Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica (I)

Por Jose Vieira

Colonialismo é un sistema social e económico polo cal un Estado estranxeiro, domina e explota un territorio e a súa poboación.

Xeralmente o estado dominante, utiliza as forzas militares como argumento, son as chamadas “forzas invasoras”. Esta situación supón sempre a usurpación e apropiación da terra, súas riquezas e recursos, podendo ou non designar directa ou indirectamente un seu gobernador.

Como sempre acontece, en calquera réxime, o colonialismo non falla a esa regra, que é de obedecer a unha corrente doutrinaria, que con máis ou menos “habilidade”, procura lexitimar ese estado de usurpación.

No entanto, non debemos confundir, o colonialismo co  neocolonialismo, pois como diremos máis abaixo, se identifica cos países, que dunha forma  intencionada e completamente antidemocrática, o practican até o exhausto, co maior dos desplantes éticos, en nome das liberdades e da democracia. Se trata como non pode deixar de se identificar, as actuacións encapotadas das grandes potencias, ditas gardiás da orde mundial.

Portugal, non saltou ningunha destas situacións, que caracterizan o  colonialismo. Á sido o último país europeo, a manter un conxunto de pobos, sometidos ao seu réxime colonial.

Esta é, por conseguinte, unha idea que está na cabeza da gran maioría das persoas pois, a súa constante e continuada, divulgación a través de recomendacións dos varios organismos internacionais, así como, da  reprobación dos máis distinguidos pobos  y dos medios de comunicación internacionais. Esta situación, é naturalmente case toda verdade, no entanto, admite algúns matices.

Así, convén acentuar que, esta situación incómoda para Portugal, perante o Mundo saído tras Primeira Guerra Mundial, comeza coa inestabilidade democrática,  inmediatamente despois do seu termo, que unha das causas próximas, se pode atribuír, a secuelas da intervención militar portuguesa no gran conflito de 1914 a 1918, acentuándose especialmente a partir de 1926. Para nós, este golpe militar do 28 de maio de 1926, no foi outra cousa do que preparar un estado pre- fascista pois, como se pode ver, logo co afastamento do xeneral Gomes da Costa, que fora o xefe do golpe militar, ao ser afastado do poder polo Xeneral  Oscar  Fragoso  Carmona, que asumiu a gobernación do pais como Presidente da República.

Así, en Portugal, en pleno século XX,  mercé da onda  imparábel dos ventos das  descolonizacións, que ocorreron desde o final da Primeira gran Guerra, movemento que se acelerou especialmente ao final da Segunda Guerra Mundial. É durante este período que, se desenvolveu o réxime  fascista, do ditador profesor doutor António de Oliveira Salazar, que fora convidado a formar goberno en 1932, despois dun breve período que estivo como ministro das finanzas.  Non obstante abandonou o ministerio, volvendo a universidade de Coímbra  onde era profesor. Así asume a dirección do ministerio, por invitación do presidente da República  Oscar  Carmona, como referimos enriba en 1932.

Estaban, así, creadas as condicións necesarias, para o cambio do réxime, que  evoluciona desde unha democracia realmente case representativa (debemos recordar que o voto dos cidadáns era entón selectivo e como tal, non universal), para se estabelecer os supostos indispensábeis para un sistema  ditatorial.

No período que estivo de novo en Coímbra, en reunións efectuadas no club  CADC (este era un centro de discusión e encontro de intelectuais, da universidade e doutras procedencias, case sempre de  espírito  saudosista,  reacionario e católico), comezou aí, a súa preparación para ao  vultar a instalarse no goberno, como señor absoluto, impor a súa ideoloxía cristiá e  fascista. Asumiu esa posición en 1932, no entanto, a  institucionalización do seu réxime, a consegue, coa constitución de 1933.  Estaba creado o sistema  fascista, particular do profesor doutor António de Oliveira Salazar. Este réxime estivo sobre súa férrea dirección até que un accidente  vascular cerebral, o derrubou en 1968. Nesa altura, tomou real protagonismo, o Presidente da República de entón, Almirante  Américo  Tomás (até aí era unha figura meramente  decorativa,  subxugado por Salazar e militar de perfil súper- reacionário) que, chamou a liderar e continuar a obra de Salazar, o Profesor Marcelo Caetano, discípulo político preferido do anterior ditador.

Antes de avanzar máis, convén esclarecer que o ditador António de Oliveira Salazar, perante as presións exteriores para efectuar a descolonización, se opón, dicindo que Portugal no tiña colonias, mais si provincias que estaban no ultramar. A transformación, é meramente no papel, alterou os estatutos de colonias, para o de provincias ultramarinas, como que a dar a idea que eran territorios de idéntico  rango, das existentes no territorio europeo. De aí, que Portugal realmente hai sido un dos últimos países a deixar de ser estruturalmente  colonial.

Non obstante os ventos da independencia nos territorios  coloniais, que Portugal administraba, comezaron a desenvolver unha loita armada pola súa liberación, so a forma de guerrilla. Este grito, tocou o mundo de entón co levantamento do pobo en  Luanda, en 4 de febreiro de 1961, na colonia de Angola. Se tratou dun asalto ás cadeas da cidade de  Luanda, que o réxime de Salazar, non recoñeceu nunca como sendo o inicio da loita armada en Angola. Para o réxime, pasou a designarse Zona  Sublevada do Norte (que tamén era chamada Zona Rebelde do Norte) e correspondía aos distritos do Zaire,  Uíge e  Cuanza do Norte.

Para tentar  sufocar estes movementos independentista, que se crean e desenvolven, desde este éxito, estendéndose como  pólvora nas outras colonias de administración portuguesa. Salazar, lanza entón, unha mobilización xeneral, da poboación moza portuguesa, creando miles de militares, que serían obrigados a ir combater nas distinguidas colonias os chamados movementos de liberación.

Non obstante mentres decorrían os primeiros tempos da loita armada dos pobos angolanos, os días 18 e 19 de decembro de 1961, tropas da India, cuxo presidente da altura era  Jawaharial  Nehru, invaden os territorios de  Goa,  Damão e  Diu, liberando e integrando estas colonias na India. Grazas a intervención  pacifista do xeneral portugués Vasalo e Silva, non se rexistrou un auténtico masacre. Dada a desproporción de forzas, Portugal cerca de 3.300 homes contra un exército ben armado e  loxisticamente ben apoiado, de 45.000 soldados.

Estes acontecementos, fixeron que, aínda que oficialmente xa non houbese escravitude nas colonias, só en 1962, é abolido o traballo forzado, ás poboacións nativas, como resultado dos levantamentos nas distinguidas territorios, así como a  anexión do chamado estado da India.

No entanto, as relacións de dependencia con carácter máis ou menos colonialistas, continúan aínda hoxe a existir, sendo algúns dos países dominadores, grandes potencias, que disfrazan o seu dominio coas formas máis diversas. Algunhas destes territorios, son países independentes, pero con gobernos monicreques, unicamente para lexitimar os intereses, dos dominadores. Con estas caraterísticas, temos excelentes exemplos, coñecidos de todos nós, so o dominio de Francia, do Reino Unido, dos Estados Unidos, para só nomearmos algúns.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.