Non chega que a nosa participación na xestión do mundo en que vivimos e, en especial no país en que escollemos vivir, a nosa actuación na administración da cousa común, se limita a que, de tempos a tempos, coloquemos unha papeleta nunha caixa, a chamada urna dos votos
Por Jose Vieira
Este tema plantexa, desde o inicio, tres pertinentes preguntas:
O que é democracia?
O que é representar?
O que é participar?
Evidentemente que antes de contestar a calquera unha das cuestións, temos que avanzar algunhas contextualizacións necesarias para que se poda coñecer a razón deste tema.
Están a menos dun tiro de canón, como se acostuma dicir, as próximas eleccións municipais no reino de España. Por outro lado, hai un mes ocorreron as equivalentes eleccións na república veciña de Portugal.
Somos veciños, somos tamén irmáns, no entanto, tamén somos bastante distintos nas semellanzas. Parece unha contradición este parágrafo, mais como iremos indo ver non é tan disonante.
Sen procurar facer socioloxía política, realmente a primeira idea que nos xurde, é que estamos perante dous países con réximes completamente distintos. En España, temos unha monarquía constitucional de orixe divina. En Portugal temos unha república de orixe perfectamente popular.
España toda a poboación esta conformada por nobres, ou sexa, fillos de algo, mentres en Portugal está conformada, por fillos das pedras. Parece unha afirmación arroxada, no entanto, é o que se pode sacar do contexto, hiper-xeneralista, pois, dun lado o poder divino dunha monarquía e, mentres por outro, un sistema formado por seres terreais e, máis aínda, cuxa máxima maxistratura do país, a ocupan, de forma temporal, de acordo coas ganas do pobo, que é lexitimada por unha elección, previstas e espalladas o tempo, de forma programada.
A España de hoxe, é un dos países máis ricos do mundo, pois se para alén do seu PIB, somos obrigados a considerar que o que as grandes empresas e, os moito ricos e poderosos, dunha forma, pseudo legal foxen á Facenda (en España se designa por Hacienda), podemos ter a certeza que non seremos demasiado temerarios ao considerar, que o que se paga de verdade ao Estado máis o que é roubado ao mesmo, en relación a fugas fiscais, España sería un dos países máis ricos do mundo.
No canto ocupado por Portugal, estamos perante un país moi pobre, pequeno, sen recursos naturais e infelizmente onde tamén se foxe dunha forma descarada ao sistema de captación de recursos por parte o Estado (fuga fiscal dos máis ricos e poderosos, ás súas obrigas tributarias). Aquí está unha primeira e moi importante semellanza entre ambos os socios deste territorio bordeado polo mar por tres lados.
Claro que hai máis, debido probabelmente ao sol, as boas augas e porque non, aos bos viños, cousa existente en ambos os países veciños, así como, unha asistencia sanitaria, que nalgunha altura foi eficaz e de boa cobertura, en ambos os países, ocorre que ambas as poboacións, están fortemente envellecidas. Aquí está outra das importantes semellanzas entre ambos.
Outra característica partillada por ambos os pobos que habitan esta plataforma terrestre, que é a punta máis occidental da Europa, é como se ten vindo a verificar o seu amorfismo en relación a exercer os seus dereitos de cidadáns na democracia representativa.
Esta semellanza, está patente na abstención manifestada de cada vez que por forza das leis electorais, son invitados a participar. Os números, están aí para non nos deixar non ser certos. Por incríbel que pareza, se acercan, ultimamente, aos 50% de abstención. Esta semellanza entre ambas as poboacións é algo, a noso ver dramático.
Non imos profundar máis, nestas semellanzas, pois, infelizmente as referidas nos chegan para podermos entrar no tema que queremos desenvolver.
No entanto, deixamos unha pregunta no ar, que non queremos sequera contestar, pois, se trata dunha petición de reflexión para quen tiver a amabilidade e paciencia de ler este noso texto. E a pregunta aí vai:
Porque non existe actualmente interese en participar en las distinguidas eleccións en ambos os países?
