
Impedir un novo saqueo
A plataforma, que engloba a asociacións memorialísticas de todo o país, denuncia o cariz franquista desta nova sentenza da sección número 3 da Audiencia Provincial da Coruña que, seguindo a pauta da emitida en febreiro, converte ao saqueador en vítima e criminaliza o Estado por recuperar bens que, como quedou documental e xudicialmente avalado, foron obtidos de xeito fraudulento e na situación de terrorismo institucional que supuxo o franquismo.