![]()
Sami Ashour é o presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin, e a súa voz é un testemuño directo e necesario non só da traxedia actual, senón de décadas de resistencia fronte á opresión.
Por Dani Seixo | 29/07/2025
Benvidas a unha nova entrevista en Nueva Revolución, realizada en colaboración coa Asociación Roxin Roxal de Paderne.
Para entender o que está a pasar en Palestina, hai que mirar máis aló do titular do día e rexeitar a falsa narrativa dun conflito entre iguais. Falamos de máis de 75 anos de ocupación militar, dun sistema de apartheid e dunha limpeza étnica continuada que comezou coa Nakba en 1948. O que hoxe vemos en Gaza non é unha guerra, senón a fase máis brutal e visible dun plan de exterminio contra o pobo palestino.
E para poñerlle rostro e voz a esta realidade, hoxe temos connosco a Sami Ashour. El naceu en Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza. Unha localidade que exemplifica a crueldade desta ofensiva: converteuse nunha trampa mortal, bombardeada repetidamente por Israel xusto despois de esixirlle á poboación do norte que buscase refuxio alí.
Sami é o presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin, e a súa voz é un testemuño directo e necesario non só da traxedia actual, senón de décadas de resistencia fronte á opresión.
Porque, como ben dicimos, todo esforzo para acabar co xenocidio é pouco. Escoitémolo.
Se el primero en comentar