Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Timor-Leste (II)

Por Jose Vieira

Despois da invasión, de Timor-Oriental pola indonesia seguiu unha explotación das poboacións autóctonas, perfectamente desmedida e dunha agresividade sen par. Todo isto pasou co beneplácito da América do Norte e da Australia.

Así cando conseguen a independencia, o país estaba completamente destruído e a poboación, nun estado de carencias infinito. Se podía dicir que máis do 75% se encontraba en estado de pobreza extrema.

Tamén en Timor-Oriental, non só esta situación era froito dunha colonización despiadada por parte dos indonesios, así como as destrucións ambientais, por eles cometidas.

Axiña imos dar a coñecer unha acción feita por profesores da universidade de Barcelona e que estudaron os problemas reais de Timor-Oriental e propuxeron solucións viábeis e reais, para o país en cuestión.

Había que producir unha transformación sistémica, para que o pobo maubere puidese saír adiante.  As poboacións mauberes abandonaron o interior e se foron trasladando para a cidade de Dilli e outros centro máis poboados, en busca de solucións para unha fame xeral e carencia de todos os servizos esenciais.  Esta situación de presión agudizou o proceso, de tal forma, que parecía non ter saída.

Sobre este angustioso cadro, foi levado a efecto un exhaustivo estudo por parte da do grupo de estudos do profesor Daniel  Raventós, da Universidade de Barcelona, “sobre os efectos  hipotéticos dun encaixe básico en Timor –Oriental”. Estamos en 2010.

Na altura, pensaron nun ingreso básico inicialmente financiado polas exportacións do petróleo, o que permitiría que se distribúese, de inmediato unha micro -encaixe, que sería entregado cada mes sen calquera limitación externa. Trataríase dun certa encaixe básica, no linear do limiar da pobreza, que entón era de 20 USD/mes, por persoa.

Desenvolveríanse en paralelo, a recuperación do cultivo de arroz, que fora abandonado por falta de capacidade de traballar a terra, e recuperar a poboación de búfalos, na zona, mais degradada de Uatulari.  Este proxecto paralelo daría lugar a ocupación de cerca de 20.000 persoas. Así e coa colaboración dunha organización local de solidariedade, o goberno catalán, financiou 142.680 USD, en dous anos. Esta aportación era aproximadamente de 2,38 USD por persoa. Os obxectivos foron cumpridos, tendo a rexión se tornado autosuficiente, mesmo antes de terminar o período do referido proxecto.

Elaboradas as contas debidas, un encaixe básico de 20 USD, mes por persoa, crearon un volume de 4,8 millóns de USD, garantidos na rexión de Uatulari.

Este encaixe básico, como todos os encaixes básicos incondicionais  y universais, ten un efecto sobre os dereitos humanos en xeral, sendo extraordinariamente evidentes os beneficios para a eliminación de concentracións de  latifundios e como tal das desigualdades.

Esta ferramenta freou as migracións para as cidades e tamén diminuíu o descontento das poboacións máis mozas.

Outro efecto, que se podería tornar evidente, tratase da diminución da taxa de natalidade por muller timorense, na altura era das máis altas do mundo, falamos de 5,5.

Todo isto fora posíbel de aplicar, para alén do que se conseguiu, se non ten mudado o goberno da Cataluña e como tal, tivo que ser abandonado o referido proxecto.  Queremos con isto dicir que a implantación dun encaixe básico en Timor-Oriental, sería con toda a certeza, un factor de desenvolvemento moitísimo potente, que axudaría dunha forma decisiva o desenvolvemento equilibrado do País.

Imos a agora falar sobre a secuencia de presidentes da República desde a independencia até hoxe.

Así temos:

O primeiro presidente á sido Xanana Gusmão, recoñecido poeta e loitador incansábel para a independencia do seu país. O seu nome completo é José Alexandre Xanana Gusmão, co apodo de guerrilleiro “Kay Rala”.

Naceu en 1946, a 20 de xullo, na localidade de Manatuto, estudando nun colexio de xesuítas, nas aforas da capital Dili. Tiven que deixar de estudar aos 16 anos por falta de medios, sobrevivindo desempeñando distintos traballos, até que conseguiu entrar para a universidade. Coa idade de 19 anos coñeceu a Emília Batista, que veu a ser máis tarde a súa espesa. Deste casamento tivo dous fillos, o Eugénio e a Zenida.  Máis tarde divorciouse desta súa primeira muller, que vive na Australia.

En 1971, coñece a José Ramos- Horta, completa o seu servizo militar obrigatorio de entón, entrando na organización  Fretilin.

Durante gran parte de 1975, desenvolvéronse loitas entras as varías facións existentes, tendo unha delas, a UDT (Unión Democrática Timorense), arrestado a Xanana a medio do ano. Cerca do fin do ano a Fretilin se fai co total control do terreo, tendo Xanana sido liberado.  Na independencia, en 28 de novembro, Xanana ocupa o lugar de Secretario de Prensa da  FRETILIN.  Nove días despois a Indonesia invade Timor.   Xanana a partir da invasión, involucrase totalmente na resistencia armada contra os invasores, desempeñando, as mobilizacións dos timorenses, boca a boca porta por porta a pé por todo o territorio. Tornándose así nun gran líder local.

