Que é o 25 de novembro

verificamos que as conquistas de verdade do pobo portugués, se escoaron por entre os dedos do poder económico e financeiro de entón, resurxido das cinzas da retagarda da dereita

Por Jose Vieira

Estamos realmente nunha época festiva. Hai promesas de extraordinarios descontos para que as empresas atraian dunha forma máis atractiva ós clientes para realizaren os seus beneficios de fin de ano que, en xeral, son os mellores do chamado exercicio anual.

Tamén este ano xuntouse nesta data, non só a invasión que xa vén doutros anos, da Ucraína pola Rusia, mais o xenocidio do pobo palestino, por parte dos israelitas, como represalia a unha relación de desespero, practicado por un grupo de palestinos que xa non podía soportar as humillacións e viviren obxectivamente arrestados en “ghetos” na súa propia terra, vella de 1.500.

Esta situación da represalia, en forma de xenocidio, basta as palabras dos ministros de Israel, dirixidos por Netanyahu que un deles afirmou que a represalia será unha “solución final”, matando e expulsándo os restantes para o deserto exipcio. No entanto outro máis radical, se propuña lanzar unha bomba nuclear táctica sobre Gaza.

Tampouco podemos esquecer que o Presidente Macron de Francia chegou a ofrecer o seu exército para acabar cos palestinos.

E para non se ficar atrás a señora Ursula von Leyden, incitou abertamente a que Israel se lanzase no camiño da vinganza total.

Estes só son uns apuntamentos para vermos en que estamos somerxido no momento actual.

No entanto, onde nos queremos situar, é en algo que foi realmente traumático, nesta data para a Revolución dos Cravos Portuguesa.

Recuamos até ao ano de 1975 e, a Portugal, pois, decorreran xa, desde o día 25 de abril de 1974, data en que se desenvolveu a Revolución portuguesa, do mesmo nome, pasado 20 meses.

Se repuxeran as liberdades perdidas polo pobo portugués, durante os réximes chefiados por Antônio de Oliveira Salazar e, despois deste, de Marcelo Caetano.

Mais realmente o que se tiña realmente parado, era a guerra, nos territorios dominados administrativamente por Portugal.

Esta guerra, significaba o sacrificio de xeracións de mozos portugueses, que vían a súa vida ou suspendida, durante polo menos dous anos ou no peor dos casos, coa propia vida.

Así, para alén dos episodios verdadeiramente épicos, que caracterizaron a respectiva Revolución, cremos que o seu desenvolvemento, estivo supeditado, case en partes iguais, entre o propio proxecto do Movemento da Forzas Armadas (adiante escribiremos simplemente por MFA), protagonizado polo Movemento dos Capitáns e, pola poboación na rúa.

A democracia irrompía, naturalmente do programa do MFA, mais se completou como podemos asistir todos os que pasaron por esas etapas, xa no uso das súas capacidades cognitivas, polas ganas férreas ganas, da gran maioría do pobo portugués.

Xamais se poderán borrar as imaxes que mostraron a perfecta unión entre o pobo que traballaba e os militares que actuaron na eliminación do réxime antidemocrático que viña desde os tempos de Salazar e que continuaron con Marcelo Caetano sen só diferenzas.

Posto estas consideracións de situación, non podemos deixar de referir, que os réximes, especialmente os de dereita e, máis, os de extrema dereita, non se acaban nin por decreto e, polos visados, mesmo por unha Revolución pacífica e exemplar, sen sangue, como foi a Revolución de 25 de Abril.

Con isto o que queremos dicir, é que as conquistas das poboacións máis carecidas, mesmo como foi o caso da portuguesa, se foron extinguindo à medida que algo se habituaron a gozar de algo de liberdade.

Tamén é evidente, que algo de melloría de calidade de vida conseguiron, mais, os seus anhelos foron aos poucos perdendo forza.

Estas consideracións están fundadas en moitas declaracións de intervenientes no PREC (Proceso Revolucionario En Curso), e igualmente comparando o que se pretendía no papel, así como durante o mesmo proceso e, a onde está, o Portugal de hoxe.

Hai uns días, tivemos a posibilidade de ler unha entrevista cun antigo militar de Abril e, que posteriormente foi deputado por dous dos partidos de esquerda, do panorama político portugués.

O entrevistador, a determinado momento da conversa lle preguntou:

Cal a maior conquista do 25 de abril? (estamos a case unha distancia de 50 anos do éxito) e Mário Tomé, así se chama o militar en cuestión, contestou

A maior conquista do 25 de Abril, foi acabar coa Guerra Colonial”, engadindo, “é a única que se mantén de pé e a democracia…,” deixando esta en entre dito. Temos infelizmente esa mesma sensación, neste momento.

Proseguindo esta nosa análise, verificamos que as conquistas de verdade do pobo portugués, se escoaron por entre os dedos do poder económico e financeiro de entón, resurxido das cinzas da retagarda da dereita.

O que esa dereita hai feito, hai sido arvorar-se en tolerantes progresistas ou en avergoñados exploradores das clases traballadoras, para rexurdir dos seus agochos físicos e, aproveitar a inxenuidade dos revolucionarios de entón.

O seguinte paso foi reparado neses resucitados verdugos, co apoio da Europa e sobre todo dos Estados Unidos da América do Norte (de agora en diante só USA), impor severas condicións para permitir a supervivencia da democracia condicionada, nun cadro antisocial, mais iso si, de liberalismo capitalista.

Volvendo a entrevista que concedeu o militar de Abril Mário Tomé, o entrevistador tamén lle preguntou:

E cal o maior fracaso do 25 de Abril?”

Que contestou sen mais

Permitir o 25 de novembro, por falta de estratexia para o movemento popular”

Esta é a traizón que de verdade foi feita ao pobo portugués, mais non só, pois, a estratexia da Europa e dos USA.

A estes socios e mentores da desigualdade social en seus territorios e non só, era e é inadmisíbel un réxime que se bata e consiga anular as desigualdades sociais, penalizando os que se teñen aproveitado das proteccións para se apropiaren da máis valía do traballo humano.

Recordemos, por exemplo, que a produtividade do traballo, á crecido en cerca de 15%, os últimos anos e, no entanto, en igual período de tempo os señores empresarios, dunha forma magnánima (a cuberto da protección dos distinguidos gobernos), distribuíron uns miserábeis 3,5%.

O que significa, que a desigualdade, aumentou por esa diferenza, entre outras razóns. (15 %– 3,5% = 11,5%).

Debemos estar conscientes, que eses señores avergoñados e, que tiñan os seus diñeiros a cuberto dos ollos das pobres poboacións que alegremente explotaran, volveron con todas as ganas de agora, sacaren sen piedade nin calquera ética, todo o que sexa posíbel, sen ter os máis mínimos problemas de consciencia, nin límites para a súa ambición.

Todo o que poida acontecer ás poboacións, non son outra cousa, do que danos colaterais sen de máis mínima importancia.

Non podiamos terminar este pequeno texto, sen referir o que a dereita manipulou a situación política en Portugal nestes últimos 60 días e, sobre todo o movemento destrutivo e dunha manipulación desmedida e deshonesta do Partido Popular en España, orientado polo seu socio Vox e, que para alén do máis, dirixe con man forte o señor Feijoo.

Estes son realmente os herdeiros primoxénitos, do réxime fascista do señor Franco.

Tamén aquí, se teñen estado a preparar desde o día a seguir à morte do seu titular, polo menos.

E este pasamento do señor Franco, foi o 25 de novembro de España.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.