Debemos ter a consciencia plena, que os impostos que todos debiamos pagar, son as receita (entradas de diñeiro), que permiten aos distinguidos gobernos, poderen manter e aumentar o benestar dos seus cidadáns, sen estes tiñan que dispor, de medios extras, para usufrutuaren dos servizos públicos integrais.
Por Jose Vieira
Xa hai moito tempo que tiñamos a idea de tratar a este órgano independente de comunicación social este tema.
No entanto, polas máis diversas razóns fomos sempre adiado, mais unhas declaracións do presidente do Partido Popular, o señor Feijóo, que afirmou que cando gobernar, baixo os impostos, non podemos máis, ficar indiferente a tanta falsidade e desrespeito, e clara inconsciencia, entreganse a facer máis un favor ao grande capital, mentres pasan por cima do cidadán que mourexa a diario para levar o seu salario para o mantemento da súa familia, empobrecendo-o até aos límites en que favorecen os máis ricos.
Por iso, imos abordar este tema, tentándoo polo máis fácil posíbel para que todos poidan ter plena consciencia das cargas fascistas e neoliberais, que o PP, e o seu patrón ideolóxico Vox pretenden facer ao pobo español.
Debemos ter a consciencia plena, que os impostos que todos debiamos pagar, son as receita (entradas de diñeiro), que permiten aos distinguidos gobernos, poderen manter e aumentar o benestar dos seus cidadáns, sen estes tiñan que dispor, de medios extras, para usufrutuaren dos servizos públicos integrais.
Os tributos por si pagados anualmente (impostos de IRPF, deducidos mensualmente nas súas nóminas e axustadas nas declaracións anuais a Facenda, (no caso español a Hacienda), debían ser suficientes, evidentemente, se todos pagasen dunha forma igualitaria e proporcional aos seus rendementos e riqueza.
Antes de pasarmos un glosario que xulgamos suficiente para ser de fácil acceso a lectura deste texto, queremos dicir, que infelizmente o principal medio financeiro de entradas de diñeiro para os cofres do Estado, provén dos impostos deducidos das nóminas dos traballadores. Os ricos non pagan impostos ou no mellor dos casos pagan moito menos do que debían (incluímos as grandes empresas e como non, os bancos).
Posto esta pequena introdución, imos dar un pequeno GLOSARIO, sen preocupación do facer por orde alfabética, mais si, para máis fácil lectura, así temos:
AEAT – Axencia Estatal da Administración Tributaria
IRPF – Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas – é un imposto directo que se aplica sobre a obtención da renda dos cidadáns de acordo, coa súa capacidade – se presume que atende aos principios xerais de igualdade, progresividade e circunstancias persoais (agregado familiar, fillos, etc.)
IMPOSTO DE SOCIEDADES – é un tributo de carácter directo, de natureza persoal, que se destina a gravar o encaixe das sociedades e outras entidades xurídicas. Porque é directo – porque incide sobre a obtención do encaixe, como unha manifestación da capacidade que ten o contribuínte a producir.
SICAV – é un tipo de institución de inversión colectiva, con forma societária, mais que beneficia dunha tributación a 1%, en vez dos habituais, na actualidade do 25%. Require a existencia de entre outras condicións da existencia de 100 accionistas.
Debemos esclarecer, que a maioría destes accionistas, non teñen calquera importancia na actividade destas empresas, de tal maneira que na xerga fiscal se lles chaman “mariachis”. Actualmente son obrigados a ter unha participación no capital desas empresas de polo menos 2.500 euros.
SOCIEDADES OFFSHORES – Son empresas subsidiarias que se encontran localizadas ou rexistradas fóra do país en que reside o seu propietario e se encontra constituída a empresa matriz. En xeral en paraísos onde pode usufrutuar de mellores condicións fiscais.
IVA – é o Imposto sobre o Valor Engadido, que é un imposto indireto, que se xera a partir da compra dun ben ou servizo de profesionais, é un imposto que paga o consumidor final.
EVASIÓN FISCAL – Tratase cando un contribuínte deixa de pagar os impostos debidos e a Facenda (Hacienda en España) e, que non os consegue recuperar. Esta evasión pode ser criminal (cando se trata de evasión fiscal) ou de forma aparentemente legal, cando o contribuínte se valendo de “buracos” na lexislación para deixar de pagar os seus impostos.
ELUSIÓN – Tratase cando o contribuínte, consegue eludir a Facenda
ENXEÑARÍA FISCAL – actualmente se di antes – PRACTICAS FISCAIS AGRESIVAS – son despachos de consultores económicos/financeiros que identifican os proxectos das empresas, as súas capacidades de xerar beneficios, as redeseñan as respectivas administracións.
SOCIEDADES PANTALHA – son sociedades instrumentais, dunha persoa, dunha empresa ou organización, sen patrimonio nin medios materiais ou persoais, razón por que tamén denominan sociedades pantasmas ou ficticias.
