Terceira Gran Guerra Mundial

Por Jose Vieira

Parece, que estamos nun momento, en que os efectos físicos visíbeis da pandemia, están nunha aparente tregua.

Se habitamos o hemisferio norte do planeta Terra, e se pertencemos ao chamado primeiro Mundo, o que enriba referimos, non é só unha ilusión, é o resultado dun combate, levado até a altura polas habituais forzas da orde do planeta.

Non debe ser estraño, dicir que foron as forzas da orde, as que levaron as rendas desta Terceira Gran Guerra Mundial.

Paremos un pouco, para analizar as razóns  onde partimos.

O século pasado, o XX, verificamos que se deron dous grandes conflitos militares, denominados de Grandes Guerras Mundiais, pois, dato a súa extensión, o tempo e espazo, tiveron a implicación de moitos países, e se desenvolveron para alén dun só continente.

Igualmente, queremos recordar, que eses conflitos, trouxeron a morte e a miseria a millóns de cidadáns sen calquera culpa intrínseca, que non sexa, a de naceren no sitio e na data equivocada.

En calquera destas Grandes Guerras, quere antes quere despois, se instalou a incerteza de como se iría a recuperar o Mundo, o día despois, e sobre todo, como sería o futuro, tanto a curto como a largo prazo.

Unha das características que podemos retirar destes dous grandes conflitos mundiais, é que realmente se estenderon por varios continentes, no entanto, houben, en ambos os casos, amplas zonas xeográficas, que non sufriron destrucións directas de carácter bélico.

Foron sobre todo, poboacións deses países belixerantes e, que foron expedicionarios que, no entanto, os seus territorios de orixe, xamais foron alcanzados pola crueza das destrucións dos bombardeamentos.

Nestes dous conflitos, se pode dicir que houberon gañadores e perdedores, que en ambos os casos tiveron os seus territorios sortes distinguidas.

Así, houben gañadores que nunca o seu territorio foi tocado pola guerra, mentres outros, igualmente gañadores, sufriron a inclemencia das guerras.

Por outro lado, os non gañadores, en ambos os casos, foron meramente só perdedores.

Por outro lado, sempre despois dos grandes conflitos, xurdiron grandes correntes, socio económicas, que promoveron igualmente cambios, estruturais nas economías mundiais.

Tamén é coñecido, que as guerras serven sempre, ao señor deus do diñeiro e poder. Así, coas guerras hai a destrución e pronto a reconstrución.  O negocio comeza cos equipamentos de destrución e se  serra o círculo, cos lucros da reconstrución. “O chamado negocio redondo”.

É o momento, de recordar as correntes, que se tornaron preeminentes, na busca de solucións para as crises, que sobraron das guerras en cuestión.

Referiremos, en primeiro lugar, a corrente, que para nós, representou unha solución imorredoura e, resolutiva, até ben entrados os anos 70 do século pasado, ou sexa, a que ten como cabeza visíbel, a John Maynard Keynes e Marshal (non o xeneral americano). As coordenadas das súas políticas, tiveron un efecto xeral para todos, non exclúente, baseada nunha forte e oportuna inversión estatal, como é, por exemplo, o famoso programa do New Deal (Programa que apadriñou Roosevelt e, quen o puxo en marcha e aplicou, foi o Henry Truman, ambos sucesivos Presidentes dos Estados Unidos da América). O primeiro durante a Segunda Guerra Mundial e o segundo a cerrou, aplicando e desenvolvido as medidas enriba referidas.

A outra corrente, que infelizmente ten sido a que nos ten conducido, é a imposta polos poderosos, os chamados “Amos do Mundo”. Estes seguen a chamada escola austríaca, con Milton Friedman e, en particular, a súa escola denominada de Chicago (os chamados Chicago Boys), acollida na cidade do mesmo nome, onde foi profesor.

Esta última, é a responsábel pola intervención militar do xeneral Pinochet, no Chile, co apoio dos Estados Unidos da América do Norte co Secretario de Estado Henry  Kissinger (un alemán de orixe xudía, ex-oficial do exército de  Hitler, que emigrou para a América do Norte no inicio da Guerra, e que posteriormente se  nacionalizou americano). Esta intervención dos neoliberalistas, con apoio da CIA, resultou en miles de vítimas chilenas e miles de desaparecidos. Foi un experimento ao vivo, no mundo real, sen calquera consideración de carácter ético e moral.

Esta corrente neoliberal, ten sido a orientación, socioeconómica, seguida polos poderosos, desde a chegada ao poder de Donald Reagan e Margareth Thatcher, na América e Reino Unido respectivamente (final de anos setenta e inicio dos oitenta do século pasado), o que ten tido como resultado, conducir a humanidade a maior desigualdade social, xamais imaxinada e a concentración da riqueza mundial en pouco máis do 2% da poboación.

Falamos do neoliberalismo caníbal, que nos ten dominado e, que os poderosos impoñen, como camiño a seguir, até a derrocada final da dignidade humana.

