Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Mozambique (III)

Por Jose Vieira

No caso de Mozambique, fóronse creando focos de resistencia ás autoridades coloniais, de forma dispersa, até que xurdiu un antropólogo, con formación nos Estados Unidos da América, e á súa vez casado cunha cidadá dese país, así como, antigos compañeiros de Universidade. Falamos de Eduardo Modlane e de súa muller Janet Rae Johnson, que en 1956 se casaron, no estado de naturalidade de Janet, ou sexa, en Illinois. Estes regresan a África, fixándose en Dar- es- Salam, o ano de 1963, onde pasan a vivir.

Non obstante, Eduardo  Chivambo Mondlane, de seu nome completo, e  Samora Machel, tiñan xa formado o movemento a que chamaron Fronte de Liberación de Mozambique, coñecido por  FRELIMO, o día 25 de xuño de 1962. Esta fronte foi formada a partir dun conxunto de pequenos movementos independentes, que se fusionaran na FRELIMO

A partir de 1964, comeza a loita armada en forma de guerrillas en pleno territorio de Mozambique. É importante notar que non só había as ganas de loitar pola independencia, así como unha facción interna do movemento, o facía para instaurar no futuro, un réxime socialista. Os adeptos da independencia e dun réxime socialista, eran Marcelino dos Santos, Samora Machel e Joaquim Alberto Chissano. Os que estaban en contra o tipo de socialismo eran Lazaro  Nkavandame e Uria Simango. Durante este primeiro período, de conflito armado, Eduardo Mondlane é asasinado, cunha carta bomba, na secretaría da representación da  Frelimo en Dar- es- Salam, o día 3 de febreiro de 1969.

Despois do asasinato de Eduardo  Mondlane, a dirección do movemento pasou a ser exercida por Samora Machel. Unha figura carismática, gran condutor de masas e un xefe de guerrilla intransixente. Por outro lado, a formación política e a doutrinación do referido movemento se quedaran na man de Marcelino dos Santos, escritor, poeta e ensaísta.

Despois de máis de 11 anos de loita armada, co exercito portugués, o movemento da Frelimo, conquistou practicamente desde os comezos do seu levantamento, o dominio do norte e interior do país, antes mesmo de conseguir a independencia. Non podemos esquecer que a FRELIMO, non só actuou militarmente, como aínda durante a súa loita armada, e nas zonas que ía conseguido liberar, instituía escolas, daba asistencia medica e promovía a formación das poboacións.

A independencia, a pesar de todo, só foi posíbel obter, tras a Revolución de 25 de Abril, levada a efecto polo Movemento das Forzas Armadas en Portugal MFA, sucesor do Movemento dos capitáns portugueses. Esta revolución, do 25 de Abril de 1974, foi levada con total éxito, pola xuntura dos militares e a poboación portuguesa na rúa. Desta colaboración se conseguín, liquidar o fascismo en Portugal, e dar por fin o réxime colonialista portugués.

Así, coincidindo co aniversario da fundación da FRELIMO, Mozambique se torna independente o día 25 de xuño de 1975, coa designación de REPÚBLICA POPULAR DE MOZAMBIQUE. O seu primeiro Presidente da República, foi  Samora Machel.

Como habitualmente aconteceu en todas as descolonizacións portuguesas, se deu unha autentica debandada, por parte dos colonos, normalmente co medo irracional, de represalias das novas autoridades. Tal situación, tamén aconteceu en Mozambique pois, a pesar dunha maneira xeral, a transición ser, bastante modelar.

Desde entón, se iniciou unha colaboración entre as forzas vivas de Mozambique, con gran parte da esquerda portuguesa. Non se pode esquecer, que nesa primeira fase, os principais cadros do novo país, tiña feito a súa formación nas universidades portuguesas, onde se tiñan integrado nos movementos  estudantís de contestación ao réxime de Salazar e de Marcelo Caetano. De aí haber boa relación coa esquerda portuguesa, saída igualmente deses movementos, tendo moitos destes elementos, colaborado activamente na consolidación da nova República.

