Unha China Global

segundo os datos económicos dispoñíbeis, parece non haber dubidas de que entre estes dous últimos anos, 2024 e o corrente, existen indicacións máis que evidentes de caídas de rentabilidade en determinadas industrias en China

Por Jose Vieira | 7/12/2025

Será un mundo de enormes glorias, onde todo corre sobre esferas ben untadas a economía chinesa, ou haberá claros e escuros?

A competencia entre as diversas empresas dentro dun mercado competitivo, tenden dunha forma xeral, a aumentar as súas producións con vista a obter cota de mercado así como mellorar as economías de escala.

O que moitas veces acontece, é que o fan para alén das propias capacidades de absorción dos mercados, onde se atopan. Así o que en case todas ás veces acontece, é unha caída dos seus prezos e como tal unha quebra de beneficios.

Esta caída de beneficios, moitas veces é a responsábel, por problemas financeiros, das empresas cos bancos que as apoiaron na expansión dos seus investimentos e, como tal, poden levar até a súa quebra.

Será isto cuestión pacífica, para toda a doutrina económica?

Naturalmente que non, pois, os marxistas máis ortodoxos, se resisten a admitir que as crises económicas poidan ser da responsabilidade dos excesos de produción.

Mais a experiencia nos dá outra interpretación das situacións, así antes das crises da gran Depresión de 1929/1933, así como da crise máis recente de 2007/2009, pódese dicir que se encontraba en ambos os casos, perante un exceso de produción.

Mais que ten a ver con esta situación a China de hoxe?

Pois, nos parece segundo os datos económicos dispoñíbeis, parece non haber dubidas de que entre estes dous últimos anos, 2024 e o corrente, existen indicacións máis que evidentes de caídas de rentabilidade en determinadas industrias en China.

Mais os chineses, conseguiron nas industrias de paneis solares, de química de petroquímica, industrias do aceiro, e de vehículos, a través de contracción de prezos e marxes de beneficios, aínda que con esa perda de rentabilidade, mais actuando en estratexias de pequenas áreas xeográficas por eles traballadas, penetrar no mercado.

Con esta estratexia comercial, China, demostrou suficientemente pór en marcha un sistema de penetración, elixindo mercados albo, por áreas especificas e máis pequenas, a través dun coñecemento moi máis claro das necesidades desas micro zonas.

Por iso, xa se están a crear problemas de falta de mercado do aceiro, nos países da OCDE, pois, durante o período que vai desde 2020 a 2024, as exportacións de aceiro desde a China, se duplicaron e no que vai deste ano de 2025, até agosto, aumentaron cerca de 10%.

Parece que este é unha constante a nivel mundial e, cun ritmo máis rápido do que o que acontecía até á crise de 2008/9.

No entanto, este aumento, non só hai sido espectacular en la China, así como na India como un pouco tamén polo Oriente medio.

Parece que os cálculos dos espertos nos mercados do aceiro mundiais, estes esperan que aínda poida crecer a procura do mesmo, a unha media de case un por cento anual. Até atinxir as 721 millóns de toneladas métricas o ano de 2030. Non podemos esquecer que a China concentra, mesmo así, cerca de 55 ou 56% da produción mundial.

É evidente que esta sobreprodución exerce unha influencia negativa sobre os prezos, o que parece anunciar, unha pequena rebaixa nos prezos.

Mesmo así o que parece ser tendencia na Unión Europea, é copiar as ideas de Donald Trump, aplicando barreiras proteccionista, o sexa a imposición de impostos aduaneiros.

Parece que esa “moda” dos impostos aduaneiros, queren ser tamén unhas ideas a seren copiadas polos países da América Latina, en especial o Brasil, que mercé da súa capacidade instalada, pode con algunha facilidade atinxir os 60 a 65% da produción da América do Sur.

Acontece, que ao parecer e despois, dos impostos aduaneiros de Trump ás importacións do aceiro chinés, este país, ten tido algunhas dificultades de esgotar as súas producións dunha forma normal e, con isto o que queremos dicir, é sen rebaixar en demasiado os respectivos prezos.

Imos agora por os nosos ollos, sobre outro mercado, tradicionalmente dominado, dalgunha maneira polos Estados Unidos da América do Norte, se trata do mercado automobilístico.

