Renda Básica en Cataluña. Experiencia en 2023

Non existe outro obxectivo, neste proxecto, que non sexa o de investigar, se e como, se pode derrotar a pobreza existente e a que está en crecente, debido a esta inflación provocada polo cerco a Rusia pola OTAN

Por Jose Vieira

Non podemos deixar de estar satisfeitos ao saber que a iniciativa, levada a efecto en Cataluña, destinada a aplicar un Plan Piloto de Renda Básica Universal, manifestou interese na Alemaña, pois, a analista de datos do taller Piloto deste proxecto, foi entrevistada para o diario “Neues Deutschland”.

Xa neste periódico nos referimos en texto anterior, a esta iniciativa, tendo nese mesmo, exposto a importancia que reviste tal proxecto.

Nesta altura, en que estamos xa de medio do ano para adiante, non podemos deixar esperar, “que non haxa máis paus nas rodas” deste proxecto, por parte das autoridades, do Goberno Central, nos referimos as habituais oposicións do PP, PSOE, Vox, Cidadáns e restantes partidos de cobertura nacional, sempre que se presenta unha solución para obviar ás desigualdades sociais.

Isto, pola simple razón de que os respectivos órganos deses partidos, en todo o que non toca ao seu círculo central, teñen un comportamento autista.

Como podemos constatar, sempre que saímos a rúa, e nos fixamos con ollos de ver, o panorama social con que deparamos, non é fagueiro, nin tan pouco animador.

Se pode ver un aumento de xente que non chega ao fin do mes, mais por vergoña non se manifestan e, peor, hai mesmo os que non comen minimamente, nin teñen un abrigo digno.

Podemos (non nos referimos a ese partido homónimo), mesmo dicir que a poboación de España, está a empobrecer “a ollos visto”, pasando do limiar de pobreza, a pobreza severa.

Imos indicar, o que se fará a partir dos tres primeiros meses de 2023, na Comunidade Autónoma da Cataluña. O Proxecto Piloto, abarcará un total de 5.000 persoas, da seguinte forma:

– 2.500 persoas, serán seleccionadas dunha forma aleatoria e outros

– 2.500 persoas, de dous municipios seleccionados

Existe un criterio, en que se exclúe os 10% máis ricos, que non participarán neste Proxecto Piloto.

Non existe outro obxectivo, neste proxecto, que non sexa o de investigar, se e como, se pode derrotar a pobreza existente e a que está en crecente, debido a esta inflación provocada polo cerco a Rusia pola OTAN, ao servizo, exclusivo dos intereses americanos.

Os valores serán individuais, ben sexan adultos ou menores de idade e, serán os seguintes:

– adultos 800,00 euros

– menores 300,00 euros

É necesario notar, que A Renda Básica, é algo individual, mentres as axudas que existen, son con base na unidade familiar e, como tal, moi máis limitativa.

Esta renda, é naturalmente un elemento esencial, poe exemplo, para a emancipación da muller e, especialmente, para as que son albo de violencia do xénero.

Este valor atribuído a cada muller dá a posibilidade de poderen ser autónomas, sen ter necesidade de se acolleren a unha unión non totalmente desexada, así como saír doutra calquera situación menos agradábel.

Podemos avanzar, que a importancia de 800 euros, foi calculada con base no desembolso, que un individuo necesita para subsistir.

Neste sentido, foi indagado un valor de 794 euros para ese limiar (que, no entanto, foi obtido para todo o territorio de España e, se aplicou ao caso particular dos dous municipios cataláns escollidos para o proxecto) e, como tal, se redondearma, para os referidos 800 euros.

Como este proxecto está deseñado para 24 meses, deberá ter un custo moito cerca, aos 90 millóns de euros.

A parte máis importante será o acompañamento do proxecto e, que será feito desde o momento cero.

Desde o momento en que se iniciou o referido proxecto piloto, o despacho de acompañamento, do mesmo, estivo traballando co Instituto de Evolución de Políticas Públicas da Cataluña (Institut Català d’Avaluació de Polítiques, en siglas IVÀLUA).

Desta colaboración, resultará necesariamente un plano de acompañamento, que está deseñado para ser constante e continúo, quere cualitativo e sobre todo cuantitativo.

Así ao final dos 24 meses, farán a referida avaliación dos resultados obtidos. Segundo o despacho do proxecto piloto, será unha avaliación en que se utilizará “o control sintético”.

O control sintético, vai permitir crear un prototipo hipotético, sobre o cal irán traballar e, que despois poderán xeneralizar. Será así e, con base nos elementos estatísticos da administración pública, se poderá xeneralizar e concluír, pois, só se utilizaron dous municipios no modelo en cuestión, aínda que na Cataluña haxan 947.

Por todo isto, este modelo piloto, coas debidas adaptacións se podería aplicar, por exemplo, na Galiza, sobre todo pois, a poboación albo é moi inferior. E como é fácil de deducir o custo da experiencia piloto sería necesariamente moi menor.

O principal problema é que esta autonomía, a Galiza, está a ser gobernada a décadas polo PP, que é diametralmente oposto, a calquera tipo de política económico/social, que poida vir a diminuír as desigualdades sociais.

Actitude programática igualmente idéntica, ten o PSOE, que non está interesado, como temos vindo a verificar na práctica dos seus gobernos nacionais, así como, nos autonómicos onde goberna, que nada ten feito no sentido de desenvolver políticas anti desigualdade social e, máis, ten vindo a liquidar todo o que son servizos sociais públicos, vindo a favorecer a súa entrega ao sector privado.

Non podemos deixar de referir, que esta actitude do PSOE e seus socios, carrexa para os usuarios, peor calidade dos servizos en cuestión e, por outro lado, o que é igualmente moitísimo grave un “despilfarro” (significa que esa xestión de entregar servizos públicos ao sector privado, é pagar o custo dos servizos máis o lucro das empresas), dos cartos públicos, pois, os servizos privados cobran uns prezos, moi superiores.

Para termos unha idea de como funciona a xestión privada, esta ten como finalidade non fornecer un servizo, mais si, realizar un lucro, tendo como obxectivo o maximizar.

1) Servizos públicos xestionados por administración pública, A= ao custo do servizo = X

2) Servizos público dunha forma máis sintética:

B = ao custo do servizo X + o lucro do empresario Y

Para A = B

A = X e 2) B = X + Y

Pronto se ve que a segunda ecuación ten un custo a maiores de Y, que é nin máis nin menos que o lucro Y

Isto que deixamos enriba, é realmente o interese dos partidos que nos ten gobernado, PP e PSOE e súas coalicións, onde resulta que a aplicación dunha Renda Básica, que chegue a todos os cidadáns, ou sexa una Renda Básica Universal e, máis non teña calquera restrición ou condición a ser cuberta polos cidadáns, isto é, unha Renda Básica Universal Incondicional.

Hora ben isto, é realmente o que os señores políticos, dos partidos que nos rexen desde que estamos en democracia non desexan, pois, lles interesan que existan desigualdades sociais, para poder buscar o seu lugar ao Sol.

Así, nos quedamos moi satisfeitos polo interese na Alemaña, por esta ferramenta económica, mentres por acá, os políticos votan ao ostracismo, os que pretende eliminar as desigualdades sociais e velar pola certa dignidade de vida dos cidadáns.

Parabéns a Aida Martínez Tinaut, analista do “Taller del Plan para Aplicar la Renda Basica Universal”, na Cataluña. E como non, ao “Neues Deutschland”.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.