Todos competimos polo mesmo

Como debía ser evidente, o tal planeta de esquerdas, debía revelar un substrato intelectual, que programaticamente, fose recoñecibel e o situase, de forma perfectamente visíbel, cal a súa posición no bipartidismo planetario.

Por Jose Vieira

O Mundo en que vivimos, ten evolucionado de forma moi rápida, sexa en que aspecto sexa e, por iso, moitas veces non comprendemos porque un cidadán, que esperabamos que fose parte integrante do noso club, nos aparece noutro club, que disputa a mesma liga.

Aínda que non sexa de fútbol que estamos a falar, parece ser unha boa “parábola”, sobre o fenómeno que se ten vindo a acentuar, na medida que nos imos adentando o século XXI.

Este inicio, aparentemente clubista, ten moi a ver cos espazos comúns, que cada vez son máis disputados, onde as distintas e distinguidas agremiacións, buscan dominar o mercado a seu belo pracer.

Parece mesmo, que partillan os mesmos intereses, no entanto, a diferenza, se é que existe, se sitúa en que un le da esquerda para a dereita e outro da dereita para a esquerda.

Máis, poderiamos dicir que falta o substrato e sobran as ambicións persoais. É manifesto, por tanto, a falta de coñecementos e sobrando a necesidade aditiva de protagonismo.

Volvamos ao inicio e, concreta e realmente, no que está en cuestión, neste noso texto de hoxe.

Por exemplo, cando se disputan eleccións, sexa para que grao administrativo que sexa (para a local, autonómica ou nacional), as diferenzas son realmente definíbeis, pois están visíbeis no seu plano de marketing.

Unha dereita, e unha esquerda

Parece ser demasiado simplista esta nosa clasificación, no entanto, é realmente neste gran universo, que se “almacenan” os votantes, tomando lugar, na Lúa que lles xurdiu por en fronte e no momento preciso, coa paisaxe que máis lle gustaban de ver (moitas veces funcionan só os intereses económicos, que pensan conseguir, e de aí, a respectiva ubicación).

 Non nos eludamos, pois, todas esas Lúas en que nos imos metendo, non son máis, do que satélites deses dous súper planetas, xirando conforme as súas matrices determinan.

Máis, estes dous grandes astros, tamén xiran de acordo cos intereses supranacionais (esta unha condicionante non menor).

Como podemos concluír, existe unha cadea de extensións, hierárquicas, supostamente separadas, discordantes e até opostas, mais que, na realidade, son matizacións moitas veces, provocadas por lecturas do entorno, erradas ou peor, unicamente de acordo con intereses subrepticios, que podemos considerar, por simplificación, como meramente clubistas.

Non estamos interesados, en entrar en consideracións acerca do planeta das dereitas e, seus respectivos satélites, pois, non é o tema deste presente texto. O que estamos si, é disposto a dar unha mirada de análise, ao planeta das esquerdas e profundizar un pouco, de como se compón o sistema, en cuestión.

Claro que estamos a falar de partidos políticos e, das súas posicións, xa non da Revolución Francesa de 1789 (1), mais si, do día de hoxe (no entanto, é desta Asemblea, que de acordo coa forma como se distribuían o lugar se pode afirmar, que estaban á dereita ou á esquerda).

Por quen se preocupaban os homes da política de entón?

Segundo facían crer, pretendían defender os dereitos as liberdades e obter as garantías dunha vida digna para todos os cidadáns (non se trataba, nin se podía tratar, de representar e loitar polas mellorías, só dos seus votantes, mais si de todos). Iso caracterizaba a democracia.

Así, se acabou por se permitir, mais dunha forma indirecta, que os cidadáns a través do exercicio do voto expresado, en calquera das súas formas (até da abstención), elixiren os seus representantes. É por esa razón que se chaman aos cidadáns, cando van a votar nos comicios – electores (os que elixen, dando dereitos de representación, no entanto, fiscalizábles), independentemente de iren ou non votar, pois, esa calidade como sabemos está descrita na lei.

Por evidente aspecto práctico, se tivo que trasladar, a posibilidade de exercer o poder, de todos, a só uns cantos, e que eses serían os representantes dos electores.

Esta situación, quere soamente dicir que realmente quen debía mandar, era o pobo que elixe, mais como referimos, por protagonismo esencial, tivo que ser así.

Resulta, que moitas veces e, nos parece ser demasiada, que os representantes, exercen o poder a seu belo pracer, non se reportando aos planos programáticos por propostos, antes si ás matizacións que representan os seus intereses persoais, co total ou parcial desrespeito á soberanía popular.

