esta insistencia das liñas de estrutura neoliberais capitalistas, ten levado a que os ricos e as grandes corporacións paguen cada vez menos impostos e, como tal, os servizos que debían ser obxecto de fornecemento ás poboacións sexan cada vez en menor cantidade e calidade
Por Jose Vieira
Seguindo algúns dos grandes teóricos da macroeconomia, que teñen afirmado, cunha convicción practicamente relixiosa, en que os mercados deberán ser autorregulados, case por definición, pois, “calquera mercado está politicamente constituído” (1).
Por outro lado, buscando en Keynes (2), podemos dicir que os mercados capitalistas, mesmo sen ter en conta a súa orixe, necesitan dunha constante regulación, pois, a inestabilidade é unha característica do sistema capitalista. Este pon o acento tónico, en que moitos dos éxitos do capitalismo, non o serían se non fose que o seu proclamado xenio, non estivese sustentado e financiado pola inversión pública.
Basta que como exemplo, nos lembremos de como xurdiu a internet, a partir do iPhone e, se desenvolveu até hoxe, grazas ao investimento de axencias públicas que a crearon.
Outro exemplo, que todos recordamos, pois, está patente na nosa memoria máis recente, se trata da investigación médica, para a obtención das vacinas contra a covid 19, que pronto foron aproveitadas polas grandes compañías farmacéuticas mundiais.
Recordemos que os Institutos Nacionais de Saúde dos Estados Unidos da América do Norte, invisten anualmente un mínimo de 30.000 millóns de dólares de fondos públicos, en investigación, que pronto farmacéuticas utilizan a seu belo pracer, realizando beneficios estratosféricos.
Máis recordemos que as mesmas vacinas acabaron por ser directamente producidas, con capital público, sendo os beneficios económicos e financeiros para as empresas. Neste caso e en moitos outros o que podemos utilizar á expresión que se tornou popular, en que “os prexuízos (ou custos) son sociais, no entanto, os beneficios son privados”.
Todos coñecemos o nome Tesla, así como a SolarCity, ou a SpaceX, que producen vultuosos beneficios aos seus accionistas e, no entanto, se luxan de aportacións da administración federal e ou central, de por exemplo, segundo os últimos datos coñecidos, de máis de 5.000 millóns de dólares e, aínda máis, logo engaden pingues lucros á custa de contratos leoninos coa administración.
Poderemos concluír desde xa que o Estado, vén axudando polo lado da oferta e naturalmente polo lado da procura e, como non, polo lado financeiro, garantindo os medios públicos, ben sexan créditos ben sexan garantías, ou diñeiros líquidos.
Acontece que os heraldos do todo privado, como os señores que nos rexen en España (PP=Vox + Cs + PSOE subrepticiamente), só queren dar como modelo de desenvolvemento convencíbel, da ciencia, o capital de risco privado. No entanto, a experiencia o que nos teñen demostrado é o efecto nocivo dese modelo, no que toca a “innovación subxacente”, como se ten vindo a verificar (3).
Este é un asunto moi explotado e, que ten a ver coas chamadas patentes, e por tanto, co problema da innovación, pois, o seu efecto líquido non é o que apregoam os vendedores de soños americanos, dado que o efecto sobre a investigación non é tan visíbel como nos queren facer crer.
Basta ver que as grandes innovacións case sempre resultan de investimentos desenvolvidos polo Estado inversor. E volvendo ao referido estudo de Boldrin e Levine (3), estes han demostrado, que as patentes poden ter un correcto efecto positivo, en crear algo de invencións, mais teñen un efecto negativo sobre a innovación.
Debemos, realmente nos centrar, no papel que o Estado representa, na actualidade, no desenvolvemento do coñecemento, considerando o que é importante para a humanidade, independentemente do interese de xerar lucros empresariais, mais si, como finalidade o benestar social (4).
Moitas veces, este problema, pasa para unha outra vía de discusión, que ten a ver coas capacidades de endividamento dos Estados, facendo letra morta, dos certos obxectivos que aqueles deben proseguir.
O que nos parece estar en cuestión, non é a cantidade de débeda pública a xestionar, mais si o modelo capitalista neoliberalista. Ese si, pois, ignora totalmente a poboación a que se dirixe esa xestión, ollando unicamente os intereses das grandes corporacións, detidas por unha minoría e que xestionan a economía, a seu favor e contra as maiorías.
