Que son os tipos de xuros negativos

Por José Vieira

Temos sido varias veces inquiridos sobre o que significa, xuros ou intereses negativos. Pois, hoxe procuraremos esclarecer dunha maneira o máis simple posíbel esa cuestión.

En primeiro lugar, queremos dicir que en toda a nosa vida, nos era estraño que o diñeiro, non tivese un rendemento, pola súa utilización, desde que fose esta efectuada por persoa independente do propietario da masa monetaria.

Coa chegada dos tempos difíciles do fin do século pasado e sobre todo xa neste, a cousa comezou a se torcer e a presentar figuras monetarias, que até entón eran descoñecidas para a maioría.

Estas novas formas monetarias, non só causaron estrañeza, como foron desde pronto utilizadas dunha forma común, sen sequera o usuario teña o coñecemento das razóns polas cales tal sucede, pois o que realmente lle interesa é o seu efecto práctico.

Imos pornos na posición dun banco tradicional, e analizar, cal era o seu tipo de negocio até moi pouco tempo atrás.

Así, antes os particulares e as empresas, utilizaban os bancos para “gardar” os seus aforros, ou para posibilitar a forma máis fácil de mobilizar os seus excedentes, para faceren os seus pagamentos a terceiros, e recibir igualmente seus ingresos.

Todos nós temos a idea correcta de como o banco raciocinava no seu negocio. Trataba de calcular o tempo de estadía media dos aforros dos seus clientes, para mobilizar eses caudais monetarios e, a partir dese colchón, conceder créditos a outros clientes necesitados de liquidez, e cobrar unha contía por esa disponibilización. Ese era o prezo por conceder o diñeiro.

AO FINAL, DE QUEN ERA O DIÑEIRO QUE O BANCO PRESTABA?

Na súa gran maioría, se trataba dos depósitos dos seus clientes (pasivos para os bancos) e, resultaban primeiro dunha experiencia empírica do tempo de recurso dos mesmos e, posteriormente de cálculos máis avanzados econométricos.

Como podemos ver, e de experiencia feita, había entón dous prezos, o de captación de depósitos e outro de concesión de préstamos. É o mesmo que ter unha balanza con dous pratos en que dun lado temos os xuros pagados polos depósitos (xuros negativos) e, do outro lado, os xuros (xuros positivos) recibidos polos préstamos. O valor do peso, desa balanza, determinaba se a xestión do banco era eficiente e canto o sería.

Así dito, dunha maneira, mais técnica, o tipo de xuro, se podía dicir que era o prezo, dun determinado activo (en noso exemplo monetario), pola súa utilización. Quere de forma activa, quere de forma pasiva.

Pasemos agora ao comportamento das persoas, en xeral: estas valoran máis no futuro o valor dun activo que no presente?!

Esta interrogación e exclamación ben podía ser soa unha boa pregunta, pois, o que esperan os detentores de aforro, é naturalmente unha cadea de pagamentos, ou remuneracións para os seus aforros. O futuro, estará en función das expectativas de obter, esa contribución. Por iso, estarán dispoñíbeis para aplicar o seu sacrificio do presente, en pagamentos no futuro, desde que o prezo a obter no futuro, sexa igual o maior que o sacrificio do presente.

Sacrificio presente < ou = que pagamentos no futuro

Claro que en igualdade de situación, só aplicarán se por algunha circunstancia se deseña no horizonte algunha incerteza.

Postas estas consideracións de entrada, podemos engadir, que non se é así que pasan as cousas, nunha máis apresurada análise, o sistema bancario, deixaría de ser rentabel e como tal, podería levar mesmo, á súa extinción.

Agora, debemos pór a cuestión que nos anima:

Representarán os tipos de xuro, do produto hoxe, en termos do mesmo produto, o mesmo dentro dun determinado tempo?

Inmediatamente nos vén as seguintes cuestións:

– Por que as persoas dan máis valor a un activo no futuro que no presente?

– Porque hai xuros negativos e, que realmente significan?

A esta primeira pregunta, serve naturalmente as expectativas dunha vida futura, como dirían os clásicos, calma, tranquila e sen sobresaltos.

Sacrificio presente < que ganancias no futuro ou súa expectativa.

Pois o que buscan é unha corrente de pagamentos monetarios durante un determinado período de tempo de súa existencia terreal.

Pasemos aos xuros negativos, e o que primeiro as persoas pensan é no beneficio de que se conseguen unha hipoteca, só teñen a se preocupar, coas comisións e outras imposicións dos bancos a hora da concesión dun préstamo. Todo claro e simple, parece que só gaña o prestatário e se espreme o prestador (gaña o que se hipoteca e se axusta o banco).

Imos, a partir deste momento, pensar en que os tipos de xuro negativos, resultan de mercados de prezos. É aquí que entran en cuestión os chamados “bonos”(1).