OCDE – Tratase da Organización para a Cooperación e desenvolvemento económico. Ten como obxectivo promover políticas que melloren o ben estar social, económico da poboación.
G 20 – É un grupo de vinte países, que se agruparon nun foro internacional, de gobernantes e presidentes dos seus bancos centrais, que teñen como meta discutir sobre a políticas relacionadas, entre outras, coa promoción da estabilidade financeira a nivel internacional. Foi fundado en 26 de setembro de 1999 e actualmente é presidido polo presidente do Brasil, Luís Lula da Silva. Forman parte deste grupo os seguintes países: Alemaña, Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Canadá, China, Estados Unidos, Francia, India, Indonesia, Italia, Xapón, México, Reino Unido, República de Corea, Rusia, África do Sur, Turquía e a Unión Europea.
TROICA – Tratouse dun grupo fiscalizador das situacións internas nomeadamente, das finanzas e da economía dos países, independente dos seus gobernos, con intención de impor normas e, os obrigar en caso de desaliñamentos aos corrixir á custa de fortes restricións.
Estivo implicada na fiscalización de Portugal, Grecia, Irlanda e impondo o chamado “Memorando de Entendemento” do apoio aos bancos de España (préstamo de 67.000 millóns de euros para rescatar os bancos privados españois, que estes xamais pagaron ao Estado, sendo a poboación en xeral que o está pagando – a mentira de Mariano Rajoy).
Era constituída polos seguintes organismos: Fondo Monetario Mundial, Banco Mundial e Banco Central Europeo. De aí se chamar a Troica.
Imos falar, axiña dos maiores escándalos financeiros, coñecidos, mais que por razons diversas, especialmente para non seren apuntados a dedo os infractores, os sucesivos gobernos estenderon o manto das súas proteccións, para non dicir dos favores concedidos aos ricos, en prexuízo da gran masa dos españois.
Comezamos por unha lista que foi publicada pola revista española “Interviu”, onde figuraban 67 españois, que se beneficiaban de depósitos, posteriores a 2002 no Liechtenstein, en especial no banco LGT.
As investigacións, debense a esforzos particulares, pois, a maioría das administracións públicas, teñen ollado para o outro lado, por intereses inconfesábeis, como por exemplo as portas xiratorias e os financiamentos dos partidos.
Por todo iso, debemos salientar a xeral acción do Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación, en siglas ICIJ, mais non podemos esquecer o gran tributo que a estas investigacións ten dedicado, en variadísimas ocasións divulgando listas e implicándose en afondar datos sospeitosos, tratase da canle de televisión xeral, coñecido como a “SEXTA”.
Mas continuando, imos referir unha das capitais europeas, máis coñecidas dos evasores fiscais, falamos de Luxemburgo, onde de forma persoal, verificamos a certeza dos datos coñecidos, como as empresas de “CAIXA DE CORREO EN ENTRADAS DE EDIFICIOS”, onde en xeral ten sedes despachos de avogados ou outros intermediarios de empresas evasoras, así tiñamos:
– Edificio número 5 da Rúa/Rúa Guillaume Kroll, este dá lugar de máis de 1.600 empresas
– Edificios número 2 da Avenida Charles de Gaulle, acolle cerca de 1.450 empresas
– Edificio número 46 da Avenida John F, Kennedy, cerca de 1.300 empresas.
Mais aínda había máis portais de edificios con caixas de correo de moitas outras empresas, mais ficará para outra ocasión (estes datos foron tamén confirmados polo Consorcio enriba referido – ICIJ).
Imos referir un estudo dunha larga e exhaustiva investigación das Universidades da California, de Berkeley e a de Copenhague, conxuntamente estas estimaron en que case 40% dos beneficios das grandes multinacionais, pasaban anualmente, para os PARAÍSOS FISCAIS, máis de 650.000 millóns de dólares. Este valor, foi o detestado en 2016, e non temos dúbidas que ten vindo a aumentar cada ano. Se o depuramos, polo menos, os impostos defraudados deben pasar dos 200.000 millóns de dólares.
Agora, como unha pequena contribución a un cálculo próximo ao que debe ser defraudado e, como tal perdido pola Facenda, debe andar polos 13% dos seus ingresos estimados de impostos, se considerarmos o que as grandes empresas esconden, por orde de cantidade de evasión, no sentido decrescente, temos Países Baixos, Luxemburgo, Irlanda, Suíza e Bélxica.
Estímase os beneficios que se perden son:
En todos os paraísos 14.693 millóns de dólares
Só nos paraísos europeos, algo como 12.111 millóns de dólares
Estas dúas cláusulas nos dan unha perda fiscal de respectivamente, total 3.673 millóns ou 3.028 millóns, se soamente nos referimos ao evadido nos países da Europa, enriba referidos.
No próximo artigo falaremos dos famosos papeis divulgados nos últimos decenios.
Se el primero en comentar