Reparemos, con todas as evidencia, que a hexemonía dos USA, evidencia realmente un claro declive
Por Jose Vieira
Comezamos este texto, por unhas palabras que sempre calaron fondo na nosa mente e, que rezan da seguinte forma: “A crise consiste precisamente en que o vello (ideas antigas) está morrendo, e o novo, non acaba de nacer (aínda está nun proceso pre-parto), neste período de interregno, aparecen unha enorme variedade de síntomas mórbidos”.
Estas palabras coa nosas adaptacións, se deben ao grande pensador, Antônio Gramsci.
Este pensador se chamaba Antônio Francisco Gramsci, que nacera en Ales, na Cerdeña, o día 22 de xaneiro de 1891, falecendo en Roma en 27 de abril de 1937. Foi un dos fundadores do Partido Comunista de Italia en 1921, sendo seu secretario xeral.
Estivo prisioneiro en Turin, cando estaba no poder, en Italia, Benito Mussolini (implantador do réxime fascista) e, a quen teñen como exemplo, a actual primeira ministra do país, a señora Giorgia Meloni, que alén do máis é apoiada pola presidenta da Unión Europea (EU) Ursula van der Leyen, dando cobertura á súa política de extrema dereita.
Así, temos varías preguntas que nos poden pór en cuestión, as nosas conviccións sobre a historia económica moderna. Pois, estas están cargadas de períodos de interregno e de hexemonía.
De aquí as preguntas que nos xorden:
QUE PASARÁ CO VELLO?
DEBE MORRER?
E
COMO CHEGAREMOS AO NOVO?
NACERÁ?
Neste momento nos xorde unha reflexión: Se podemos imaxinar a morte como un proceso endóxeno de esgotamento, xa o mesmo non ocorre necesariamente co nacemento.
E aquí xorde unha outra cuestión:
QUEN DARÁ Á LUZ O NOVO?
É entón que nos aparece á praza da historia económica unha secuencia repetida de:
Regnum – interregnum – regnum
Que se encontra patente nos mercados, pois, é unha noción capitalista, e en particular, nas finanzas.
Estas secuencias históricas, foron visíbeis e están perfectamente levantadas polos historiadores económicos, a través das análises, das economías quere de Xénova, dos Países Baixos, do Reino Unido e dos Estados Unidos da América do Norte (USA), á praza de cerca de 700 anos.
Tratase dun mecanismo subxacente e, que funciona trans historicamente como unha certa lóxica de metamorfose.
Podemos dar un cadro secuencial que deixaremos en inglés, lingua orixinal en que o mesmo está elaborado, e que levanta esta cuestión, desde o final do século XIX, até ao presente, utilizando agora, os termos en inglés: Hegemony (como substitución de regnum) e Interregno.
Classificaçao
Período
Hegemony Gold Standard
1870 / 1914
Interregnum
1914 / 1945
Hegemony
1945 / 1971
Interregnum
1971 / 1983
Hegemony
1983 / 2008
Hegemony
2008….
É un esquema convencional da historia económica moderna.
Modelos deste tipo, poden nos levar de más que normais confusións, sobre todo polo temor que pode xerar, as fases de interregno, considerando paralelamente que se reducen a esa fase onde impera unha desorde, que pode até ser temporal e probabelmente previsíbel.
No fondo, o modelo nos mostra un desenvolvemento histórico, mais que en realidade vai reducir todo o cambio radical a unha repetición, pola probábel e ascendente pasaxe dunha fase a outra.
As expectativas, son que debemos esperar que tras unha hexemonía, se suceda unha outra.
Este tipo de raciocinio, é polo menos inxenuo, para alén de ser perigoso.
Reparemos, con todas as evidencia, que a hexemonía dos USA, evidencia realmente un claro declive. Claro que o que para algúns será unha angustia, para nós é o momento de explicitar outra pregunta:
Quen vén axiña?
É evidente que esta se resolve, pois, está contida no proceso de repetición histórico:
hexemonía – interregno – hexemonía.
Non parece ser nada difícil poder avanzar un sucesor para a fase seguinte é a China.
Non nos esquezamos que quen goberna a China, é o Partido Comunista e, aquí, está o gran problema dos USA e dos seus impostos asociados, ao verificar que quen sobe a costa e irá dominar toda a fase, é nada máis nada menos, do que un país, xestionado polo tipo de política socio/económica, que para os USA e para a EU, eran desprezábeis.
Os USA e a decrépita EU, liderada por eses empregados subservintes do patrón americano, están completamente obliterados intelectualmente polas imposicións dos seus donos.
Así para os americanos, no seu estertor da morte eminente e, como a todos os escorpións, buscan matar e eliminar todo o que se lles pase en fronte, pois para os seus dirixentes a perda do liderado, por parte dos USA, é algo de insoportábel.
Mais meus queridos lectores é algo, más que evidente, e perfectamente inevitábel.
Esta situación, só non a ve, quen non quere, como son os dirixentes americanos e os seus incondicionais, socios dirixentes da caduca Unión Europea.
Se el primero en comentar