En 12 de novembro de 1991, os indonesios, desencadearán o masacre de Santa Cruz, tendo Xanana concedido unha entrevista na televisión para os grandes medios de comunicación internacionais, sendo a partir dese momento o albo preferencial dos indonesios, que pasan a dar caza incesante ao líder. Capturado en 1992, prendido e xulgado en maio de 1993, foi sentenciado a prisión perpetúa, ficando preso na Indonesia. Este xuízo foi unha autentica farsa, inclusive non foi permitido presentar defensa.  Durante a súa prisión, recibiu moitas visitas de personalidades da política internacional, entre outras a de Nelson Mandela.

Tras, a intervención das Forzas de Intervención da ONU (multinacionais), realizouse un referendo o día 30 de agosto de 1999, onde unha maioría francamente importante decidiu pola independencia.

Durante o goberno da Forza de intervención da ONU, Xanana foi chamado a colaborar coa administración e por consecuencia foi liberado.

Ao final de 2001, se fixeron eleccións para a presidencia da nova República, que tiveron como resultado, a vitoria de Xanana Gusmão.

Este exerceu o cargo desde 20 de maio de 2002 até 20 de maio de 2007, era politicamente independente, tende vencido as eleccións de 2002, fiscalizadas e promovidas pola ONU.

O segundo presidente foi o avogado José Ramos Horta, nacido en 1949, sendo elixido en 20 de maio de 2007 e terminado o seu mandato en 20 de maio de 2012. Era igualmente independente.

Este avogado, era fillo dunha  timorense e de pai portugués, exiliado en Timor, sendo educado nunha  Misión  Católica en  Soibada. Estivo exiliado entre 1970 e 1971 en Mozambique, por súas atividades  pro independentistas.

Licenciado en Dereito Internacional na Academia de Dereito Internacional de La Haya, na Holanda e na Universidade de Antioch dos Estados Unidos da América, onde se graduou como mestre en Estudos da Paz en 1984, para alén dunha serie de cursos sobre Dereito Internacional e da Paz.

Ocupou o cargo de Ministro dos Exteriores do auto goberno constituído a 28 de novembro de 1975, con só 25 anos de idade, saíu de Timor tres días antes da invasión de Timor -Oriental pola indonesia, sendo o representante permanente desde a ONU da Fretilin partido a que pertencía.

En decembro de 1996, José Ramos Horta, comparte o Premio Nobel da Paz, co bispo timorense Carlos Filipe Ximenes Belo.

O terceiro, á sido, José Maria Vasconcelos, coñecido polo seu nome de guerrilleiro de Taur  Matan  Ruak.  Nacido en 1956, a 10 de outubro, en  Baguia, gañando os  comicios de 20 de maio de 2012, igualmente independente, e permanecendo na presidencia até 20 de maio de 2017.

Antes de entrar en política, José Maria  Vasconcelos, era o comandante das forzas  Falintil (Forzas Armadas de Liberación Nacional de Timor-Oriental), desde 2002 até 2011, tendo desde esa data deixado de estar no exército do país, ascendendo a presidente, nas eleccións do  ano seguinte, na segunda volta das votacións.

Un  pouco da súa historia: Este xefe guerrilleiro, despois de seren derrotados, en 22 de novembro de 1978, na Montaña de  Matebian, consegue agrupar  forzas a pesar do tradicional gran xefe das guerrillas de entón  ter sido morto nese enfrontamento, se trataba do Comandante  Nicolau  Lobato, outro dos grandes  loitadores  da independencia e tamén, contra a invasión do territorio pola indonesia.

Este xefe  Taur  Matan  Ruak, foi capturado polas tropas indonesias, en marzo de 1979, no entanto, ao cabo de 23 días consegue  evadirse e remontar a resistencia contra o  invasor. Este Comandante, é quen asume a totalidade do mando das forzas contra o invasor, a partir do día da prisión de Xanana Gusmão en novembro de 1992 en Dili pola Indonesia, aínda que partillando con outro comandante da Falintil,  Konis  Santana, que foi morto o día 11 de marzo de 1998. Logo Xanana renuncia a súa calidade de xefe pois está prendido e todas as cargas recaen sobre  Taur  Matan  Ruak.

O cuarto presidente, se trata de Francisco Guterres, este é o primeiro a concorrer como membro do partido Fretilin, que antes era un movemento guerrilleiro, que loitaba pola independencia de Timor-Oriental.

Este de seu nome completo Francisco Guterres da Costa, nacido en Lú- Olo, a 7 de setembro de 1954 é padre de catro fillos, Francisco, Eldino, Felezito e Dália.  De profesión profesor, político e tamén hai sido guerrilleiro. É o actual presidente do partido político Fretilin. Exerceu como presidente do Parlamento Nacional, entre 2002 a 2007. O ano de 2017 en que é electo, recibiu o apoio do antigo presidente e primeiro ministro Xanana Gusmão.

Terminamos esta crónica con algunhas tomas de aspetos turísticos de gran interese.

Como xa dixemos este país é un certo paraíso, en termos de turismo, sendo as súas ofertas, moi estimulantes pois, dato o custo de vida en Timor-Oriental, compensan os maiores custos da viaxen desde a Europa.

Terminamos esta presentación de Timor, coa firma esperanza, que as ganas do pobo maubere, e dos seus cadros dirixentes, poidan levar este país, cuxo camiño até á independencia foi o máis atribulado que se poda coñecer.

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.