![]()
Non podemos esquecer que nun futuro non moi distante, as máquinas farán a maior parte do traballo en que mais traballadores utilizaban e, as ganancias das empresas se centralizan nos petos dos empresarios que non entraron a pagar salarios aos operadores despedidos
Por Jose Vieira | 30/06/2025
Imos falar dun libro recentemente publicado en español onde colaboran algúns das voces mais solidarias e esclarecidas da economía social de España.
Tratase dun libro de entrevistas a varios deses colaboradores e, cuxo autor do prologo é o deputado ás Cortes españolas Agustín Santos Maraver.
Este señor, é un actual deputado do partido Sumar, nacido en Los Angeles, California nos Estados Unidos da América do Norte, sendo embaixador e representante permanente de España nas Nacións Unidas, no período de 2018 a 2023.
Tamén resaltamos a presenza do mestre da Universidade de Barcelona, coñecido defensor da Renda Básico, gran escritor de temas económicos e sociais, con moitas publicacións sobre estes temas e outros de carácter social.
Tratase da organización de entrevistas a outras autoras e autores, polo biógrafo de Keynnes e tamén economista Robert Skidelsky.
O tema central, é moi preocupante pois, andou esencialmente o que nos pode reservar o futuro, cando se der o gran choque entre o traballo, a política coa tecnoloxía.
Como será ese choque?
Non nos resta calquera dúbida, infelizmente, sobre os destinos negros en que se van afrontar primeiro os traballadores e pronto as clases medias.
Non parece preocupar os nosos dirixentes sexan eles de que partido sexan, o que os preocupa nestes momentos é ver quen máis groseiro e maleducado sexa para co partido de goberno actual.
Creo que a estes señores, non están a ver que gran cantidade de fabricas pecharan as súas portas, que miles de traballadores e profesionais de xa nivel universitario estarán nun inevitábel desemprego.
O que está a acontecer, é desde xa, un discurso populista aos seus soportados políticos, imposto polos grandes grupos empresariais, que a través de campañas de intoxicación política, manipulando os acontecementos e as estruturas dos tres poderes, en especial o denominado Poder Xudicial (tradicionalmente unha autentica xerarquía de pais para fillos), e fundamentalmente os máis importantes medios de comunicación social.
Que o que fan neste momento, son campañas e discursos manifestacións, como as en fronte de sedes de partidos políticos, que lles son adversas, lanzando falsas informas e explotando outras a seu belo pracer, lanzando con esas actuacións o odio e, como tal confundindo os máis desprotexidos.
Recordemos por exemplo, os millóns de euros facilitados polos empresarios, que pagaron as publicidades efectuadas con decenas de autobuses pintados con slogans, probabelmente polo menos insidiosos, contra o xefe do executivo tendo se xuntado a estas implicacións de millóns de euros dos empresarios, a igrexa católica, non soa co seus diñeiros, como facendo de receptáculo das participacións dos particulares, que se implican co seu apoio persoal, nestas campaña da implantación dun fascismo.
Esta situación é como mínimo criminal.
Todo isto vén de encontra co escrito orixinario do economista John Maynard Keynes, de nacionalidade inglesa e, un seu ensaio, que reputamos de futurista, que se titulaba “Perspectivas económicas para os nosos netos”.
No entanto, nós pensamos dunha forma máis sucinta, ou sexa:
Como debemos intervir nas evolucións ou revolución tecnolóxicas, para que esta non nos mate, mais si, que sirva para que o “ben estar social e colectivo, sexa nivelador da sociedade e non un factor de aumento das desigualdades”.
Este é que debe ser o noso obxectivo en relación ao desenvolvemento da revolución tecnolóxica.
Non podemos esquecer que nun futuro non moi distante, as máquinas farán a maior parte do traballo en que mais traballadores utilizaban e, as ganancias das empresas se centralizan nos petos dos empresarios que non entraron a pagar salarios aos operadores despedidos.
Como irán sobrevivir os despedidos?
Esta é unha pregunta crucial, a que temos desde xa estudar e, crear as condicións estruturais necesarias para que, como nas maiorías das cuestións socioeconómicas, acontece, como de acordo co aforismo popular de “só nos recordamos de Santa Bárbara cando hai tronos”. Sempre pensamos cando estamos sobre o problema e normalmente xa é demasiado tarde, as solucións improvisar.
Non esperemos encontrar neste libro as solucións para os problemas con que imos a ter no noso camiño, o que temos é realmente levantado as cuestións pertinentes con que imos deparar e, naturalmente nos cabe a todos os estudosos, destes temas procurar arrimar o ombro, para encontrar as solucións en tempo oportuno.
Este señor, nos referimos a John Maynard Keynes, proferiu unha conferencia en Madrid, na Residencia de Estudantes de Madrid en xuño de 1930, a nada menos de 95 anos.
No entanto, que longo camiño está a percorrer a autonomía de Madrid, pois, todo indica que é o elemento avanzado, para unha auténtica aproximación ao fascismo máis severo, pois, a súa dirección está ao lado da dirixente alemán, Alice Weidel, do partido AfD da extrema dereita, tendo como lema que “Hitler era un comunista”.
Creo que chega esta referencia para ver até onde queira chegar esta política que dirixe esa autonomía de Madrid e que domina o seu partido.
Por todo isto, a inoperáncia dos dirixentes dos partidos políticos, dada a súa única preocupación é satisfacer no inmediato os populismos, se van deixando arrastrar por unha onda, moi ben orquestrada polas oligarquías e os moi ricos, como enriba temos afirmado e, neste baleiro, da súa irresponsabilidade, seguen como cordeiros as ordes dos seus amos locais , por un lado e, por outro, as ordes do patrón americano.
Non podemos esquecer, que Keynes sempre defendeu a paz e nunca a resolución dos problemas con accións bélicas. Más, el foi o restaurador coas ideas e a súa acción un dos alicerces do gran desenvolvemento do tras segunda gran Guerra.
Todos debiamos recordar, o que aconteceu en 29 de outubro, que ficou coñecido como o “xoves negro”, da principal Bolsa de valores mundial a coñecida pola súa localización en Nova York, na rúa en inglés, WALL STREET.
Esta bolsa se somerxeu e antes que terminase o mes seguinte de novembro xa perdera metade do seu valor.
Se sucederon auténticos dramas entre os investidores de bolsa, chegando mesmo a xerar varios suicidios.
Para tentar construír unha barreira contra estas situacións, inspirada por varías intervencións de John Maynard Keynes, de forma indirecta, se publicou a lei de Smoot-Hawlwy, o que a pesar desta a caída do comercio internacional aínda máis agravou a situación chegando esta a tocar fondo até 1933.
Este é o comezo das intervencións de Keynes, en que este se refería, co máximo pesimismo á situación da economía mundial.
Imos mesmo inserir nesta nota, un chiste dun dos maiores investidores na Bolsa de Nova York, se trata do famoso John Rockefeller, que na altura afirmou: “en meus 93 anos de vida, as depresións foron ido e vindo. Mas a prosperidade sempre regresou e sempre o fará”.
Terminamos este pequeno texto, que os marxistas, xa se tiñan manifestado en conta das políticas de reconstrución, así como os economistas neoclásicos do tras da Primeira gran Guerra, que tiñan como dogma, que se deixase o mercado continuase a súa marcha e, que este encontraría de novo o camiño da prosperidade.
Todo isto hai custa da flexibilidade descendente dos salarios dos traballadores e, isto nunca preconizou o gran economista inglés, John Maynard Keynes, todo en contra do que pretenden os descendentes deste gran economista.
Se el primero en comentar