorial).

O que queremos dicir, con isto, é que só está a ser satisfeita unha das dúas partes do conxunto democracia e a poboación, por descoñecemento ou atonía, xa se considera satisfeita na súa maioría.

Con isto, o que vemos é que falta unha parte esencial e, que non está naturalmente introducida no conxunto, nin implicitamente e até nin sequera é considerada.

No entanto, non é esquecida de ningunha forma, polos que ditan as leis, enténdase que nos referimos, non aos escribas das leis, pero si, aos que de verdade mandan, os denominados “Amos do Mundo”, estes o programaron a largo prazo conscientemente.

Esclarezamos está dicotomía. Se un suxeito exerce o voto para elixir, segundo unha determinada lei de repartición de electos, os chamados políticos, sexa en que rango sexa, tamén debían poder exercer o poder económico, igualmente dunha forma democrática.

Esta é a dualidade que non está na mente dos políticos, nin se espera que veña a estar, pois, iso non lles permiten os seus donos – “Os Amos do Mundo”.

Esta dualidade, foi moito ben elixida e tratada entre os elementos constitutivos, para unha democracia, a francesa, polo político e profesor francés, Auguste Marie Joseph Jean Jaurès, fundador do periódico L´ Humanité, que foi asasinado no café Le Croisant, en París, o día 31 de xullo de 1914, ou sexa tres días despois de comezar a Primeira gran Guerra Mundial. Xa nesa altura o partillar do poder económico era algo “tabú”, que non se podía mostrar as grandes masas populares.

Con isto queremos dicir que, na realidade, o control democrático do poder económico, entón como agora, e moitísimo máis actualmente, está completamente fóra do que é unha democracia real.

Isto é, un drama e o peor é que a maioría dos señores políticos da nosa praza, no queren sequera que se fale, en tales problemas pois, ou non saben, e iso é grave, ou aínda máis o é, que non se queiran informar e actuar contra o sistema. Un gran número dos profesionais da política, teñen un obxectivo, a xestión da súa conta corrente bancaria.

Como é agradábel verificar que todos os meses a conta corrente do banco rexistra o seu salário!!!

Con este final o que queremos dicir é que a democracia que nos ofrecen, é a fantasía dunha certa democracia, en que de verdade só temos o cheiro dalgunhas liberdades, aínda que despois as recorten a través de leis arbitrarias e propias de réximes fascistas, como as leis do traballo e as da mordaza, que serven, como instrumentos postos ao servizo dos poderosos, polos seus “queridos políticos” de quenda.

Vivimos no limbo dunha trama a que chaman democracia.

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.