Por outro lado, as políticas introducidas polos keynesianos, viñeron a dar a posibilidades, a que unha gran parte das poboacións, dos países belixerantes, puidesen vir a ter perspectivas de poder vislumbrar un mellor futuro.

Sempre temos seguido con atención os camiños trillados polos chamados países vixías do mundo (por exemplo os Estados Unidos). E non temos dúbidas en afirmar, que estes ten seguido as políticas neoliberais, máis ortodoxas, para que se poidan continuar a vender armas e a obter as materias primas para as súas industrias de forma exhaustiva, cos prezos que pactan á baixo, deixando os países dominados, no maior subdesenvolvimento, socioeconómico, posíbel.

Seguiron na senda das guerras xeolocalizadas, fóra dos seus territorios, para de aí obteren os súper beneficios económicos, à custa da opresión e da destrución das posibilidades deses territorios se auto desenvolveren.

Esta ten sido a política dos Estados Unidos da América do Norte e os seus socios, desde o final dos anos 70 do século pasado, conforme referimos.

Queremos, deixar desde xa, que a globalización de que tanto se ten falado, non é unha das responsábeis deses conflitos limitados no espazo e lonxe do territorio americano, como convén. Nada de guerras a porta de casa.

Tamén teñen desenvolvido, medidas represivas e desaxustadas á emigración latina, levantando barreiras a súa entrada no territorio da América do Norte.

No entanto, os grandes xefes americanos e seus socios, saben que coa globalización e, coa proliferación de armas nucleares (grosso modo), xa non pode haber, nin haberá, xamais grandes conflitos limitados no espazo, desde que sexan, con varios intervenientes e, estes sexan posuidores desas armas.

Así, que o século XXI, trouxen entre outras cousas, á consciencia colectiva, que unha terceira guerra mundial, a acontecer, non deixaría ningún país fóra do conflito. O que significa que ningún dos seus territorios, estaría inmune aos ataques dos varios contrincantes, como antes.

Este traxe, o saben moito ben os grandes xefes do Mundo en que vivimos e, por iso, se ten vindo a entreter con asuntos de carácter de repartición de intereses comerciais e, a descorar o grande para non dicir o máis importante problema global, para a continuación da vida no noso planeta, ou sexa, da preservación do Medio Ambiente.

Así, imos soamente enumerar dous, encontros recentes, de entre os moitos se ten efectuado a nivel mundial, para se atallar os problemas da deterioración do Medio Ambiente e, todos con resultados ou irrelevantes ou por polo menos, pouco efectivos.

Recordamos, sobre todo estes dous máis recentes e, que son celebres polos chistes pasados nesas Convencións, mais, principalmente pola letra morta polo menos parcialmente.

Se trata da XXI Conferencia das partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, de París efectuada entre o 30 de novembro e 11 de decembro dese ano. E o posterior encontro desta vez, en Nova York, convocada polo portugués, António Guterres, Secretario Xeneral das Nacións Unidas, o pasado ano de 2019, cuxo resultado foi un pouco mellor, pois houben máis compromiso por parte dos presentes. No entanto, non podemos deixar de resaltar que a Unión Europea, unha vez máis, primou pola ausencia dunha política común.  De Unión cero.

Deforestación, quecemento global, emisións criminais e, todo o máis, teñen tido, unha resposta a nivel mundial, pouco máis que disruptiva, inconsecuente e sen un certo plano de actuación en que realmente se teñan que asumir, de forma coercitiva, para os emisores, prevaricadores, tomen un rumbo non criminal, como até agora. O que se fai, son meras accións, a que chaman disuasoras, mais, que fan recordar o xogo do monopolio (diversión e nada máis).

Non hai calquera dúbida e, se pode estabelecer unha relación entre esta pandemia e, a destrución do Medio ambiente. Así como, a esta pandemia, se van suceder outras e, a súa frecuencia, se irá acurtar cada vez máis.  Esta situación de descalabro en crecente, non é máis, do que o resultado da cobiza dos máis poderosos na medida, da súa insaciábel busca, de seus beneficios, desprezando as condicións de existencia do entorno Medioambiental.

Esta destrución do Medio Ambiente, como enriba referimos, ten provocado a eliminación dos “habitas” de moitos seres vivos, non humanos, que como desgraciadamente sabemos, son portadores de moitas enfermidades, até agora descoñecidas para os humanos, sendo posíbeis causas, desta e outras seguintes pandemias.

“Esta pandemia era inevitábel”, xa non podemos dicir o mesmo sobre a súa magnitude e, no dano socioeconómico causado, así como os sufrimentos inculcados nos humanos.

Basta reparar que todos os días os gobernos ten seguido, día atrás día, os recortes nos recursos sanitarios, de acordo, coas determinacións dos poderosos, que seguen as instrucións dos seus ideólogos económicos da escola neoliberal.