Retomando o fío da meada que desexamos estender, indicabamos que existen entón eses dous planetas, súper importantes e dos cales, decidimos unicamente traballar co planeta das esquerdas.

Este planeta, como non podía deixar de ser, busca meter dentro da súa atmosfera atrativa, a totalidade da masa electoral existente e, non só a que se mostra afecta aos seus planos programáticos.

No “mercado” de electores, se traba unha competición feroz, diría unha guerra, en que nas batallas vale todo, até mentir descaradamente, para que se saquen uns cantos máis votos.

Como debía ser evidente, o tal planeta de esquerdas, debía revelar un substrato intelectual, que programaticamente, fose recoñecibel e o situase, de forma perfectamente visíbel, cal a súa posición no bipartidismo planetario.

No entanto, o que acontece, é que o tal planeta como afirmamos enriba, ten un auténtico séquito de pequenos planetas que xiran á súa volta, non das ideas fundamentais, mais si, con  orbitas deseñadas polas pequenas diferenzas ou frustracións de tempos anteriores ou até presentes, provocadas polo desexo  incontrolado dalgúns, de obter o poder desde ese  patamar, xurdindo un novo satélite cuxa atmosfera é a vinganza  destrutiva, plena de  irracionalidade e falta de lóxica, de calquera anterior  agravio.

Acontece igualmente, un outro fenómeno condicionante, que se trata de lanzar auténticas mensaxes en que se busca, como que transmitir unha noción de herdanza política, dun ou outro partido do pasado, para que se ilusione o auditorio e, se sintan obrigados a entrar, por fidelidade feita esta de tradición.

Outra das habituais  mermas existentes na estrutura destes satélites, ten a ver co que se designa pola reconstrución  organizativa, coa creación dun bloque alternativo social que permita a  reorientación dos novos tipos. Tomemos boa nota do enriba afirmado e, que o “mercado traballador” non é outra cousa, que a clase traballadora, e esta, somos todos nós, pois, somos obreiros de algo, só que as loitas de clases agora teñen que ser  estruturadas de maneira distinta, para obter o mesmo … a dignidade de quen traballa.

Atención, o concepto de dignidade tamén agora é moito máis amplo e abrangente, por iso algo distinto quere en calidade e cantidade do que o era en miados do século pasado.

Así, o que se ten verificado, nestes múltiples satélites do planeta das esquerdas, é que en vez de se implicaren nas cousas esenciais, que permitirían facer a mudanza, con vista a para atinxir patamares de mellor e maior dignidade, se teñen entretendo a se autodestruir.

Non poderemos deixar de referir, que no momento actual, nos parece non existir unha auténtica base de formación política, ou por lo menos esa falta, e é ver que os elixidos están centrados, non nos obxectivos para os cales foron votados, mais si para as pequenas vitorias “pírricas”, sen obxectivos claros.

Hai que parar dunha vez por todas, de mentir sistematicamente, e coas medias verdades, é necesario deixar os ataques persoais, só porque determinado elemento do outro partido ten máis ideas do que o noso e ou máis oportunas.  Hai que buscar máximos comúns aínda que sexan xerais.

Ao final, o que debía acontecer, é que todos eses satélites aportasen realmente algo de positivo e, fosen vehículos de discusión e perfeccionamento programático e de execución práctica.

Que non tivesen “medo” de se afrontar no campo das ideas ao satélite oposto, ou ao próximo, situación que non pasa na actualidade, pois, se tenta destruír uns aos outros, cando como satélites o que debían era sumar e non restar.

Terminamos cunha expresión de esperanza, sincera e desexada, é que dunha vez por todas, os satélites do planeta da esquerda, deben atender que teñen unha débeda común coas poboacións que representan ou pretenden no futuro representar.

Moitas veces, só por torpeza, falta de bo censo, ou por ambos, o que fan é entregar o poder ao planeta da dereita, cando ese é que realmente o inimigo.

Por iso, o que se pretende con este texto, é indicar, que necesitamos de que todos os satélites dese planeta da esquerda, o consigan de verdade construír, como un sistema único de esquerdas, cousa só posíbel coa unión de todos os satélites desa orbita.

Así, só nos unindo para o ben da maioría da poboación, seremos útiles e teremos razón de existir, como esquerda.

Notas:

(1)        – A Revolución Francesa, decorreu durante o goberno de Luís XVI, como rei, se implantou a 5 de maio de 1789 e terminou a 9 de novembro de 1799.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.