Unha curiosidade sobre a Comunidade Económica Europea

Por Jose Vieira

Estamos habituados a pensar na existencia dunha idea de que a Unión Europea, naceu dunha necesidade de unir esforzos, no sentido dunha unificación económica, fronte a outros bloques con Moita máis potencia socioeconómica do que o noso repartido continente. Non estamos completamente fóra de sentido. Por iso imos mostrar dunha maneira sucinta o camiño percorrido até chegarmos à actual Unión Europea.     

Así, esta idea que xorde os anos 50, foi promovida sobre todo polos franceses Jean Monet y Robert Schuman. Este último Ministro das Relacións Exteriores, sendo o primeiro o negociador indicado polo goberno da altura francés. Se formou entón un núcleo cuxos intereses coincidían, pois desexaban, obter unha estabilidade de prezos e constancia, de fornecementos do carbón e do mineral do ferro e, como tal, do seu produto final, o aceiro. Estábase no período do tras Segunda Guerra Mundial, onde eran estes materiais esenciais para a reconstrución, que se levaba en curso.

Os países que inicialmente formaron, esta chamada comunidade do Carbón e do Aceiro, foron: a Francia, o Luxemburgo, A República Federal Alemana (ou sexa, a parte occidental da Alemania), a Italia, a Bélxica e os Países Baixos. A este organismo pasou a chamar a CECA e tivo como alta autoridade, desde o seu inicio a Jean Monet. O tratado fundador, se efectuou en París, tomando o respectivo nome de Tratado de París de 1951.

Esta organización, iniciada en 1951, non tivo unha vida nin calma nin pacifica, até a súa fundación. Pois se trataba de explotar, os minerais referenciados e o posterior fabrico do aceiro.

As causas próximas se situaron en que, estas actividades se centraron no territorio sobre todo da Alemania, e de Francia que, no entanto, explotaban eses jazigos, cedendo, a pesar de todo, a primacía nos fornecementos aos Americanos (nas zonas do Sarre e do Ruhr). Esta situación fixo que se tivese que dividir as áreas en varias zonas, para evitar maiores conflitos de interese. Ese plano, se debe a Robert Schuman, ficando coñecido polo Plano Schuman.

Esta situación, parecía ser unha utilización abusiva para a Alemania, tendo seu Presidente de entón, Konrad Adenauer, conflictuado, así como o igualmente Presidente francés Charles De Gaulle. Máis tarde, se chegou a un acordo, que conciliou os intereses vitais das partes. A publicidade dese acordo, foi efectuada a través dun discurso do xa referido Ministro das Relacións Exteriores francés Robert Schuman en 9 de maio de 1950.  Para alén dos dous presidentes referidos, que chegaron a un acordo, tamén o aceptou o Presidente americano Harry Truman ben como os países do Benelux. Só se quedou á marxe o Reino Unido, coa rexeita de firmar o acordo, o seu Primeiro Ministro de entón, Clement Attlee, pois, este tiña as súas expectativas e seus intereses prioritarios cos Estados Unidos da América.

Estaba así creado un mercado común do carbón e do aceiro, o que significaba en termos prácticos, ou sexa, o tránsito libre de impostos aduaneiros e unha circulación fluída, das materias primas e dos produtos de aceiro entre os seus subscritores.

Longa vida tivo este tratado, cuxo espazo xeográfico, ficou coñecido como referimos, pola CECA, só se tendo extinguido en 2002 despois de ser cumprido o período para a cal fora creado de 50 anos. De calquera forma as súas competencias se encontraron diluídas na Unión Europea, desde o chamado Tratado de Maastricht de 1993.

Non hai calquera dúbida, de que a CECA, foi un dos vehículos que coa súa experiencia, levou a que o se abrise un camiño para unha comunidade onde os intereses das partes transcendesen, os limitados obxectivos daquela. Así e despois de largas e penosas discusións e encontros entre as partes en causa, se reuniron, no Palacio dos Conservadores de Capitolio de Roma, o día 25 de marzo de 1957, firmando non un tratado, mas si dous: o primeiro estabeleceu a Comunidade Económica Europea e o segundo estabeleceu e calmou un dos problemas difíciles de resolver, da altura, e que se arrastraba desde o final da Segunda Guerra Mundial, que era o sistema de xestión da Enerxía Atómica, como na altura se denominou.

Firmados estes dous tratados nesa data de 25 de marzo, se estabeleceu que a súa entrada en vigor sería o día 1 de xaneiro de 1958. Estaba creada a Comunidade Económica Europea.