Tamén existe o chamado problema, de que en moitas ocasións, se vislumbra unha apatía do Estado, case sempre de orixe burocrática e, como tal, abusivamente aproveitada polas oligarquías privadas.
Tamén se pode xuntar outra situación, bastante común, que é a falta dunha certa estratexia dos Estados a longo prazo, pois, as programacións a fan case sempre a medio e a curto prazo ou sexa no horizonte do tempo que esperan estar gobernando o respectivo país. Tamén o fan por necesidades de se manteren no poder, aínda que, na maioría das veces, non o digan, pois, iso non gaña votos.
No entanto, a principal razón, está na implantación xeneralizada do sistema neoliberal capitalista, que ten desenvolvido unhas campañas de intoxicación social, a través de campañas masivas de manipulación, co fin de lavado do cerebro das poboacións, conseguindo impor as ideas de Milton Friedemann, de que o que temos “é ter cada vez menos Estado”, ou sexa, que todo será privado.
Por outro lado, esta insistencia das liñas de estrutura neoliberais capitalistas, ten levado a que os ricos e as grandes corporacións paguen cada vez menos impostos e, como tal, os servizos que debían ser obxecto de fornecemento ás poboacións sexan cada vez en menor cantidade e calidade. Mesmo con esta redución tanto qualitativa como cuantitativa, os diversos gobernos, se teñen vindo a endividar.
E todo isto, como enriba dicimos, pois, a doutrina, seguida polos varios partidos que nos teñen gobernado, tanto de dereita como os chamados de centro (PSOE e seus socios), só aplican políticas de pendor neoliberal, o que significa, que seguen todo un proceso de deterioro, para non dicir de destrución de todo o que é público, “praxes” seguida nos últimos decenios da nosa era, por todos os partidos que ten gobernado España.
Así, para as grandes corporacións e, para os ricos e poderosos, “o Estado só ten servido para permitir a aglomeración oligopólica e parasitaria dos recursos de todos”.
Como expresa Mazzucato, tamén somos da súa opinión, de que o sector público, xamais impide a iniciativa privada. Máis, o que pensamos é que o sector público debe reviver non para facer exactamente o que fai o privado, mais si, para servir de motor e orientación estratéxica, quere para o cambio de tecnoloxías e, ao mesmo tempo, que sexa socialmente oportuno e proveitoso para a sociedade no seu conxunto.
Estamos de acordo con Mazzucato, pois, vemos moi difícil, que o “libre mercado”, este moi interesado en inverter a situación, de problemas como o cambio climático (vexamos o abandono de compromisos por parte dos americanos sobre este tema – Conferencia de París), o desemprego xuvenil, a obesidade o envellecemento e como non a desigualdade.
Pensamos mesmo, para non afirmarmos que estes temas terán que ser o farol que guíe os desafíos dos Estados.
Xamais cremos que estas situacións poidan ser bandeira dos intereses privados, e dos seus mercados. Estes problemas só se poderán ir solucionando, a través decisións estratéxicas a que os mercados son frontais opositores. Deixamos máis un exemplo, de repugnancia e repelencia dos neoliberalistas a aplicación de instrumentos de resolución da desigualdade social, como o Renda Básica Universal Incondicional (4) integrada nun contexto xeral de transformación económica, cunha xubilación fiscal debidamente progresivo e igualitaria.
Terminamos este pequeno texto, coa certa convicción de que ou se efectúa un cambio de 180 graos ou este sistema neoliberal capitalista que nos escraviza, nos levará directamente aos caos e hai destrución do mundo en que vivimos.
Notas:
1) Ver Polanyi, K, “The great Transformation”, Nova Yorque, editado por Rinehart and Co. En 1944
Idem, “The livelihood of Man”, Nova Yorque, editado por Harry Pearson, Academic Press, 1977.
2) Keynes, John Maynard en “The end of Laisez-faire” editado en Londres en 1926, por L&V Woolf.
3) Boldrin, M. y D.K. Levine en “The case against patents”, de 2013 e publicado no “Journal of Economic Perspectives” 4) Mazzucato, Mariana en varios itenes, “The entrepreneurial State”, editado no Reino Unido pola Penguin Books, en 2018
Idem en 2019, “The value of Everything. Making and Taking the Global Economy” editado no R.U. por Peguin Books
Idem en 2021, “Mission Economy. A Moonshot Guide cho Changing Capitalism”, editado en Nova Yorque por Harper
4) Ver “A Nova Ordem – um caminho de esperança” de José Vieira editado em 2018
Se el primero en comentar