Para se dar unha idea de que esta actual “Copa da América”, a mellor proba da existencia dunha nítida e cada vez máis desigualdade social neste mundo, basta sinalar que o dono dun dos barcos gastou neste seu proxecto algo como 300 millóns de euros
Por Jose Vieira
Din que esta regata con sede en Barcelona, trae consigo a creación de cerca de 19.000 postos de traballo e aproximadamente unos ingresos para o comercio da cidade de 1.000 millóns de euros.
Realmente isto case que parece, como un conto de fadas, en que a madriña premia a protexida con tantos favores, que até non parece ser na verdade algo real ou deste mundo.
Este ano, inclúese as novas categorías, para que poidan competir os mozos e unha categoría feminina. Isto vai acontecer o está a ocorrer por primeira vez nos 173 anos da historia desta competición.
Outra das novidades é a de a inclusión dun equipo español a “Sail Team”, que ten como líder a abandeirada dos xogos olímpicos Támara Echegoyen.
As regatas preliminares disputanse en Barcelona desde o pasado día 22 até ao día 25 do mes de agosto de 2024.
Esta regata, de que estamos a falar, toma o nome de “COPA DA AMÉRICA”, e que disputa en Barcelona a súa 37 edición e, onde se enfrontan as seis mellores equipos existentes neste momento no mundo dos barcos de vela.
Nesta concentración de concorrentes da 37 edición, pódese atopar os mellores competidores de vela, onde pontifican campións olímpicos así como gañadores da Volta ao Mundo, que é outra das máis prestixiosas probas do xénero.
Pasemos a falar deste evento que é realmente un dos acontecementos deportivos, onde se pode ter como que unha visión do que é importante para o circo que é este mundo en que vivimos, de como se mostran que existe outro mundo en que a gran maioría nin sequera ten certa consciencia de que son os seus protagonistas xentes deste mesmo mundo.
A primeira sorpresa con que deparamos, é que metade dos tripulantes das embarcacións que están a competir nesta edición da “Copa da América”, son ciclistas e, que estes barcos a vela, practicamente non navegan en augas pero que parecen voar sobre estas e, con facilidade atinxen e até superan os 80 km hora.
Estes avances tecnolóxicos, cada vez afastan máis e más, noutras competicións, as posibilidades de competición polos armadores non poderen acceder ás tecnoloxías de punta, soamente accesíbeis a estes multimillonarios patrocinadores.
Temos que a regra inicial desta competición, manteñense, o que quere dicir que a embarcación que venceu a anterior regata da “Copa da América”, será a finalista desta edición.
Igualmente dese 2017, tamén está definido o tipo de barco e quen escolle o local onde se realizará as regatas, compite ao gañador da anterior. No caso en cuestión, o anterior gañado foi a embarcación “Emirates Team New Zealand (que en siglas se escribe ETNZ). Hai sido este team que escolleu a cidade de Barcelona como escenario da competición deste ano.
Unha caraterística que vén desde a primeira regata, é que tratase do que en inglés se di que é un “match racing”, o que significa que son competicións sempre dun contra un.
Posto estas consideracións conservadoras, podemos dicir que todo o resto deixou de se conservar e, até temos lido que parece non ser necesario saber case nada de navegar a vela, para poder participar nesta copa.
Como anécdota, diremos que antes procurábanse mariñeiros fortemente musculados (os chamados “grinders” que xeraban a enerxía, manipulando manivelas), para manexar as pesadas velas e, iso deixou de ser necesario e, se procuran bos e fortes ciclistas, pois, é esencial fabricar enerxía en cantidade pedaleando forte e seguido (pois, produce máis enerxía) e de aí, que metade actualmente da tripulación, sexa composta por fortes ciclistas, como enriba referimos. Unha outra curiosidade, é que os tripulantes ciclistas, teñen que manter a cabeza, tombada para o peito, para que non perturben a aerodinámica da embarcación.
Tamén convén recordar que a partir de 2021, desapareceron os multicascos e foron substituídos os patillóns centrais por dous “foils” laterais (o AC75). Hoxe por hoxe todo é dixital ou se queremos dicir doutra forma a electrónica é quen realmente fai a diferenza, pois todo e todos os comandos son botóns, os chamados “joystick”.
Tamén temos escoitado que con tantas innovacións técnicas a “Copa da América”, foise enterrar.
Para se dar unha idea de que esta actual “Copa da América”, a mellor proba da existencia dunha nítida e cada vez máis desigualdade social neste mundo, basta sinalar que o dono dun dos barcos, o “ORACLE”, Larry Ellison, gastou neste seu proxecto algo como 300 millóns de euros ou sexan un pouco máis de 275 millóns de euros.
Imos finalmente indicar quen compite, co equipo gañador da anterior “Copa da América”, que como indicamos foi o “EMIRATES TEAM NEW ZEALAND:
Imos indicar que en cada barco, a pesar do seu país de orixe, pode incluír unha tripulación, que pode ser unha m de nacionalidades, pois, os varios elementos teren orixes distinguidas:
REINO UNIDO:
INEOS BRITANNIA
SUIZA:
ALINGHI RED BULL RACING
ITALIA:
LUNA ROSSA PRADA PIRELLI
AMÉRICA DO NORTE:
AMERICAN MAGIC NEW YORK YACHT CLUB
FRANCIA:
ORIENT EXPRESS RACING TEAM
Concluímos, dicindo que para alén da implicación multimillonario dos armadores, é fundamental os patrocinios de empresas colaboradoras con participacións multimillonarias.
Este fenómeno que está a ocorrer nas costas mediterráneas que bañan a cidade de Barcelona, é más unha proba más que evidente, que o home común deste mundo, non é más do que un elemento da paisaxe para o mundo dos señores.
Así que a desigualdade está cada vez más acentuada e, o que é espantosa, é que aínda por riba lles batemos palmas e inclinamos a cabeza reverentemente.
Se el primero en comentar