Imos buscar unha peza ao estilo do grande Jean Jacques Rousseau, sen o ser na súa certa acepción e, “así o individuo, como ser humano, non é máis que un fragmento da sociedade (en que esta inserido), no entanto, por ser persoa, está consignado con toda a dignidade e posuidor de todos os dereitos (e de todas as obrigas), sendo o depositario dos intereses e desexos da sociedade en que esta inserido”.
Podemos non estar plenamente de acordo coas palabras utilizadas, pois, teñen un cheiro un pouco ás sentenzas dun Jacques Maritain profundamente católico, no entanto, no seu contido non deixa de estar perfectamente desenvolvido de forma interesante o referido concepto.
Así, dunha forma moi máis pragmática, aínda que talvez menos intelectual, preferimos dicir que todos os cidadáns que son afectados por unha calquera decisión, sexa ela a que sexa, deberían ter dereito a ter a posibilidade de participar, no proceso da toma desa decisión (quere dunha forma directa, quere a través dos seus representantes políticos).
Así comezaremos por definir dunha forma sempre moi sucinta o que é democracia.
No entanto comezaremos por buscar, de acordo coas nocións dos clásicos, as diversas formas básicas de goberno, para despois nos situarmos no concepto que nos interesa, a democracia.
Segundo a idea inicial de Platón e, pronto desenvolvida por Aristóteles, habería tres tipos de goberno: a monarquía, en que só un gobernaba, a aristocracia, en que segundo o seu concepto, quen gobernaba eran os mellores (segundo Platón) e, de poucos para Aristóteles e, democracia, que era o goberno de moitos segundo Platón (no entanto, para Aristóteles era o dos outros no sentido de de máis).
Temos que buscar o termo desde o latín, este tardío, e nos dá democratia, e no griego, máis antigo que nos tras dêmokratía, no entanto, en ambos os casos, significaba estarmos perante unha organización da sociedade, en que a súa titularidade pertencía ao conxunto dos cidadáns.
Se nos fixarmos nun sentido máis estrito, a democracia é unha forma de organización dun Estado en que as decisións se tomarían de forma colectiva polo pobo, a través dunha participación directa daquel ou a través de seus lexítimos representantes.
Non podiamos deixar de referir, que democracia, é sinónimo dunha convivencia entre os seus membros, de forma libre e en igualdade social.
Todos sabemos o que é representar, pois a diario dicimos que non podemos estrar en determinado sitio, ou evento, no entanto, nos faremos representar por fulano de tal. Estamos a instituír unha potestade de poder alguén estar, actuar e satisfacer a falta da nosa presenza, por si propia.
Así o poder de representar, é algo que é un acto de ganas individuais, que cando se xuntan moitos a desexar, ser representados, conduce a unha actividade colectiva. Esta forma descomplexada do explicar, non é máis do que a suma de n representacións, conduce aquilo, por exemplo a que estamos habituados a designar, por eleccións para. Este PARA, é que determina, dunha forma institucional, o estatuto de conselleiro, de deputado autonómico, ou nacional. O sexa o ámbito en que somos representados.
Desde ese momento en que entregamos a referida papeleta en que expresamos que as nosas ganas, será a de A, noso representante, nos desvinculamos das tomas de decisións do colectivo.
Esta forma é a de chamada representación, dentro do sistema designado de democracia representativa. Existe un regulamento/lei, que determina os tempos en que se ten que ir até ás urnas depositar a nosa cesión de poder como cidadáns, a favor dun terceiro a quen confiamos, durante un conxunto de anos, a representación dos nosos poderes de cidadáns donos do país en que residimos en democracia. Nos xorde entón moitas dúbidas, sobre se non estamos a conceder demasiados poderes, ao nos afastarmos, da toma de decisións. Este é un risco, que todos os días asumimos e, no entanto, pasamos de tomar en nosas mans, o poder que lexitimamente temos e, que debiamos exercer.
Entón o que debiamos facer?
Como todos tamén sabemos, a vida en xeral non nos deixa moitos espazos vagos, de forma a que nos poidamos abrazar no mundo da administración publica e, nos segredos de como xestionar, os varios niveis das estancias do poder do Estado.
Entón perante esta realidade, a maioría dos cidadáns se despide de participar, na vida das súas comunidades, sexa a que nivel sexa, pois, decide que esa competencia cabe a uns profesionais a que chaman de “políticos” e, como xustificación desta súa actitude, é costume ouvir sentenciar, que para iso cobran un soldo.
