Por Jose Vieira
Segundo unha noticia, vinda ao dominio público o día 6 de xuño de 2021, parece ser que os ministros das finanzas do grupo G7 acordaron impor unha taxa duns 15%, sobre as actividades realizadas no estranxeiro, ás empresas multinacionais.
Unha primeira lectura, da referida informa, nos deixou algo estupefactos, pois a idea deses señores, conseguiren chegar a un acordo, de crear unha taxa fixa impositiva, para que as referidas empresas multinacionais, parece un conto de fadas, dato o inacreditabel da situación.
Logo nos aparece a dúbida e nos cuestionamos:
Que está por detrás desta noticia bomba?
Como sabemos e, antes de nos entrañarmos máis no asunto, eses señores, que son ministros das finanzas do G7, non son outra cousa que elementos en tránsito, con vista a preparar e dar garantía aos intereses desas mesmas multinacionais (e, como en tránsito, queremos referir, que agardan as respectivas portas xiratorias, pronto ten que haber algunha trampa escondida, pois eses señores xamais deixarán de mimar ou prexudicar aos seus donos).
Comecemos por analizar os referidos impostos, que aparentemente van ser acordados e, verificamos un horizonte longínquo, ou sexa, se depara un longo e tortuoso camiño, que terán que percorrer, até que, dalgunha forma, poidan ser postos ao servizo da comunidade internacional.
Xorde nova dúbida, que se pode expresar da seguinte maneira:
Cales as limitacións que se deparan no seu camiño, até que poidan ser algo reais?
Unha aparente, limitación desde xa, parece ter a ver, coa indicación de só seren afectados, os negocios efectuados noutros estados, ou sexa, no estranxeiro.
Como non podía deixar de ser, estas “bombas” (impostos ás grandes empresas dos ricos e poderosos), acostuman ter e, esta as ten, máis que calquera outra, trampas asociadas, cargadas de limitacións inmediatas e, se non, vexamos:
Para se tornar este anuncio, algo que poda ser debidamente operacional, segundo os propios intervenientes, o respectivo acordo, para ser válido, aínda ten que pasar, pola obriga, de ser ampliado o consenso, aos outros países da OCDE, pois, segundo estes, existen países que ao non pertenceren ao G7, se quedarían en situación, de aparente vantaxe en relación, aos sete primeiros.
Imos transcribir “ipsis verbis” e, coa debida venia, o texto, segundo o que as axencias de noticias, forneceron aos seus clientes, os medios de comunicación, as cuestións, as razóns, as preguntas e respostas, que esclarecen como, se obtiveron os tales acordos:
(Nota: a parte traducida é de nosa enteira reponsabilidade)
- A) Quen promoveu este encontro de ministros das finanzas do G7?
Resposta “A Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (en siglas OCDE)”. O acordo se xestou entre o G7 e, como non podía deixar de ser, agora debe ser tamén aceptado polo G20 e, os restantes países. (falamos de máis 180) ou sexa, de toda a OCDE.
- B) Causas próximas para este pre-acordo:
Resposta“As causas próximas, foron a noso ver, a crise económica en que xa estaban emerxidos, as principais economías e, reforzada pola pandemia”. No entanto, no documento en cuestión, só refiren a pandemia, e as necesidades de ingresos dos Estados Unidos da América do Norte e da Unión Europea. (Non podemos deixar de referir que dous países que abertamente se mostraron encontran deste cambio de posición tributaria, desde xa foron a HOLANDA e a IRLANDA).
A noso ver nada que non estivese, dentro das previsións, pois, ambos teñen vivido, sempre á custa de seren auténticos paraísos fiscais, coa conivencia da dirección da Unión Europea e, como non, da propia OCDE.
Nada se di, acerca dos desdobramentos e, sucesivas cadeas de filiais, das multinacionais nos habituais paraísos fiscais, caribeños (recordar, que os maiores beneficiarios deses paraísos fiscais, son precisamente os Estados Unidos da América do Norte.
- C) É neste apartado, que os acordos son especialmente lasos, conforme o texto que transcríbemos a seguir:
“Os gobernos continuaron a dar as taxas estabelecidas, ás empresas, no entanto, os países de orixe das respectivas compañías, poderán aumentar os seus impostos (enténdase as tales empresas) co mínimo do 15%”.
Algo como mínimo incomprensíbel. O que segundo os ministros das G7, deixará de ser estimulante e atractivo saír para os paraísos fiscais. Como eses señores ministros, non son inxenuos, o que pensamos, é que están abrindo unha formidábel avenida de fugas consentidas.
- D) “Parece que os países, se comprometen a aplicar un Imposto do tipo do español de Imposto de Sociedades (I.S.), cun mínimo global do 15%, o que, segundo o acordo en cuestión, para que non poda haber fugas entre países (e, non refire en ningún momento as subvencións que poden ofrecer os gobernos neoliberalistas), para eliminar as actuacións do Estado, e debendo respectar, que:
estas medidas só afecta as empresas con polo menos 10% de beneficios sobre as vendas.
Perante este panorama de boas prácticas, recomendamos, desde xa, que unha das profesións de futuro neste contexto, será a de contable, experto en manipular as contabilidades oficiais.
