Que está a pasar en Europa

Esta viraxe, sen medio termo, a unha dereita ultraconservadora, a camiño en marchas forzadas para réximes ditatoriais, onde a lei non existe, para ser os límites da convivencia, o que nos leva a concluír é que estamos nunha profunda crise.

Por Jose Vieira | 21/02/2025

Parece que estamos nun período de transición, para algunha cousa, que non se sabe moi ben o que será, mais certamente grave ou que resultará nunha transformación completamente indescifrábel.

O que nos trae máis preocupados, é o traxe dos cidadáns non se daren conta ou lles importar un “comino” o que viñer a seguir.

Diriamos que todos os desexos políticos, formados a través da razón de estado e consensos, ten desaparecido ou postas de lado, sendo substituídas, por popularismos empeñados en polarizacións.

Poderiamos mesmo dicir, que este tipo de arranxo colectivo, puxo en marcha un vector ou segmento, dunha forma intersticial, de raíz política conservadora e radical, que se estabeleceu para se quedar.

Exemplos a seguir non faltan, vasta fixar os nosos ollos e oídos, nos republicanos americanos e sobre todo o seu actual equipo demoníaca e os orientadores de corte fascista.

Desde ese modelo de perversión política, podemos pasar para o lado de acá do Atlántico e ver o xefe conservador inglés Boris Johnson, ex-primeiro ministro británico).

Un outro modelo que tamén ten feito o seu diabólico percorrido, o de Sebastián Kurz, que debaixo da bandeira do partido OVP, impulso a praxes política austríaca, para un conservadorismo de vertixe.

Se por outro lado ollamos con atención o panorama pre-electoral da Alemaña, só vemos sombras, demasiado espesas, cos partidos Social Demócrata e Verdes en perda e, coa subida case fulgurante do partido CDU, provocado polo discurso populista do ultraconservador e, seu xefe, Friedrich Merz. Mais este, non esta soa o acompaña a radical de extrema-dereita (xa pasou todos os límites do conservadorismo) do partido AfD, dirixido por Alice Weidel.

Con este panorama no horizonte, polo menos se nos atemos aos países que están más achegados da nosa órbita visual, só podemos concluír que esta viraxe, sen medio termo, a unha dereita ultraconservadora, a camiño en marchas forzadas para réximes ditatoriais, onde a lei non existe, para ser os límites da convivencia, o que nos leva a concluír é que estamos nunha profunda crise.

Non podemos dicir que é unha crise sectorial, deste o daquel sector dunha forma preponderante, o que podemos, a noso ver, é dicir que nos encontramos nunha crise, moi semellante a unha imaxe moi suxestiva, que é a de un individuo, que foi introducido nun labirinto, coas sebes moi altas e onde a luz penetra sen deixar fluxos nin rastros de orientación.

O noso home se encontrará perdido, e se non se consegue aguantar a si propio entrara nunha angustia incontrolábel.

Pois, ben, parece que a situación do mundo actual, polo menos como enriba dicimos, se encontra nunha situación parecida.

E o peor, como dicimos unha e outra vez, é que a poboación está completamente anestesiada e os que non o están, están aterrorizados pois, o líder terrorista mundial, a todos que se revelen lles promete cortar o pescozo de inmediato (tratase dunha imaxe e nada más).

Non podemos deixar de reflectir, que temos atravesado nestes últimos cincuenta anos, períodos en que se desenvolveron múltiples crises e, estas, como que apareceron para contradiciren que o crecemento e as mellorías de benestar social, así como as desigualdades igualmente sociais, deixaron de ser unha meta alcanzábel para ser un mero espellismo.

Esta situación, que aos poucos se foi sedimentando no espírito da gran maioría dos cidadáns, se tornou nunha auténtica perda de confianza nas institucións, na democracia representativa, dando o paso aos que tomaron como modelo estes períodos históricos do pasado, para se serviren como arquetipos a poderen implantar, aproveitando o estado abúlico das poboacións.

Recordemos as pandemias, as crises financeiras, os cambios climáticos (estes rexeitados polo presidente americano actual que inclusive se retirou da Conferencia de París do Cambio Climático), as inundacións, os incendios as colleitas perdidas a fame, en determinados cuadrantes da poboación e, como non podía deixar de ser, a inestabilidade que deste éxito decorren, levan a unha total indiferenza, talvez até a un fatalismo, dos cidadáns.

Todos estes ingredientes, están levando a que as poboacións recoñezan que a social-democracia, non é o eldorado prometido e, con toda a razón.

Entón, xorden no planeta, como caído dos ceos, os apóstolos do oportunismo, liderados polos excepcionalmente ricos, polos maiores multimilionários, que encontran as canles abertas e desocupados e, como saben que necesitaban dunha forza de apoio, ou sexa, de poderío de coacción, compraron as campañas para a elección dos Estados Unidos da América do Norte, non cometendo os erros que cometeran da primeira vez que apostaran en Donald Trump.

Agora “xogaron pola correcta, preparando coidadosa mente, a chegada ao poder deste seu “títere”, desde lonxe como se fose unha carreira de maratón. E, non un sprint.

Estes mesmos señores cuestión dominando o líder do “Caos” da política sen balizas nin leis, a través do seu máis visíbel, ariete, o señor Elon Musk, o principal accionista da fabrica de automóbiles “Tesla”, están entrando en todas os partidos ultra da Unión Europea, creando as condicións de apoio ideolóxico nos respetivos xefes de fila dos partidos enriba referidos, quere na Alemaña, na Austria, na Hungría, na Italia, etc.e, como non de apoios financeiros.

Mas non podemos deixar de referir, a posición destes mesmo xefes de fila, que auto se denominan conservadores, cando o se realmente son, é elementos de ultradireita, que marchan implacabelmente para ditaduras de tipo fascista e coa cobertura financeira, dos principais multimilionários mundiais, dese 1% de moi ricos.

Parece, estar en vías de se efectuar, un desfile das hostes fascistas, como nos idos de Hitler na Alemaña.

Esperemos que iso non veña a acontecer, cando o señor Benjamin Netanyahu, primeiro-ministro de Israel, entregue a facha de Gaza, para xardín de disfrute ao señor Trump e seus amigos.

Terminamos este pequeno texto, coa afirmación de que nos esperan tempos moi complicados, pois, non temos dirixentes realmente empeñados en defensa dos seus concidadáns, o que temos é dirixentes implicados nas redes do poder financeiro do 1 % dos máis ricos e, que á súa vez, co poder militar, do seu funcionario Trump, se tornaron os donos deste patio en que vivimos.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.