inspirada na novela de Arto Paasilinna O bosque dos raposos aforcados, interpretada e recreada -ao meu ver con grande acerto- polo autor de banda deseñada Nicolas Dummontheuil e en tradución ao galego a cargo de Sergio Gómez Blanco.
Ela fora deportada a Auschwitz-Birkenau en 1943, como integrante da Resistencia francesa, a carón de 230 mulleres das que tan só lograrían sobrevivir 49.
nace un libro honesto e sincero, articulado como unha revisión emocional -e dalgún xeito familiar, tribal e histórica- aos territorios da súa infancia e da súa adolescencia.
Do Castelo do Penço ao café De Catro a Catro, da folga do 72 aos capítulos centrados na Guerra Civil, do Bou Eva a Chano Piñeiro, de Lugrís ás mulleres de Álvarez, de Gómez Román a Enrique Heraclio Botana.
O escritor colleita anacos de vidro e de memoria cos que espella esta nosa «terra de ninguén» alimentada co «protesto dos mortos» e co «éxodo en celo»; ese mar de nós que singran «balsas de almas retorneadas»; esa «lingua toupa» que voa.
O foco de interese que dalgún xeito se sitúa tamén no albo para reconstruír o territorio da Coruña máis traballadora e obreira no período que vai do ano 1977 ao 1979 aproximadamente.
A novela convídanos a tocar as “cicatrices invisibles”, rescata historias silandeiras e silenciadas e ten a rara habilidade de permitir que sintamos na pel o tormento que sofren os “espectadores atormentados do mundo”.