o goberno americano entregou aos especuladores, como “axuda” presuntamente á agricultura máis de 250 millóns de dólares. Este é aínda máis un apoio aos especuladores, que compran barato e venden con prezos desorbitados.
Por Jose Vieira
Para podermos vivir, aínda non conseguimos descubrir, como o podemos facer, sen ter que nos alimentar.
Precisamos de millo, trigo, aceites vexetais, fertilizantes, carne, etc., no entanto, o que estamos a ver, dunha forma cada vez máis dolorosa, que os prezos dos produtos alimentares que necesitamos, ao se tornaren cada vez máis escasos, os seus prezos están a subir diariamente.
Se confiamos nos estudos da FAO (Organización de ámbito Mundial da Organización Mundial das Nacións Unidas-ONU) e, realmente os admitimos como certos e orientadores, para estudos neste ámbito, nunca os prezos dos xéneros alimenticios, estiveron tan crecidos, como en marzo de 2022 (desde que se estabeleceu ese control, o ano de 1990).
Aquí xorde a necesaria pregunta, para que se encontre algunha ou algunhas das razóns de tal carestía.
En primeiro lugar, está a especulación desatada, polos intermediarios, na comercialización dos alimentos, que viran que podían obter beneficios absolutamente extraordinarios, á custa naturalmente dunha correcta escaseza de produción, que tamén manipulaban (facendo restricións aos fornecementos) e distribución alimentar.
Claro que esta especulación, está amparada, como non podía deixar de ser, polo pendor neoliberal capitalista, dos que nos gobernan, pois, a súa única preocupación é non defraudar, ó poder de “Os Amos do Mundo”, que impón as leis, a través dos mercados.
Este primeiro argumento, se pode resumir, que os gobernos nacionais, non están ao servizo as poboacións que os elixiron, mais si, dos seus patróns “Os Amos do Mundo”.
Pasemos as xustificacións dos especuladores. Se basean en dous principais argumentos: en primeiro lugar a subida dos combustíbeis, e de todos os produtos que utiliza a Agricultura, para producir os referidos alimentos. O outro argumento que se mestura co inicial e, que serve para agravar aínda máis a escalada dos prezos, é a invasión da Ucraína por parte da Rusia.
Este segundo argumento, é realmente un facho ardente, ó que se agarran os especuladores, pois, como facilmente se comprende, pesa dunha forma decisiva e, é de fácil dixestión para as poboacións (coitados dos especuladores, dirán moitos!).
Imos dar algúns dos datos que, dunha forma real, dan os argumentos necesarios e reais para a elevación dos prezos (outra cousa é que xustifiquen os aumentos verificados).
Máis aínda, por exemplo, o goberno americano entregou aos especuladores, como “axuda” presuntamente á agricultura máis de 250 millóns de dólares. Este é aínda máis un apoio aos especuladores, que compran barato e venden con prezos desorbitados.
É naturalmente un problema a engadir á distribución, que é a cadea de intermediarios, unha lacra que neste momento, se está a facer de ouro. Estes, son algúns dos principais motivadores instrumentos, do mantemento das tensións inflacionistas.
O desabastecimento, tamén se pode imputar a globalización da economía, pois, se reparamos os campos deixaron de se traballar, e as producións que antes eran o sustentáculo da cadea de alimentación, pasaron a se desprazar para as grandes pradarias e onde o traballo é máis mal pagado.
Referiámonos, entre outros, a Rusia e Ucraína, aínda que non son os únicos, mais, no entanto, son os responsábeis por cerca de 30% das exportacións de trigo e cebada, no mundo global.
Outro gran problema, resultante da invasión referida, é que 75% das exportacións combinadas, de aceite de xirasol, da Rusia e da Ucraína, corresponden a 10% do mercado mundial, deste produto alimentar.
Tamén temos que dicir que as colleitas do ano de 2021/2022, ou sexan, as dúas últimas antes do conflito, foron de 44 millóns de toneladas de trigo, cando a media anterior non baixaba dos 50 millóns.