Poñamos a tónica nos “bonos”, para iso, imos supor que o Estado determina que uns títulos chamados “bonos”, terán intereses negativos para os respectivos posuidores destes. En linguaxe corrente, significa que alguén compra por un prezo máis alto, do que eses “bonos” prometen pagarse (rescatarse). A isto se chama rentabilidade negativa.

Cun exemplo máis práctico e, do día a día se entende mellor o que é un xuro negativo:

Supoñamos que un “bono” do Estado, indica que pagará no futuro 1000 euros, non habendo, mentres, máis ningún pagado para este (o que significa o habitual designado por cupón cero). Entón, por outro lado, se este “bono”, hoxe se vende por un valor inferior aos 1000 euros, prometidos, o seu xuro será positivo. No entanto, se vende por máis de 1000 euros hoxe, estamos perante un xuro negativo.

Como podo explicar a lóxica de deter “bonos” de rentabilidade negativa, de forma que mesmo así prefire non gastar hoxe para gastar no futuro.

Pensemos nun individuo que desexa contraer un préstamo para adquirir un coche. Este contrae un préstamo para a dita compra e se compromete co banco a un determinado calendario de pagamentos. Neste caso, non parece que a familia que compra o coche, renuncie ao seu consumo actual. A razón é que eles consideran que a utilidade de utilizar o coche é superior ao valor dos pagados polo mesmo. E máis, cando o coche estiver pagado, probabelmente o coche aínda estará a funcionar eficazmente.

Así o que queremos dicir é que os préstamos financian activos, e non en xeral consumos actuais, en detrimento de futuros. Igualmente pasa co banco, este non está a trasladar consumo para o futuro, os bancos non consumen. O banco actúa por criterios de seguridade, de liquidez, do custo da transacción e non por renegar a un consumo.

Entón, en primeiro, quen fai a compra de “bonos” son os bancos e outros intervenientes financeiros, e non os particulares. En segundo lugar, a compra de “bonos”, non significa de modo algún a diminución do consumo no presente. Só se trata dunha modificación cualitativa de activos. En terceiro lugar, os compradores de “bonos”, non os compran para financiar consumos futuros, os compran, con obxectivos ben definidos de poderen especulara con estes, ou sexa, a obtención de beneficios financeiros.

Temos que ter en atención que os mercados son globais e, por tanto, hai diferenzas entre os cambios de moedas entre países, de aí que existen perspectivas de ganancias distinguidas, entre estados. Isto significa que os tipos de intereses (xuros), se moven de forma distinta entre países.

Pensemos agora como os bancos: se queren manter unha parte dos activos en “bonos” do Estado, están a diminuír a probabilidade de ser incapaz de responder polas obrigas contraídas ou as que queren vir a realizar. Se trata de avaliar, cales os beneficios de comprar “bonos”, en relación a outro tipo de operacións existentes ou posíbeis. Claro que a vantaxe está nos “bonos” e por iso, os bancos están dispostos a pagar por esas vantaxes.

Temos que adiantar que o modo pola cal se vende un “bono”, significa a creación dunha dobre contrapartida, falamos de activos e pasivos. Para o Estado, este se caída cun deposito, que é un activo, mentres o banco, o deposito é un pasivo, por outro lado o banco adquire un activo, que é o “bono” e o Estado fica cun pasivo.

No xeral, os bancos, non teñen ningún inconveniente a permitir que as persoas teñan contas correntes no seu banco con taxas negativas. Aí está tamén o seu interese actual. Basta ver canto paga unha persoa que non ten conta bancaria nun banco, por unha transferencia bancaria, en relación a outro, que si a teñen. E as persoas consenten pois, e valoran como positivas os servizos ofrecidos polos bancos e, por iso pagan. Están a facer depósitos de interese ou xuros negativos.

Así, para os bancos hoxe, os xuros negativos son máis unha ferramenta, indispensábel, para levar a cabo os novos retos, que se lles poñen.

Temos unha reflexión, en relación a esta materia, así, canto menores foren os tipos de xuros, que pensamos no futuro, maiores serán os beneficios esperados cos “bonos”, de acordo con esa expectativa de baixos intereses hoxe.

Todo isto, o comprendeu perfectamente John Maynard Keynes, tendo este considerado que os tipos de intereses a largo prazo, determinados desta forma, serían unha das pedras angulares, do seu marco teórico.

Terminamos cun corolario, que se pode resumir da seguinte maneira: mentres haxa un simple tipo de cambio distinto entre hoxe e o de mañá, os prezos dos distintos activos, variarán de maneira distinta.

Paradoxalmente, mentres os tipos de xuros poden ser negativos, no mundo real, os intereses medios das tarxetas de crédito, roldarán os máis do 15%.

Nota (1) – Bonos, son valores de débeda utilizados, tanto por privados como polo Estado. San títulos de débeda, de encaixe fixo ou variábel.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.