Por Daniel Seixo
Quixese poder saír a correr sen mirar atrás,
non contar os meus pasos
nin sentir os meus medos.
Quixese ser tola,
libre e decidida.
Sen medo a pagar coa minha vida semelhante ousadía .
Quixese que os meus seos puidesen sentir o sol
sen sentirme unha puta.
Gozar do meu sexo
o teu sexo,
sen explicacións
nin ningún tipo de presión da sociedade.
Quixese non botar de menos a tantas e tantas companheiras asasinadas,
non temer ás estatísticas
nin ter que suplicar nunca pola minha vida na rúa.
Quixese que o fin aprendésedes a ser homes
e non machos,
para asi poder chegar a ser mulheres libres
e non mortas.
Se el primero en comentar