O comportamento, que o referido señor se deu ao luxo de exhibir publicamente, non o tornan unicamente unha persoa sen o mínimo respecto pola sociedade en que vive, mais si avergoñan, a nada menos que a todo o país
Por Jose Vieira
Estamos moi contentos co fantástico éxito, cometido pola selección española de fútbol feminina.
Non hai calquera dúbida da carreira extraordinaria, que estas atletas de fútbol, demostraran que con perseveranza, entrega, calidade e sentido de equipo, é posíbel atinxir o máximo dentro de calquera xénero de deporte e non só.
Esta final nos recorda que España tivo que suplantar a campioa da Europa e, como non, a selección da Inglaterra, cuxo país é o berce deste deporte.
Que se encontraba nun territorio máis favorábel ás inglesas, pois, ambos países a Australia e a Nova Zelandia, son de lingua inglesa e pertencentes á esfera de súa influencia, a chamada Commonwealth.
Deixemos, o heroísmo e esa excelente lección, de que a calidade, a unión e que o traballo previo perseverante leva ao éxito, para nos volvermos para o chiste que empeña non o éxito conseguido, mais si, a falta de calidade, demostrada por un dirixente, nesa calidade e como persoa, o presidente da Federación Española de Fútbol.
O espectáculo dado en diversas ocasións desenvolvidas polo referido señor, o transportan dunha forma inmediata a xénero, que non merece a clasificación de xente humana civilizada.
Se quixésemos dar un exemplo de como unha persoa xamais se debía comportar, non soa en particular e moi menos de forma universal, sería o modelo a presentar o do referido señor en e durante este final do Campionato Mundial de Fútbol Feminino.
O seu comportamento transcendeu o tolerábel e, non existe ningunha alegría ou emoción que poida xustificar as súas actitudes.
Non imos aquí dicir que xestos ou actitudes foron proporcionadas polo referido señor, pois, foron divulgados amplamente por case todas as canles de televisión, non soa de España, así como do entorno extra nacional.
O comportamento, que o referido señor se deu ao luxo de exhibir publicamente, non o tornan unicamente unha persoa sen o mínimo respecto pola sociedade en que vive, mais si avergoñan, a nada menos que a todo o país.
Debemos ter en canta que os dirixentes nacionais e que representan un país, deben ser o espello do seu país e das súas calidades e, o comportamento dese señor, non é o comportamento felizmente dos españois.
Máis este señor, non só se comportou dunha forma completamente impropia, como procurou arrastrar con seu comportamento a unha atleta da referida selección.
Esa é unha vítima, que dunha forma indesexábel é arrastrada para unha situación incómoda, sen ter culpa de nada só sendo un instrumento que o referido señor, procurou manipular, como unha marioneta dos seus comportamentos de má educación e, sobre todo, dun machismo intolerábel que raia o maltrato de xénero, por exemplo.
Mais o comportamento indigno do referido señor, non se ficou por esta cadea de accións, só propias dun ser desprezábel. Continuou, pois, despois dunha soberbia petición de desculpas, que máis parecía unha actitude de xustificación de que quen era a vítima era o señor Presidente da Federación de Fútbol, afirmou que se iría dimitir, despois, a propia Federación Internacional de Fútbol (a FIFA), emitir a declaración da súa inhabilitación, como dirixente desa asociación de cúpula dese deporte.
Este dirixente de má memoria, á praza das súas actuacións, despois de ter con este seu inclasificábel acto de prepotente, mal educado e lamentábel representante das xentes de España, transformou un excelente éxito que dignifica a todo o país, nun imposíbel “exercicio de machismo por parte dun dirixente nacional” que se xulgou e se xulga por cima do ben e do mal.
É desta masa, que se mostra visíbel, até a violencia psicolóxica que exercía o seu característico machismo.
Mais o referido individuo, non só non dimitiu, como desenvolveu as súas posíbeis formas de presión sobre os membros da organización do fútbol nacionais e seus funcionarios para se reafirmar en “rei do mambo” e repetir que non dimitiría.
Así como o espectáculo ten a súa continuación, na manifesta infeliz actuación de súa nai, que na súa terra, se encerra nun recinto relixioso, para desenvolver unha folga de fame.
E máis, arrastrando consigo un conxunto de persoas polo camiño da compaixón, perfectamente inventado, dunha persecución, que xamais existiu, apelando a un espectáculo, en prole do fillo, intentando buscar a compracencia das nais para os fillos desviados.
Este é un espectáculo dun folclore intolerábel e, que aínda torna máis penosa esta situación.
Imos terminar este pequeno texto, afirmando que non somos monárquicos, mais estas actitudes públicas, tamén foron algunhas delas, levadas a efecto por este dirixente, perante dous símbolos vivos, do país, que estaban presentes a seu lado, a raíña Leticia e súa filla. Quere se queira ou non, hai que ter a cordura en todas as ocasións e este señor abusando do momento e da situación tamén pasou os brazos sobre os ombros da raíña.
É realmente un irrepresentábel que non pode representar a todos nós.
Hai que acabar con este tipo de xente, na xestión de servizos ou calquera outra actividade, sexa cal sexa, o sector da administración pública ou privada, para ben de todos os españois.
Se el primero en comentar