Quen gaña e quen perde coa inflacción

A repercusión destas subidas foi máis do que proporcionades, aos aumentos base, por vía da especulación, que permite ó goberno de España e, non só, dada a súa fe doutrinal, que é seguir non o interese dos seus cidadáns, mais si, as leis do seu amado “libre mercado”, ou sexa, os intereses dos grandes distribuidores e, como non, da CEOE.

Por Jose Vieira

Este título serve unicamente para recordar a quen lea o mesmo, que en calquera dos casos, existe sempre un perdedor e un gañador, nun proceso inflacionista.

Como temos visto, no caso de España, non temos visto grandes protestas polo encarecemento xeral dos prezos, a non ser o grande paro proporcionado polos transportadores (1), máis ou menos independentes (será que tamén estaban moitos que non serían independentes).

Estabase de brazos cruzados cunha subida dos combustíbeis, que afectaba os custos do transporte, pois, a empresas que recorrían ao transporte, estabelecera prezos para os mesmos e, non alteraban eses contratos.

Así os transportistas, viran os que os seus custos se elevaren mentres, por outro lado, os seus ingresos, permanecían imutábeis. En moitos dos casos, os traballadores do sector, eran realmente independentes e, dramaticamente, pasaron a non cubrir os custos e por iso, a estaren a operar con perdas substanciais. Perdían diñeiro ao garantiren os contratos firmados.

O problema estaba centrado nunha evolución no sentido da alta, do prezo do barril de petróleo. Esta subida fixa que os produtos refinados, refletisen o referido aumento e, como é habitual, as distribuidoras aproveitaron para a especulación (2), aumento de prezos, moi máis do que proporcionais.

Imos dar unha idea de como evolucionaran os prezos do petróleo, con base nos indicadores da OPEP, que é a asociación, onde se encontran a maioría dos produtores de petróleo. Tamén só o faremos entre os meses de agosto de 2021 e xullo do corrente ano 2022. O faremos nas dúas moedas de referencia, o dólar que é a principal moeda e naturalmente o euro.

Así, comezaremos polo ano de 2021:

Mes/ano

Precio en dólares

Prezo en euros

Agosto2021

70,33

59,74

Setembro 2021

73,89

62,78

Outubro 2021

82,07

70,74

Novembro 2021

80,34

70,39

Decembro 2021

74,37

65,79

Janeiro 2022

85,40

75,48

Febreiro 2022

94,21

83,06

Marzo 2022

113,61

103,10

Abril 2022

105,52

97,53

Maio 2022

113,94

107,71

Juño 2022

117,72

111,41

Jullo2022

108,45

102,64

Por último, imos explicitar os valores neste momento – xullo 2022, mostrando a variación %

Var %

Var ano%

Var este ano %

Var a data

data

106,27%

-1,29%

45,52%

36,30%

25/7/2022

Temos que o prezo, pola cal a OPEP forneceu o “cru” (petróleo), foi de 106,27 dólares. O que significa que caeu 1,39 dólares e unha caída da data prevía de 1,29 dólares. Por outro lado, o prezo medio durante xuño fora de 117,72 e en xullo baixou até aos 108,45 dólares.

Queremos desde xa referir, que dato a política imposta polos Estados Unidos da América, tamén se desequilibrou a relación de troco entre o dólar e o euro, tornou o euro, máis débil e como tal, custar aos europeos máis o petróleo.

Como podemos ver os prezos do petróleo, se encareceran de forma notábel o que fixo coincidir, que houbese máis do que sobra, razóns para que os usuarios dos seus produtos como materia prima fundamental para as súas actividades, sufrisen o seu impacto.

A repercusión destas subidas foi máis do que proporcionades, aos aumentos base, por vía da especulación, que permite o goberno de España e,non só, dada a súa fe doutrinal, que é seguir non o interese dos seus cidadáns, mais si, as leis do seu amado “libre mercado”, ou sexa, os intereses dos grandes distribuidores e, como non, da CEOE.

Así non era de estrañar, que os transportadores recorresen a unha folga, no sentido de se defenderen dos excesos da especulación, internacional, pronto ampliada pola “gula” desmedida dos distribuidores nacionais.

Imos recordar, como pretendeu resolver o problema o goberno de España, dito de centro esquerdas e, está na memoria de todos, os que teñen un vehículo, o famoso desconto de 20 céntimos por litro en cada abastecemento.

Unha medida, negociada contra as ganas, entre o goberno, a plataforma e o sindicato pois, a administración, só quería negociar co sindicato, pois sabía que estes son colaboradores da CEOE e do goberno en exercicio (hai desaparecido a representación da clase traballadora, sendo os sindicatos, na súa maioría, unha oligarquía administrativa carreiristica).

Non temos calquera dúbida, que esta medida unha vez máis, demostra a impreparación e improvisación do goberno de quenda. Basta que pensemos que para alí de beneficiar, de forma menos correcta os transportadores, beneficiou os ricos, que pasaron a ser subvencionados, unha vez máis, a custa dos traballadores, ou sexa, de quen necesita dos seus coches para ir a desenvolver a súas actividades.

Recordemos que os ricos están a ser financiados con 20 céntimos por litro, cando enchen os depósitos dos seus grande e potentes coches, iates e demais vehículos de luxo.

Non sería máis correcto o goberno, ter feito o seu traballo dunha forma correcta e non unha “chapuzada”, co diñeiro público?