No entanto, sempre son cometidos erros de perspectiva económica e social, naturalmente isentos de intención, por parte dos gobernantes dos novos países, como se di moitas, son a frescuras da inexperiencia.

Podemos, dicir que algúns apoios, tampouco foron moito ben estudados e, que nin sempre o que sería bo para determinado país, teña que o ser para outro. Se verificaba que algúns equipamentos que foron fornecidos, con toda as boas ganas de axudar, por algúns países non estiveron acompañados nin dos técnicos necesarios, nin posuían características, que servirían ao país. Un caso flagrante, foi a implantación dun mastodóntico complexo téxtil, na cidade de Chimoio, unha unidade industrial de estrutura vertical (significa que cubría desde a produción do algodón, o fiado, a tinturaría en fío, o tecido e a tinturaría en tecido. Pero o problema sempre se sitúa, en como rexeitar un determinado auxilio, cando se está carenciado de todo. Este hai sido un dos problemas iniciais, que fixeron o camiño do desenvolvemento de Mozambique, fose máis lento. Outro problema que se mostrou moi complicado foi o problema das relacións interbancárias, que só veu a ter resolución coa intervención dos organismos internacionais e co perdón xeneralizado de débedas contraídas.

Tampouco poderemos deixar de facer sentir que Mozambique á data da súa descolonización, toda a súa economía se centraba á volta das actividades agrícolas, e de pesca, sendo un dos bancos de gran produción de mariscos (explotados non por Mozambique  pero por unha multinacional española do ramo). Convén recordar que este país, sufriu varios cataclismos naturais, que destruín a pouca estrutura industrial, tendo mesmo arrasado a segunda cidade de entón, a Beira. Tamén sufriu atrasos no seu desenvolvemento, en relación por exemplo a Angola pois, non había petróleo, nin gas, descuberto na altura. Tras o descubrimento do gas, a estrutura económica, se altera e o crecemento se torna máis rápido.

No entanto, as forzas reacionárias internacionais, famentas de obter o máximo proveito das materias primas do país, sempre procuraron desaloxar os países que de verdade apoiaron Mozambique, así como, inducido a que fosen cometidos erros de planificación e desenvolvemento do país. Tamén foi fundamental para o retraso no desenvolvemento o investimento, mal colocado, ou sexa, en “puntos de aplicación “en que o efecto de propagación era practicamente ineficiente.

O ano da independencia de Mozambique, en 1975, fúndase un movemento denominado RESISTENCIA NACIONAL MOÇAMBICANA (RENAMO). Se trata dun movemento anticomunista, subsidiado, por en a altura todas as dereitas africanas, máis os países ocidentais (en especial Estados Unidos e Reino Unido) e sobre todo coa África do Sur

Este movemento entrou de inmediato en loita contra a FRELIMO, tendo o seu centro de operacións, na provincia de Manica, con apoio directo e loxístico dos servizos de intelixencia, do entón presidente da  Rodesia Ian Smith. Era a pagada de non deixar que se refuxiasen en Mozambique os membros da Unión Nacional Africana do Zimbábue.

Os intereses dos países occidentais, mormente europeos (non se inclúe nestes Portugal, e sobre todo os Estados Unidos da América e a África do Sur), forneceron os medios económicos e armas, para que dous anos tras a independencia, se desencadea unha guerra civil en Mozambique. Os principais protagonistas, son a Renamo e a Frelimo, sendo  respetivamente apoiados  poros dos países  capitalistas o primeiro, e en defensa dos intereses reais dos  moçambicanos, a segunda. As datas recoñecidas, da guerra civil, son 30 de maio de 1977, para o seu inicio e 4 de outubro de 1992, para o cesar fogo. Algo como 14 anos, 11meses e 5 días.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.