Ambos os tratados foron firmados polos seguintes países: República Federal da Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países baixos.

Como é tradición nestes tratados, o país onde se firma, acostuma ser o depositario dos referidos documentos, no caso dos dous tratados de Roma, se respectou a tradición e foi fiel depositario, seu Primeiro Ministro de entón, Antonio Segni, así como a Italia, o seu arquivo. Cada país estivo representado polo seu mandatario, que foron os seus primeiros ministros. Cabe unha especial referencia a un primeiro ministro que foi figura destacada pola súa implicación na formalización do acto, se tratou do primeiro ministro da Bélxica Paul-Henri Spaak, sendo o encargado das dilixencias, para o Tratado, sendo coñecido ese grupo por el chefiado, como o “Comité Spaak”.

Indicamos, no cadro abaixo, o camiño percorrido despois de fundación da Comunidade Económica Europea (CEE), súas sucesivas transformacións de nomenclatura, até asumir a súa actual denominación, de Unión Europea.

Número de compoñentes

COMPOSICIÓN E ALTERACIÓNS

CEE-6
(1957-1972)

En 1957, os seis estados fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (Bélxica, República Federal Alemana, Francia, Italia, Luxemburgo, e Países Baixos), constituíron a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica. En 1962 se retirou Arxélia a qual era, hasta a data, parte do Império colonial francés.

CE-9
(1973-1980)

En 1973,se incorporou Reino Unido, Irlanda e Dinamarca (incluída Groenlandia e exluídas as Illas Feroe) 

CE-10
(1981-1985)

En 1981, se incorporou a Grecia.

CE-12
(1986-1993)

En 1986 se incorporou España e Portugal. Previamente, en 1985 se retirou Groenlandia como consecuencia do referendum de 1982.

UE-12
(1993-1994)

Comeza a se usar formalmente, no ano 1993, o termo Unión Europea. Antes de isto, o 3 de outubro de 1990, a unión da República Federal Alemana con a República Democrática da Alemania (RDA) nunha nova RFA unificada, constituíu unha ampliación da Unión sen que aumente o número de estados membros.

UE-15
(1995-2004)

Em 1995, se incorporan Áustria, Finlandia y Suécia.

UE-25
(2004-2006)

No dia 1 de maio de 2004, se incorporaran a República ChecaChipreEslovaquiaEsloveniaEstoniaHungríaLetonia,

Lituania, Malta e Polonia.

UE-27
(2007-2013)

Em 2007 se incorporaran Romania e Bulgaria.

UE-28
(2013-2020)

No dia 1 de julho de 2013 se incorporou Croácia.

UE-27
(2020-actualidad)

No dia 31 de janeiro de 2020 se concretou o retiro do Reino Unido da Unión  Europea.

Como curiosidade, a idea de que o espazo europeo, se convertese nunha unión dos países existentes no continente, é unha idea vella de máis dun século.

Recordaremos que xa nunha entrevista concedida por Trotsky, ao xornalista americano John Reed durante os días iniciais da Revolución Rusa de Outubro de 1917, este afirmaba:

“……Na concertación da paz a Rusia revolucionaria sustentará como principios reitores seguintes: nada de anexacións, nada de indemnizacións, dereito dos pobos a dispor de si mesmos, creación da República Federal Europea. … O que máis convén é a República Federativa europea ou os Estados Unidos da Europa… Só unha República Federativa europea, dará a paz ao Mundo…”

Esta entrevista, concretamente foi efectuada, o día 30 de outubro do calendario Juliano, por o xornalista americano John Reed, nun pequeno cuarto do palacio de Smolny, en Petrogrado (actual San Petersburgo).

Non sabemos como vai a acabar os procesos para estabilización do espazo Europeo, o que si sabemos, é que aínda nos resta moi tempo e espazo para que o proceso estea concluído.

Coas crises de 2008 e coa actual crise e pandemia encaixada, aínda máis se nota a imperfección das institucións da Unión e a deriva de xestión.

Así, igualmente estamos esperanzados, en que internamente, está Unión Europea, vaia cada vez máis se parecendo como un certo Estado, e non unha manta de retallos cosidos a última hora, cando xorde un problema. Queremos que ela se aproxime ao que de verdade será unha unión.

Que realmente exista un sistema fiscal único, unha política de desenvolvemento equilibrada, que se eliminen as desigualdades, socioeconómicas entre os seus residentes. Que sexa un certo Estado Europeo.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.