Que facer co cambio climático?

Estamos e vivimos no planeta Terra, esta masa sobre que usufrutuamos do seu acollemento, ten que nos esixir moi máis do que unha visión ben primaria ou binaria, sobre os desafíos que temos que afrontar.

Por Jose Vieira

É habitual, que todos os días aparezan uns centenares de artigos sobre a necesidade de se tomar, na debida conta os fenómenos decorrentes do cambio climático en curso.

Podemos dicir até, que a situación do ambiente en que estamos envolvidos, se transformou en algo tóxico, mais o que non entendemos, é que o que debemos facer, para o salvar ou até ir recuperando, se é posíbel, continúa parado, polas ganas dos Estados Unidos da América do Norte e das corporacións industriais e financeiras que aqueles dominan, máis que dirixen.

Estes señores o que ten nas súas mentes é que ten que dar seguimento ás súas producións altamente contaminantes e fluxo a equipamentos e sobre todo aos materiais bélicos (o excelente negocio das armas, para o conflito provocado pola invasión da Ucraína pola Rusia) e, como agora xa se esgotaron a maioría dos stocks, parece que o Senado americano, xa non está polos axustes, de continuar a enviar apoios ao mesmo nivel e ritmo, para o pozo sen fondo que é a Ucraína.

Claro que esta situación dun cambio climático, polo momento imparábel, uns señores do mundo ollan para o outro lado, mentres outros, mandan que os activistas, que loitan por parar estes cambios nefastos, sexan dispersados, na mellor dos casos a golpes de “porras”, para que se lles acaben as ganas de contestaren e, se oporen as necesidades dos señores ricos, de destruíren o mundo a seu belo pracer.

Vemos tamén que a través das redes sociais, se van facendo eco contra esta destrución constante e continúa, que xamais se pode resolver con compras de créditos.

Tamén debemos alertar que as negociacións e, tan pouco as manifestacións serán eficaces, en calidade de movementos de todos a vez tirando polo mesmo coche.

O que queremos dicir, que nin todo é branco, nin todo é negro. Estamos e vivimos no planeta Terra, esta masa sobre que usufrutuamos do seu acollemento, ten que nos esixir moi máis do que unha visión ben primaria ou binaria, sobre os desafíos que temos que afrontar.

Os intereses, dos produtores de enerxía é naturalmente aumentar cada vez máis os seus beneficios (o que pagamos pola enerxía actualmente é unha especulación en toda a orde, mesmo considerado que os medios se van tornando cada vez máis escasos), mentres por outro lado as petrolíferas buscan lucrar o máis posíbel coa venda dos seus barrís de petróleo.

Non podemos deixar de non recordar, que todo isto se acelerou (o incremento dos prezos dos combustíbeis fosiles), tras o comezo do peche das Centrais Nucleares.

Mais non nos equivoquemos, á medida que os señores dos combustíbeis fosiles dominaren as fontes de enerxías renovábeis, a seu belo pracer e, non está lonxe ese momento, estaremos na mesma ou peor situación que hoxe.

Reparemos nunha cifra que nos coloca os polos en pé: “o investimento estimado para cumprir o límite de 1,5 graos de subida da temperatura global, ascenderá a uns 150 billóns de dólares americanos e, isto só até 2050.

Aquí temos que indicar, que a gran parte deste inmenso investimento irá para as enerxías renovábeis, máis redes e reforzo das existentes de distribución, para o aumento da eficiencia enerxética dos consumos.

O camiño, terá que ser dialogado, queiramos ou non, estamos nunha economía dominada polas grandes e insaciábeis vontade das multinacionais, a quen obedecen cegamente, os gobernos – e só existen gobernos neoliberalistas e, que pasan dos intereses mínimos dos sus cidadáns) e, se terán que sentar a volta dunha mesa os especuladores e os gobernos.

Aí, os gobernantes terán que buscar todas as súas capacidades de honestidade e xamais se poderán esquecer, que para alén das portas xiratorias que esperan, teñen que defender minimamente os seus votantes.

Claro que dadas as circunstancias, a sociedade civil non se pode desconectar desa loita e, como non, terá que buscar todas as formas, legais posíbeis e, até algunhas máis fortes sen caer en actos dubidosos, de apoiar na rúa as negociacións e impor presión nos gobernantes e, naturalmente os comprometer.

Esa defensa non pode ser ficticia, deixando portas abertas para a actuación discricionária, dos señores das enerxéticas.

Reaparece-se do que se está a pasar en Alemaña, despois dalgunhas enerxéticas teren chantaxeado o goberno de coalición, este en un golpe de desespero pois, non podía deixar a poboación sen subministro enerxético, reactivou algunhas centrais enerxéticas a carbón.

Seguranza enerxética, menor dependencia do gas, peor calidade para a poboación, todo consecuencias de cuestións políticas/comerciais, resultado dos intereses de incitar o cerco da OTAN a Rusia, premidos polos americanos (pois, tiñan que esgotar os stocks de material de guerra e aumentar os seus beneficios, as empresas de armamento, en especial as americanas).

Unha contradición, feita de incapacidade de dignidade e independencia política ao servizo de quen elixiu os seus representantes.

Non podemos deixar de afirmar, que segundo os máis recentes estudos sobre a descarbonización do sistema eléctrico, o seu tratamento no sentido de baixar drasticamente a súa carbonización, só é unha parte, aínda que substancial, mais que non pasa do 25% do problema.

Tamén queremos deixar, a idea de que un camiño máis sustentábel é a produción de enerxía verde a partir do hidroxeno (damos nota que no país veciño Portugal esta para ser aplicado un investimento de 1,5 mil millóns de euros para a produción de combustíbel verde para navíos no porto de Sines.

O problema reside entre outros nos restantes 75 %, que non son a produción de enerxía.

Serán a mobilidade das persoas, serán a construción civil (que é altamente produtora de carbono), será a agricultura, será a gandería, etc.

Queremos deixar ficar dito, que o cambio climático e, os consumos sustentábeis, non son soamente un problema das estruturas produtivas, mais naturalmente, resultantes dun problema básico das poboacións e, este é como todos sabemos, UN PROBLEMA DE EDUCACIÓN, PERO SEMPRE QUE NOLO SINALAN, OLLAMOS PARA OUTRO LADO, FACENDO OÍDOS SORDOS.

Temos que urxentemente cambiar… o tempo se esgota

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.