Galiza

“Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez Rodal

No libro deséñase con transparencia a atmosfera social dunha vila como Cangas antes e despois da guerra, isto é, a miseria e a pobreza á que estaba condenada a clase traballadora, a solidariedade que existía entre ela e o traballo político que se levou a cabo desde as forzas da esquerda, sen esquecer nin as diferenzas sociais existentes nin tampocuo a represión e persecución exercida, de maneira implacable, contra tantas persoas que resultaron asasinadas e, no mellor dos casos, coa vida truncada para sempre.