Será unha especialidade, xa moi desenvolvida, na actualidade, sobre todo cando se fala de contabilidades en “B”. Existen, inclusive partidos políticos en España que promoven cursos intensivos para os seus dirixentes, sobre tal estraña materia científica.
Gustariamos de saber, por exemplo, como se determinaría a localización das multinacionais, se é onde ten a maioría das súas instalacións industriais, onde deslocaliza as súas actividades produtivas, onde aufere as súas maiores vendas, ou onde estabelecerá a súa sede social.
Todo cuestións en perfecto baleiro ou como moito nada esclarecido.
Unha cousa está desde xa moi clara, non será onde aufere os seus máis avantaxados beneficios, ou onde auferen os favores das máis cuantiosas subvencións, por súa cara bonita.
Como podemos desde xa ver e, a pesar de todo o neoliberalismo no goberno dos Estados Unidos da América do Norte e, a súa secretaría de estado das finanzas e anterior gobernador da Reserva Federal, Janet Yellen, o que pretende é restabelecer unha orde, de mínimos do “ festim romano”, con vomitorio e todo o máis, que o señor Trump estabeleceu, coa súa baixada de impostos, aos seus compañeiros de ruta.
Esta señora, hoxe ten necesidade de dispor de ingresos fiscais, pois, os impostos pagados polos traballadores xa non alcanzan os valores necesarios, para equilibrar as súas contas.
Até nos Estados Unidos da América do Norte, se verifica que as desigualdades económicas e sociais están a acabar coa capacidade da procura e, se non existe procura, se recortará aínda máis os investimentos en capital produtivo. Menos oferta, menos emprego, e retomariamos o círculo vicioso.
O que acabamos de dicir, é que a determinado momento, xa non existirá unha procura que permita, manter os patróns produtivos mínimos.
Máis, que os mercados externos non continuarán a ser por eles dominados (ou sexa a perda de liderado dos Estados Unidos como primeira potencia mundial), o que xa o ten por certo, a pesar das guerras de destrución dos tecidos produtivos, dos posíbeis competidores e seus asociados, así como de bloqueos e sancións económicas, indiscriminadas que teñen sido sistematicamente levadas a efecto, polos Estados Unidos da América do Norte, desde os tempos da presidencia de Ronald Reagan.
E o que pode acontecer, a determinado momento, é que os máis febles, nun futuro moi próximo, descubran quen os está a roubar, pois, ao verificaren que son eles, os únicos que pagan impostos, e co seu diñeiro os gobernos pagan a policía que maltratan, a seguranza dos ricos, que os manteñen como seres conformados e obedientes.
Será o fin do que consideraban ser o “soño americano”, en que depositara as súas ilusións e a de súas familias.
No entanto, os problemas non se quedan por aquí, pois, a señora Janet Yellen (secretaría das finanzas ou como eles cognominan do Tesouro), tamén viu con claridade, que os señores das dixitais, Facebook, Amazon e seus pares, os obrigaría a pagar 20%, sempre que a súa marxe de beneficios fose sobre as vendas superiores a 10%.
Aquí, residiría unha das actitudes máis discriminatorias da América, contra as taxas impostas aos reis das dixitais en Francia e no Reino Unido e, que, corporativamente os americanos se opuxeron con “uñas e dentes”. Unha vez máis, vingou o corporativismo proteccionista da América a todo o resto do planeta.
Nesta loita desigual, ten levado a bandeira dunha forma valente e solitaria, o ministro francés Bruno Le Maire, no entanto, todos os restantes países europeos, só timidamente sorrín nas fotografías, mais non afrontan as multinacionais, pois, os seus “lobbies” de Bruxelas, non lle permiten so pena dos eliminaren, nas súas carreiras para obter a colocación de gloria (o chamamento ás portas xiratórias).
No entanto, o que realmente é de película, é que nas recentes eleccións para a autonomía de Madrid, a poboación votou masivamente, no tiro nos pés. Votou naturalmente, no conto de fadas, irrealizábel e, de total engano, que realmente non serve sequera hai totalidade do PP, pero si, aos seus cadros máis importantes. Queremos imaxinar, que o fixeron por desespero e non por convicción.
A poboación da autonomía de Madrid, votou realmente, segundo o que pensamos, como unha poboación condicionada por unha ilusión, que a pesar de non creren que se vai a cumprir, pois, van cada vez a vivir peor, no entanto, poderán dicir que, se votan como os seus patróns, entón estes estarán satisfeitos e, lles darán un traballo de dúas horas semanais, unha esmola que, segundo eles, é un favor que debe estar agradecido.
Sería a forma de algo recibiren, para continuaren a caída libre na calidade de vida. Esperamos, que sexa dunha vez por todas este timo do presunto acordo dos G7, unha forma de alerta para o soño, irrealizábel do pobo que votou contra si propio nas eleccións de 4 de maio pasado en Madrid.
Esa ilusión dunha vida entre comunismo e liberdade, non é máis que un timo brutal e absurdo, perfectamente inspirado no trumpismo americano (nas ideas do señor Trump). É unha ilusión criminal vendida, pór os reality shows, de determinadas cadeas de TV e, outros medios de comunicación que o fan por cuestións de audiencia.
Se el primero en comentar