A NATO, coa imposición dos USA e seus socios, fixeron un cerco ao Estado ruso, como levantando unha muralla de aceiro ao seu redor.
Por Jose Vieira | 17/03/2025
Co desfacer da Segunda gran Guerra Mundial, o sexa despois do armisticio imposto polos Aliados, mais enténdase que xa estes eran liderados polos americanos, como se pode intuír dende a conferencia de Yalta, levada a efecto entre os días 4 e 11 de febreiro, en que se acordou as condicións de rendición dos países derrotados, antes do armisticio.
Desde aí, se comezaron a estabelecer as estratexias, que levarían á creación dos dous bloques, que separarían para sempre os aliados occidentais dos compoñentes do conxunto de socios comunistas, dado os distinguidos intereses de ambos os bloques.
Comezouse a definir o que desde sempre estivo, máis ou menos, na cabeza dos distinguidos líderes da coalición contra o chamado eixe fascista/nazi/nipón. Por un lado, Roosevelt con Churchill e polo outro Stalin.
Comezou a deseñar, por iniciativa do bloque liderado polos americanos, unha estrutura militar, que puidese facer fronte, a unha eventual tentativa dos elementos ligados ao bloque da entón Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), non fose esta se pretender expandir para oeste, avanzando, na conquista de países do Occidente, que antes foran anexados polos nazis alemáns.
Así en 1949 a 4 de abril, polo tratado de Washington, é fundada a NATO, cos seguintes países, Bélxica, Canadá, Estados Unidos da América do Norte, Portugal, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Reino Unido.
Como reacción a este bloque militar, os comunistas rusos fundaron en 1955 a 14 de maio o Pacto de Varsovia, que integraba os seguintes países, URSS, Albania, Alemaña Oriental, Bulgaria, Checoslovaquia, Hungría, Polonia e Romanía.
Ficara de fóra a Iugoslavia, pois, o Mariscal Tito, declarouse independente, ou sexa, non aliñado. Antes de entrarmos en maiores consideracións, o Pacto de Varsovia, extinguiuse coa caída da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, o día 1 de xullo de 1991.
Queremos recordar, que dende esa altura, deixou de ter calquera tipo de necesidade a existencia da NATO (ou OTAN), dado que deixou de existir ese bloque coa presunta desconfianza dos americanos do seu desexo de expansión imperialista para o Occidente.
Así e podemos dende xa indicar, que o tratado da NAATO, en vez de se quedar estancado ou mesmo desmobilizado como debía ser o caso, non foi así.
E desde esa altura, verificase que deixaba de ter sentido e utilidade, polo menos para os fins para que fora creado a referida organización bélica, designada como enriba indicamos como OTAN/OTAN.
No entanto e, a pesar da súa non xustificación, dada xa a inexistencia do bloque militar do Pacto de Varsovia, previamente extinguido, esta foise expandido, en número de países adherente (á forza da presión dos Estados Unidos da América do Norte), así como en número e importancia de instalacións, así como de cantidade e calidade mortífera dos equipamentos con que estaba e está a ser dotada.
Por iso, hoxe vemos que esta organización de ataque militar, que inicialmente fora creada por 12 membros enriba xa descritos, expandiuse en número e en cantidade e calidade de armamento, sendo na actualidade composta por 32 países. O número e o tamaño e operacionalidade das actuais bases, encontrase como se estiveramos en estado de guerra, no presente momento.
O curioso, e inacreditábel, é que a pesar de acabar o Pacto de Varsovia e, de ter a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), acabar e a Rusia se ter tornado en máis un estado capitalista liberal, a NATO, coa imposición dos USA e seus socios, fixeron un cerco ao Estado ruso, como levantando unha muralla de aceiro ao seu redor.
Temos que recordar que con anterioridade á invasión da Ucraína pola Rusia, os Estados Unidos da América do Norte, como vén sendo habitual, fixeron un sanguento golpe de estado na Ucraína, dirixido pola súa Secretaria de Relacións Exteriores e co seu embaixador, depondo de forma sanguenta o presidente democraticamente elixido da Ucraína, que era pro-ruso, para pór en seu lugar un “títere” dos americanos, que pronto deu pasaxe ao actual home dos americanos, o señor Zelensky.
Como o voitre Estados Unidos se fixo co negocio, lanzando a Europa nunha profunda crise e en inflación.
Todos sabemos, que os americanos determinaron sancións económicas aos rusos, para non permitir o libre comercio entre estes e a Europa, impondo a esta Unión Europea, a compra de todo o que necesitase, unicamente coa intermediación dos mesmos “altruístas americanos”, para que estes puidesen que gañar as respectivas comisións e, máis os “plus”, que puñan nos prezos dos produtos agora fornecidos.
Mais mesmo así, os “Yanquies”, verificaron que podían ir moito máis lonxe, e polas súas catro maiores empresas mundiais de armamento a traballar en pleno e a até a contratar fóra, das súas propias instalacións como están a facer neste momento, impondo o aumento de gasto en armamento, aos seus 32 socios da OTAN/OTAN.
Estabeleceron un negocio redondo, os demócratas de Joe Biden, que por certo impuxeron que todos os seus compañeiros de bando, aumentasen substancialmente os gasto en compras de equipamentos bélicos.
Non imos dar a lista das imposicións, pois tratase dunha larga táboa en que se impón unhas porcentaxes que se acercan en xeral a los 2,2%
sobre os respectivos PIB dos países máis pequenos e do maiores se acercan aos 5% do PIB, nos maiores.
No entanto, non podemos deixar de indicar, que na actualidade, e xa co novo presidente dos Estados Unidos, o señor Trump, a distribución dos fornecementos de material de Guerra é a seguinte, na actualidade:
Estados Unidos ………………………. 64%
Francia……………………………………. 6,5%
Corea do Sur……………………………6,5%
Alemaña…………………………………. 4,7%
Outros…………………………………….. 18,3%
Negocio más que redondo en las armas, de aí o seu interese en manter a OTAN/OTAN, sen haber calquera xustificación para a súa existencia.
Para dar unha idea de como os Estados Unidos da América do Norte, creceron en vendas de Material de Guerra, en 6 anos, ou sexa, de 2019 até ao presente, é que antes a prezos de hoxe, só representaban 52% os seus fornecementos.
A razón do incremento hai sido a necesidade dos americanos equilibraren a súa economía en inmensas dificultades desde entón e, como sempre a custa de empobrecer a Europa.
Máis palabras non son necesarias para situar o pai tirano.
Se el primero en comentar