As consecuencias, deste desarme intencional, dos equipamentos sanitarios, e dos medios para o seu desenvolvemento, provocado polos recortes orzamentarios, impostos polos poderosos “Amos do Mundo” foron as causas próximas desta hecatombe mundial (recórdese a falta, por exemplo, de máscaras, a danza sen música das distinguidas vacinas, os aparatos de osíxeno, a distribución, o almacenamento criminal de stocks, etc.).

Foron recortadas as estruturas de apoio aos diminuídos físicos, o mantemento das residencias de maiores, os hospitais saqueados pola os intereses privados e, todo o que eran servizos de atención aos dependentes trasladados para empresas privadas, con animo de lucro, todo isto polos gobernos neoliberalistas, por orde dos seus patrocinadores, os “Amos do Mundo”.

Os servizos públicos, deben ser realmente unha obriga, de todos os gobernos, expresadas en todas as leis fundamentais dos seus países (Constitucións), pois, os seus cidadáns, polo simple traxe do seren, teñen dereito a súa prestación libre e alodial e, os gobernos a obriga dos prestar. No entanto, estes seguen o dogma de que “canto menos Estado mellor”, do  credo  neoliberal, de que todo o que sexan servizos públicos, debe ser entregado aos negocios privados de seus “patróns”.

Senón vexamos, o problema das vacinas, por nós xa anteriormente focado, é outro exemplo, cabal do saqueo, dos dereitos das poboacións, a custa do desamparo dos cidadáns, cuxo único fin é servir os intereses neoliberais. (Recordamos o noso texto sobre o negocio das patentes e, súa desmistificación).

Falamos agora, dunha Alianza Mundial para as Vacinas e a Inmunización (en siglas a GAVI) e a Coalición para as Innovacións en Preparación para Epidemias (en siglas CEPI) e a Organización Mundial da Saúde, un organismo xa por nós referido, en anterior texto sobre as patentes e, que formaron, outro organismo mundial, designado por COVAX.

Este organismo, cuxas siglas significan en inglés Vaccines Global Access (COVAX) e, que se pode traducir como Fondo de Acceso Global para Vacinas Covid 19, está impulsado por 190 países.

Refiren nos seus fundamentos, que foron estruturados por tres piares, na súa construción a Organización Mundial da Saúde, a Comisión Europea e Francia.

Destes tres piares, temos coñecemento do esforzo da Organización Mundial de Saúde, que non ten os medios financeiros para exercer o seu labor de forma convenientemente (o último atentado á súa solvencia, foi a retirada da cota que pagaba os Estados Unidos da América, por  Trump), por unha Comisión Europea, que é mellor non falar, pois, son demasiados os erros cometidos na pseudo xestión común da pandemia.

Resta, no entanto, como último piar a Francia, que algo ten feito, no entanto, a Unión Europea, á que pertence, non a ten apoiado suficientemente, dado os desencontros, dos seus distinguidos intereses, demasiado patentes, dentro da “desunión” Europea (exemplo os negocios coas farmacéuticas).

Tamén queremos esclarecer que, dos 190 países desta organización COVAX, existen os países que se autofinanciam, para a compra das vacinas (uns 96) e, outros que teñen que ser financiados (104) e, é evidente, que de aí teñen xurdido diferenzas, fantasmagóricas no tratamento secuencial, da distribución e utilización das vacinas e, como tal, o ataque â pandemia e súas respectivas consecuencias.

Non sería máis esclarecedor, que informar que o peso da poboación menos protexida, é maior parte da poboación mundial, pois, non só non se pode autofinanciar, como as súas estruturas sanitarias son ou incipientes ou practicamente inexistentes, o que agrava de forma dramática a loita contra a pandemia.

Como punto de reflexión, queremos deixar ben claro, que o hemisferio norte, do planeta, se está aproximando da inmunidade de “rabaño”, os tales 70 % de vacinados, coas doses necesarias, de acordo co tipo de vacina utilizado, mentres a gran maioría da poboación do chamado terceiro mundo, non atinxe sequera a cifra dos 18 %.

Estamos, a 19 de xuño do ano segundo, da Terceira Gran Guerra Mundial, esta si, é realmente mundial, no certo sentido literal da palabra e, en que se estabeleceu de forma interesadamente, unha división notoria e, evidente, de separación entre países ricos e pobres.

Como non podía deixar de ser, dentro da ideoloxía neoliberal, as primeiras grandes consecuencias económico/financeiras, desta Terceira gran Guerra Mundial, foi o incremento desorbitado, no aumento de “riqueza” dos máis poderosos e, un constante e continúo, empobrecemento da restante poboación.

Con isto, o que queremos dicir, é que ao sistema de calamidades mundiais, como as guerras tradicionais de bandos afrontados, xurdiu o ano pasado, un novo modelo de guerra, que aparentemente non se esperaba, mais que, no entanto, se temía, que algunha vez viñese a xurdir.

Esperamos, ver canto tempo vai durar esta gran Guerra Mundial e, cales as certas secuelas que van a ficar, como consecuencias e, do xogo de intereses do pouco máis do 2% da poboación, así como cal é o futuro próximo, a medio e largo prazo, que nos agarda.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.