É unha constatación non unha pregunta, aínda que, pois, todos saibamos do desnorte das actuacións do goberno. Estes se autodenominan de esquerdas, tomando medidas de orientación de dereita, por certo, todo fai pensar que non teñen nin idea, do que é ser de esquerdas, a favor da súa poboación.

Imos pasar agora a analizar a cesta de compras, que nos toca a cada un de nós, ter que convivir:

Evolución dos prezos da cesta de compras alimentar, tomamos como referencia a de vexetais, que nos proporcionou os datos de evolución entre 2020 e 2022, tomando a base en xaneiro de 2022

Produto

2020

2021

2022

Variación entre 21/22 en %

Variación entre 20/22 en %

Olivas

4,82

5,17

5,29

2,3%

9,8%

Aceite de oliva extra

3,8

3,9

4,25

9,00%

11,8%

Acelgas

2,25

2,32

2,35

1,30%

4,40%

Allo

5,36

5,95

5,89

– 1,00%

9,80%

Alcachofa

4,69

3,20

3,92

22,5%

-16,40%

Berenxena

2,40

2,73

2,86

4,80%

19,20%

Brócoli

2,75

2,77

2,75

-0,70%

0,00%

Calabacin

2,39

2,49

3,03

21,70%

26,80%

Cebola

1,44

1,36

1,2

-11,80%

-16,70%

Cogomelos

3,67

3,66

3,92

7,10%

6,80%

Tomemos, agora un pequeno resumo dos prezos dos xéneros de alimentación, que máis subiron durante este ano.

Servimonos, como referencia, dos datos da OCU, para os produtos que máis subiron, que foron os seguintes: o aceite de oliva, marca branca 53,6%, aceite de xirasol, marca branca 49,3%, embalaxe de lavapratos 49,1%, margarina 41,5%, carpeta 30%, igualmente con 30%, os plátanos das Canarias e o salmón en postas.

A carne de vaca subiu cerca de 10%, nalgúns casos, atinxindo os 11%, nalgúns supermercados na Galiza.

Moitos poucos produtos baixaron, de entre estes, referimos o lombo de porco 9,4%, as cebolas 8,5%, algúns artigos de hixiene dunha forma comedida, entre 4 e 8%.

Non podemos deixar de avanzar, que máis de dous terzos da responsabilidade da subida de prezos ao consumidor, se debe a falta de control, por parte do goberno, ao non se opor a voracidade insaciábel das empresas que se están a beneficiar de lucros anormais.

Máis, non é correcto dicir que se vai implantar un imposto sobre os lucros extraordinarios (como afirma o executivo), pois, a fronteira entre o que é normal e o anormal, é unha marxe de manobra excelente, para as empresas nada viren a pagar.

Reunindo os valores indicados para o fin do mes de xullo de 2022, de acordo co INE, temos que o IPC, variou a nivel xeral de España, en 10,2 % mentres que a nivel da Autonomía Galega, se situou en 11,2%.

Despois de todo o percorrido a través de números e das conxecturas levadas a efecto, o que podemos dicir, é que mesmo considerando os prezos a que atinxiron os carburantes, a escaseza teórica dalgúns produtos, alimentares, a invasión da Ucraína pola Rusia, coas respectivas consecuencias de falta de gas, de petróleo e de cereais, o que se verifica, dunha forma gritante, é a retención e escaseza máis, que controlada, polo grande comercio internacional, que ao abrigo do chamado mercado libre se ten permitido especular, sacando para beneficio propio, lucros extraordinarios, a custa do “laissez faire laissez passer”, dos señores que gobernan e que andan só vendo con comprar máis armamento, para satisfacer a voracidade criminal do imperialismo americano.

Resumindo e concluíndo, o atual goberno, se está aleixado dos seus coidados, pois, o que está é facendo uma política de manipulación das populacións através de uma propaganda de distracción dos verdadeiros problemas da mesma, sen ter en atención, que hoxe, mais de un tercio da sua poboación está en risco de pobreza.

Así quen realmente perde coa inflación galopante en que estamos somerxidos, son sempre os mesmos, o pobo da rúa, que non ten nada que vender, a non ser a forza do seu traballo.

Como é costume, quen gaña son os de sempre, os poderosos as grandes corporacións e todos aqueles que fan do comercio profesión, pois, sempre poderán repercutir os aumentos de prezos dos seus produtos, podendo despois os vender cun valor a maiores, que en xeral será máis que proporcional aos custos e, así, conseguiren uns beneficios anormais.

Por outro lado, o goberno, o seu único obxectivo é manterse no poder catro anos máis.

E non defraudar os seus donos, que son as grandes empresas e os seus propietarios. Hai que protexer as famosas “portas giratórias”

Así vai o reino de España.

Notas:

1) En principio, non estaban só os transportistas que eran propietarios dun vehículo, mais tamén algúns que representaban empresas, case sempre de pequena dimensión. Debemos recordar, que os sindicatos de traballadores dos transportes, non se uniron na mesma secuencia reivindicativa, pois, a plataforma, partiu da unión entre os referidos traballadores na rúa e iniciada coa mobilización.

2) Quen ten posibilidade de aumentar os prezos dos seus produtos, polas regras do “libre mercado”, de inmediato o fai sen miramentos e máis, no caso dos produtos derivados do petróleo, máis fácil aínda, pois é un mercado de oligopólio.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.