Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. India (II)

Por Jose Vieira

Unha das grandes preocupacións, patentes dos colonizadores portugueses de entón, foi mostrar ás poboacións autóctonas, que Portugal era unha potencia desenrolada, e de aí a fundación dunha universidade e diversas institucións de ensino, orientadas sobre todo por xesuítas.

Como curiosidade, pasou por Goa o frei Francisco Xavier, cravando neste territorio, chegando pola primeira vez en 6 de maio de 1542 e por unha segunda vez a 18 de febreiro de 1552. Máis tarde foi nomeado santo da relixión católica, sendo canonizado en 16 de xullo de 1228 polo Papa Gregorio IX. Nacera na cidade que lle presta o seu nome, en1182, morrendo tamén nesa, no mosteiro por el fundado en 1226.

Rapidamente se multiplicaron as institucións relixiosas, tendo os gobernos locais, sempre apoiado a súas construcións, que aínda hoxe son patentes, exhibindo unha arquitetura  exuberante e notábel, dentro dos estilos da época, tendo a Unesco as considerado patrimonio da Humanidade.

Na imaxen que encabeza o artigo está  a Catedral de Santa Catarina na cidade Vella de Goa, que ben mostra a arquitetura que a colonización portuguesa foi deixando neste Estado da India.

Tras a integración do estado da India portuguesa, na India, só Goa en 1987, se transformou nun dos seus estados autónomos. Os outros territorios se integraron nos seus continentes. No entanto e a pesar de ser o máis pequeno estado dun conxunto de 29, é o máis desenvolvido e cosmopolita do país, atraendo cada vez máis turismo e de máis calidade. Tamén é o de menores diferenzas sociais. Así como onde o rendemento per capita é máis elevado. A actual capital é a cidade de Panaji, duns 100.000 habitantes, dando a sensación, para quen a visita, que se encontra nunha pequena cidade de Portugal.

Os restos do Estado da India portugués, dispersaronse a través do inmenso territorio de absorción, integrándose na actual India desde o día 19 de decembro de 1961.

Así o Estado da India, era constituído por distinguidos espazos xeográficos, dispersos á praza da costa do mar indostánico (Océano Indico), con algunhas excepcións, de territorios sen acceso directo ao mar.

Esta preferencia das localizacións, se situaren xunto a portos e nos camiños das caravanas comerciais das famosas especias, se debe a varios factores, a falta de se poder mobilizaren en Portugal europeo, se debe a non ser posíbel mobilizar forzas, suficientemente grandes e fortes, de tal modo que se puidesen impor aos señores que dominaban o interior, e como sempre os medios financeiros para o efecto.

Os territorios que se mantiveron máis tempo, como colonias portuguesas, foron para alén de Goa, Damão, Diu, Dadra e Nagar Haveli. Estas dúas últimas foron absorbidas pór a india en 1954.

Damão, antigo Estado da India portuguesa, é un territorio esencialmente coñecido polas belezas naturais das súas praias e o seu excelente clima. Posúe excelentes igrexas e edificios con todas as caraterísticas dos existentes en Portugal. Hoxe é un dos grandes destinos vocacionais na costa do mar Arábico. Outra das compoñentes do estado referido, foi Diu, esta parte é especialmente coñecida polas súas fantásticas construcións de templos católicos.

Outro famoso exemplo da arquitetura militar portuguesa de entón, se trata da famosa fortaleza de Diu, construída polos portugueses e que aínda se encontra perfectamente ben conservada. Foi diversas veces atacada con tentativas de eliminación do dominio portugués, que facía fronte aos intereses comerciais locais, sendo reconstruída, tal como se encontra hoxe, por Joao de Castro. Como chiste, esta fortaleza, a pesar de moitas veces sufrir múltiples danos, nos distinguidos asedios para a súa conquista, por parte dos sultáns circundantes, nunca foi tomada polas forzas sitiantes. Esta fortaleza foi inicialmente construída polo primeiro vice-rei efectivo, Francisco de Almeida, que asumira a gobernación en 1505.

Diu, sempre se caracterizou como un centro máis volto para as actividades económicas, alcanzando un correcto desenvolvemento industrial. Na actualidade, continúa a ser un centro industrial de certa relevancia no contexto indio.

Unha das razoes para que estes territorios, se foron mantendo dentro da colonia chamado Estado da India, se debe a varios factores, sendo o primeiro, que a propia India só obtivo a súa independencia do Reino Unido, tras o termo da Segunda Guerra. Esta xurdiu como o cumprimento dunha promesa e premio, efectuado pola potencia colonizadora, en virtude do seu auxilio, durante a referido conflito mundial. Outro dos factores importantes, foi o referido Estado da India, e súas poboacións, sempre gozaren dun estatuto civil, practicamente idéntico ao dos cidadáns portugueses, de Lisboa, isto desde o inicio da ocupación. O que se traduciu en máis escolas, máis autonomía, e inclusive unha das máis antigas universidades de todo o oriente, onde asumiu gran protagonismo, chegando a ser unha das máis famosas facultades de medicina, no oriente. Esta universidade aínda hoxe funciona, no entanto, perfectamente integrada na rede universitaria india.

A importancia do Estado da India portuguesa, comezou a declinar, especialmente os séculos XVIII e XIX, mercé dos sistemáticos actos de pirataría das flotas holandesas, dos propios ingleses e franceses. No entanto, non se pode deixar pasar por alto, que o abandono do apoio dado a estes territorios comezou, a cando da unión das coroas ibéricas cos Filipes III e IV de España e a súa incapacidade de xestionar un tan grande imperio.

Na restauración de Portugal en 1640, dada a pequena poboación existente (non chegaba ao millón e douscentos mil), era máis fácil defender as colonias atlánticas, do que as orientais, da cobiza esencialmente dos holandeses, franceses e dos propios ingleses, que asaltaban os barcos para roubar todo o que podían. Esta cobiza se estendeu a apropiación de vastos territorios, en África, na India e na Oceanía. Esta situación tamén se deu coas flotas españolas, que só deixaron de atacar as colonias e os barcos portugueses, tras a restauración, ou sexa, despois do tratado de paz, celebrado en Lisboa o ano de1668.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.