Galiza

Un peixe e unha culler

Neste ano duro houbo tempo tamén para a vitoria. Para as pequenas fazañas e as fazañas grandes. Para novas xornadas contra a impunidade, para novas querelas de familias galegas, para lembrarte en San Simón, e para unha sentenza histórica en Meirás. Claro que chegaron os de sempre e quixeron tombala, mais tiramos de culler e seguimos cavando, coma facías ti, aos poucos, para lograr atopar algo de luz no túnel inmenso que aínda nos separa da verdadeira democracia, a que garanta a verdade, a xustiza e a reparación para todas as vítimas do franquismo.

No Picture
Artículos

Restos

O mesmo día en que o ditador era exhumado, unha navieira viguesa, co beneplácito da Xunta de Galicia, anunciaba a celebración dunha festa do Samaín na illa de San Simón, nunha nova burla ás persoas que estiveron alí encerradas e ás súas familias.