Segundo a produción chinesa, nestes últimos dous ou tres últimos anos, os chineses, desenvolven unha autentica guerra de prezos, no mercado internacional, fundamentalmente a costa dun exceso de produción, sendo obrigados a diminuír as súas marxes de comercialización.

Para termos unha idea do que é a produción de vehículos automóbiles na China, basta enumerar, que aí existen cerca de 130 empresas dedicadas á automoción. O interesante da situación é que salvo un ou outro caso, ningunha destas empresas producen coches en grandes series.

Para ter unha idea máis clara das estratexias dos produtores en cuestión, se estes estivesen a producir coa totalidade da capacidade instalada, a súa produción acumulada sería o dobre da posibilidade de adquisición do mundo enteiro, de automóbiles.

Mesmo así, e independente de non estaren a utilizar nada de importante da súa capacidade instalada, se estabeleceu unha guerra de prezos, sobre todo nestes dous últimos anos, de que estes baixaron cerca de 20% (en media). Hai casos en que os respectivos modelos foron rebaixados até cerca de 35%.

Mais que podemos dicir, é que mesmo con esta gran competición interna e externa coa Europa e os Estados Unidos, o que é correcto é que as vendas dos coches chineses creceron e, se espera que aumenten este ano máis do 7% (parece esta cifra corresponde a cerca de 24 millóns de coches).

Como consecuencias, como enriba sinalamos para o mercado do aceiro, tamén aquí se deu un importante quebra nos beneficios das empresas, o que se está a reflectir nos seus pagamentos aos provedores de partes ou tamén chamados compoñentes, que se van diferindo o tempo.

O goberno chinés, o pasado mes de xuño, impuxo unha reunión cos fabricantes de coches, para acabar coa guerra de prezos, quere interna quere externa, e para que acelerasen os pagamentos aos fornecedores de partes, pois, estes estaban a ver que tiñan que saír do mercado, con fortes perdas financeiras. Como que foi acordado, que os pagamentos se debían efectuar, como máximo a 60 días das entregas.

Analizaremos, agora o mercado da produción do cimento. Como punto de partida a China posúe nada menos do que 50% da produción mundial do cimento.

Basta recordar, que o crecemento das infraestruturas na China, tivo un incremento verdadeiramente vertixinoso, nos últimos vinte ou trinta anos.

Estamos a falar de vías férreas, de encoros, de edificacións de vivendas, de autoestradas e, das máis diversas estruturas, para dar soporte ao crecemento deste país.

No entanto, nos últimos tres ou catro anos, se deu un desaceleramento deste ritmo de construción e como tal tamén aquí se deu unha contracción da procura desta materia prima. Esta caída está estimada en 23%de contracción, especialmente entre os anos de 2021 e 2024.

Como non podía deixar de ser, se contraeu na mesma proporción ou case, a procura de ferro e aceiro, como é normal.

E como enriba referimos, o mercado de paneis solares en china, é algo de completamente anárquico, nun país onde a disciplina campioa cos obxectivos das planificacións.

Este mercado, ten vindo a sufrir debido a esa indisciplina e as restricións que lles foron impostas polo mercado, serias perdidas, sobre todo nestes dous últimos anos.

Entre outras razoes, parece que pontifica o exceso de capacidade instalada e, de novo queremos admitir que a produción instalada é polo menos o dobre da capacidade internacional pode absorber.

Na actualidade, dada a situación existente, as empresas que non abandonaron o mercado dos paneis, está a crear unha organización de control e de penetración noutros mercados, do xénero do que fixeron os produtores de petróleo cando se asociaron so a forma de OPEP.

Mais, crearon mesmo un fondo do tipo de garantía con cerca de 7.000 millóns de dólares, con vista a adquirir e a cerrar, as empresas ineficientes.

Falaremos da industria petroquímica, pois, esta, dada a actual conxuntura económica, se pode dicir que está a atravesar un momento nada bo.

Ten cerrado moitas instalacións, mentres moitas outras loitan con enormes dificultades para aseguraren o seu futuro.

Diremos que a esta situación non é nada de desprezar a chamada transición enerxética, os enormes custos, provocados pola descarbonización, así como todas as dificultades de se adaptaren aos cambios climáticos.

Seguiremos con esta análise da estrutura económica da China, reservando, naturalmente para o próximo texto, o xuízo de valor, dobre a mesma.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.