Temos que nos desintoxicar

Non deixaremos de alertar que Bruxelas, o que pretende é “previr en vez de reaccionar”, ao prohibir sustancias perigosas nos produtos de consumo. 

Por Jose Vieira

Comezaremos este texto, por especificar o significado do termo intoxicar, para de seguida podermos facer o seu encadramento, de acordo co tema que desexamos desenvolver.

Temos que filoloxicamente a orixe do termo intoxicación se encontra no latín. Resultando da conxugación de tres compoñentes léxicos, a saber: prefixo “in” que significa estar dentro, da palabra “toxicum”, que se pode traducir como “velenoso” e polo sufixo “ cion”, que se pode traducir como acción ou efecto.

Por outro lado, nos socorremos dun concepto o máis común posíbel, e así temos que intoxicar, se pode definir, como “unha reacción fisiolóxica causada por un veleno, o pola acción dunha sustancia que provoca un mal estado. Esta sustancia se pode introducir, a través dos pulmóns, da pel ou visualmente”.

Como se intoxica unha persoa, o sexa como é ese proceso:

A través da introdución dunha sustancia tóxica no organismo. Estas poden ocorrer por medicamentos, por sustancias químicas ou por manipulacións.

De aí que podemos estabelecer, desde xa os seguintes tipos:

A – Ser intoxicado por sustancia velenosa ou maletas.

B – Se manipulado por informacións preparadas para crear estados de espírito de acordo con algún fin, non necesariamente mas.

C – O manipular información para desenvolver estados de espírito nocivos ao ser humano.

Como se intoxica unha persoa, o sexa como é ese proceso:

A través da introdución dunha sustancia tóxica no organismo. Estas poden ocorrer por medicamentos, por sustancias químicas ou por manipulacións.

Se trata de determinados estímulos, que poden ser propios ou endóxenos ou na maioría dos casos exóxenos.

Como somos invadidos por eses estímulos?

1) Por educación, por exemplo, dos proxenitores.

2) Por influencia de grupos do noso entorno.

3) Pola nosa propia experiencia e a carga que transportamos emocional.

4) Por inxestión, inxección.

Deixaremos para un outro texto, a chamada intoxicación psicolóxica e política (sobre todo a manipulación informativa), pois, se trata dunha das mais nocivas formas de atentar contra a liberdade, de cada un dos seres humanos, que habitamos este planeta.

Regresemos ao motivo que nos motivou este texto, pois, realmente parece ser grave a situación e, non vemos, moitas accións para a súa reversión.

Así, temos constancia da invasión de centenares, para non esaxerar, de invasión por penetración no noso espazo, de sustancias químicas sintéticas. Máis, queremos recordar que as nosas dúas xeracións anteriores, non tiveran contacto con esas sustancias, se encontraban eximes de tal invasión.

No momento actual, estamos constante e continuamente a absorber esas sustancias, a través de produtos de limpeza, da nosa alimentación (con respecto a aditivos), nas embalaxes dos produtos alimentares, bebidas, vestiario, cosméticos produtos pediátricos e un sen fin de produtos.

A Comisión Europea, aprobou este 25 de abril, un “Guión de Restricións”, sobre este mesmo asunto, o que mostra que comeza a estar sensíbel ao problema que nos motiva. Neste “guión”, se pretende eliminar cerca de 12.000 sustancias, de forma progresiva, mais con límite en 2030.

Podemos avanzar algunhas das sustancias, como por exemplo, bisfenóis, ftalatos, PVC, ou os chamados “contaminantes eternos” (en siglas PFA), mutaxénicos e desreguladores endócrinas en humanos, contaminación dos acuíferos, do ar e claro aos nosos alimentos.

Non podemos esquecer en termos económicos, que até aquí, as empresas teñen tido toda as liberdades, para faceren realmente todo o que queren, desde que iso lles poida traer beneficios extra.

Así como nos informa o European Environmental Bureau (en siglas EEB), que é a maior rede europea de organizacións ambientalistas, ao indicar que “agora, as empresas, terán que probar que os químicos que usan non son perigosos”. Se trata dun cambio de actitude.

No entanto, non podemos deixar de ter a case certeza, de que entre o lexislar e o cumprir, vai un largo camiño, que moitas veces presenta matices pouco claros.

Non deixaremos de alertar que Bruxelas, o que pretende é “previr en vez de reaccionar”, ao prohibir sustancias perigosas nos produtos de consumo. E non podemos esquecer, que estas propostas de eliminación e restricións, van ter que pasar por un auténtico calvario de comisións científicas de avaliación dos riscos e, como non avaliación socio económica, todo isto antes da aprobación final.

Para termos unha idea da complexidade, que está a condicionar esta tentativa de desintoxicar os europeos, basta referir algúns datos, como segue:

Existen máis de 190 millóns de sustancias químicas sintéticas rexistradas, de forma global e máis de 200 mil, son usadas na Unión Europea.

Que as vendas globais de produtos químicos, máis que duplicaron en 17 anos e se proxectan que volverán a duplicar desde agora até 2030.

Cerca de tres cuartos dos produtos químicos producidos na Europa, son perigosos.

Mesmo así, entre 2009 e este ano 2022, a Unión Europea, prohibiu 1775 sustancias químicas, que antes eran usadas en xogos para nenos. Que prohibiron 1680 destes produtos en cosméticos e mesmo eliminaron 323.

Para ter unha idea da súa proliferación, basta indicar que, en cada 1,4 segundos, se descobre un novo produto químico sintético e, máis, son producidos na Europa.

Terminamos, indicando que compite a Axencia Europea de Químicos (en siglas ECHA), a eliminación ou restrición das sustancias perigosas, en articulación cos Estados membros e que deberá ser incorporado no Regulamento de Rexistro Avaliación Autorización e Restrición de Sustancias Químicas até 2024 (en siglas REACH).

Como podemos concluír, estamos a ser vítimas da explotación desapiedada das empresas, que só buscan obter lucros e que estes sexan cada vez maiores.

Por certo, esperamos que a ambición desapiedada poida vir a ser trabada, mentres, debemos ler con atención as etiquetas dos alimentos que comemos, para evitar o máis posíbel sermos tamén vítimas voluntarias.

É urxente ser responsábel connosco propios.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.