Así se senten que as súas obrigas como cidadáns, se esgotan en cada acto electoral, en que participan e, como non, até cando non participan.
Cambiemos un pouco a perspectiva de vista, e nos reportemos a xestión de cada un en súa casa. O que verificamos, en principio, é que cada un dos cidadáns quere ter coñecemento de como van as súas cousas persoais, por exemplo, como está o seu estado de riqueza, como vai a saúde de súa familia, a escola de seus fillos, como esta o seu traballo. Estas son as cousas a que en xeral está atento.
Entón preguntamos, se as súas responsabilidades consigo propias, se esgotan neste soliloquio interior? Ou será, que se está a desconectar de todo o máis, que determinará a medio e a longo prazo a súa existencia e a de súa familia na sociedade en que habita?
Esta é unha case constante da vida en sociedade actual. Cada un vai ao seu e, naturalmente o que pode afectar o seu futuro e o dos seus, serán altos designios para os cales non ten calquera poder de actuación.
Nada máis de errada, é esta posición.
É neste punto que entran as definicións de democracia, con toda a súa profundidade e con todo o sentido, que dunha forma ou doutra, moitas veces os propios representantes electos, se esquecen de non só informar os seus electores, así como os partidos, a que pertencen non ten nin estrutura, nin hábitos e moi menos vontade de ceder competencias, a que as había dato.
Para a maioría dos partidos existentes, as súas cúpulas son os condutores (diriamos os pastores), e todos os demais apoiantes, as ovellas cordatas e educadas, que xamais nada cuestionan a non ser a ración diaria de comida.
Que se pode e debe facer?
Participar, e despois de participar, continuar a participar. Con isto o que queremos dicir é que non chega que a nosa participación na xestión do mundo en que vivimos e, en especial no país en que escollemos vivir, a nosa actuación na administración da cousa común, se limita a que, de tempos a tempos, coloquemos unha papeleta nunha caixa, a chamada urna dos votos (a que acostumamos chamar a “caixa dos soños”). A partir dese momento, todos os que se doa a “incomodo de ir votar, se consideran desvinculados da administración do país. Este é o erro a que nos temos habituado e que, en xeral os políticos de quenda agradecen, pois, así se instalan como donos e señores, do país e do destino da súa poboación.
Neste momento, deixamos de ser seres de corpo enteiro para nos transformar en borregos. Até conseguimos cos nosos votos encontrar pastores, que nos conducen ao pasto de que nos toca, segundo sempre a súa vontade.
Así, que nun proxecto de democracia, tal e cal esta debía ser, debiamos impor a nosa participación real e constante, en todos os “negocios do país”, pois, son os cidadáns os lexítimos habitantes do espazo en cuestión (non refiro a propietarios, pis, como poderei en futuro texto explicar, temos moitas dúbidas da noción de propiedade).
As deliberacións deberán ser efectuadas a través de mecanismos onde a poboación teña a súa propia participación. Como todos podemos saber, aínda que de forma pouco empírica, é posíbel encontrar formas de participar en todas as decisións, que hoxe os respectivos gobernos e, os chamados representantes das poboacións, toman ás costas dos seus representados, en moitos casos encontra dos intereses dos mesmos.
Só coa participación en democracia, é que se pode garantir os intereses das minorías, respectar as súas opinións, institucionalizando os mecanismos de participación. O único problema é que os señores que dirixen os actuais partidos políticos, non queren de modo algún, perder o protagonismo adquirido e sobre todo os beneficios de seren importantes. No entanto, temos que camiñar rapidamente a outra maneira de facer as cousas, pois, estamos cada vez a entregar as nosas liberdades, os nosos dereitos e as nosas garantías de sermos cidadáns de pleno dereito, a un conxunto de representantes, non nosos, pero si a “Amos”, que nos tratan como se fosemos meros carneiriños e eles os nosos pastores.
Non se trata dun proceso utópico, nin nada que se pareza, pois, xa se están desenvolvendo experiencias con moitísimos bos resultados, e máis con base en organizacións de carácter perfectamente integradas polo home da rúa.
Temos que espertar, maña será xa tarde.
Se el primero en comentar