No Picture
Artículos

Vigo será industrial ou non será

Os dous principais alicerces industriais da bisbarra, a construción naval e a automoción, atravesan hoxe momentos críticos. No naval vigués, outrora potencia internacional e que chegou a ter 10 mil postos de traballo, hoxe traballan menos de 2 mil persoas. O centenario estaleiro Vulcano semella abocado a un inminente peche e pairan serias dúbidas sobre o futuro de Barreras.