
Entrevista a Jose Vieira (2ªparte): «a organización estaba tan ben feita que non foi preciso nin morrer, nin matar»
Imaxinen que están dentro dun coche, coa pistola encima dos xeonllos, e non sabe se vai morrer ou se vai matar, porque non tiñamos outra alternativa: ou morres, ou matas. Pois a organización estaba tan ben feita que non foi preciso nin morrer, nin matar, esa é unha das grande figuras que podemos, na Revolución do 25 de abril, mostrar ó mundo. Tivemos unha Revolución na que non houbo mortos, nin houbo feridos, nin houbo necesidade de dar tiros. Porque nos fixemos o que o pobo quería.