Galiza

Chato Galante, tecedor de redes de Memoria na Galiza

Chato supuxo unha inxección de forza non só para min como deputada, senón para todo o movemento memorialista galego. Sempre instaba á acción e por iso se activaron na Galiza as querelas arxentinas que hai poucos meses se formalizaron por parte das familias Bóveda, Paz e Andrade. Podemos dicir que el foi o seu xermolo inicial e que el foi tamén o que teceu as redes para unir aínda máis e impulsar a todas as xentes galegas que traballaban na memoria.