Neste caso o problema estivo a cargo das secas existentes.
Tamén é innegábel que coa invasión da Ucraína pola Rusia, se tornou practicamente inoperante o mar Negro, o que fai que o que antes se transportaba por barco, agora se teña que o facer por terra, con todos os inconvintes, que resultan en termos de custos de transporte.
A economía, por tanto, presenta unha disrupción, doble coa chegada e implantación da pandemia e do conflito entre a Rusia e a Ucraína, que nos mostra canto son vulnerábeis os sistemas de fornecemento das cadeas alimentares.
Temos a consciencia que un dos grandes problemas da agricultura, se encontra no prezo en escalada dos fertilizantes, sobre todo en países que dependen da súa utilización intensiva para as súas colleitas, como é o caso da América do Norte, en que se rexistraron subidas, en relación ao ano de 2021, de entre 70 a 100%.
Por exemplo na China, o prezo da potasa, un ano subiu 86%, os fertilizantes a base de nitróxeno cerca de 40% e os de fósforo uns 10%.
Mais as consecuencias da falta dos cereais e non só, provenientes da Rusia e Ucraína, está a crear un sério problema alimentar, case incontrolábel, sobre todo, no Medio Oriente, en África e até na Asia.
O trigo, o millo, a cebada, as fariñas e os aceites alimentares, son extraordinariamente esenciais, para a seguranza alimentar, en especial, para as zonas máis pobres do mundo que habitamos. Recordemos que canto menos abastecidas están as poboacións, mais caerán na pobreza absoluta.
Non podemos deixar de recordar que son produtos básicos da dieta das poboacións máis vulnerábeis.
Non deixaremos de puntualizar, que xa antes da invasión referida, se notaba unha inestabilidade de prezos dos cereais, traducida en tensións á subida, o que veu a sumarse nesta escalada de prezos actual.
Mesmo que, no escenario de que a invasión termine mañá, o desabastecimento, non se retoma dunha maneira inmediata, pois, non podemos esquecer que o produto agrícola, sofre un ciclo temporal, que é imposíbel, na maioría dos casos superar.
Imos por exemplo dar algúns valores de dependencia do trigo da Rusia e da Ucraína, en África. Como segue:
África do Sur 33%
Cabo Verde 39%
Mozambique 37%
Togo 43%
Namibia 48%
Burundi 54%
Congo 62%
Madagascar 63%
Ruanda 65%
Sudán 70%
República Democrática do Congo 56%
Exipto 61%
Benin 100%
Cremos que non son necesarias máis palabras, para comprender que se trata dun escenario apocalíptico.
O caso europeo é distinguido, pois, o impacto é recibido de forma distinta, dado que a escaseza dos produtos ucraínos e rusos, o seu principal efecto negativo, vai incidir esencialmente, no prezo das racións para o gado, o que significará, leite máis caro así como a carne.
A vulnerabilidade dos países occidentais, se debe esencialmente ao sistema económico que centraliza a mente dos gobernos, falamos do neoliberalismo económico capitalista e globalista, que se abandonou nos brazos dos mercados e, que unicamente está dependente dos “ Os Amos do Mundo” e da súa insaciabilidade en termos de beneficios.
Con isto o que queremos dicir é que toda a economía occidental, se deixou embalar, na obrigatoriedade de cada vez máis ser dependente dos desexos dun pouco máis do 3% da poboación mundial.
Tamén queremos dicir, é que os partidos instalados no poder ou as súas coalicións, xa non nos representan, pois, mesmo cando nos manipulan con pseudo informacions e, até políticas de aparente apoio aos traballadores, o seu único fin é, como evidente, é manter un correcto poder de compra, para que os beneficios dos “Os Amos do Mundo”, poidan continuar a crecer.
Solidariedade e fraternidade, dos señores instalados no poder, é letra completamente morta, só os motiva as portas xiratorias e a ambición do efecto imitación.
Se el primero en comentar