Portugal na encrucillada colonial: unha ollada histórica. Angola (I)

Por Jose Vieira

Actualmente se trata dun país da costa occidental de África, cun goberno semipresidencialista, sobre a designación de República de Angola. Esta república ten como presidente actualmente João Lourenço e como vicepresidente  Bornito de Sousa. O seu órgano lexislativo é a Asemblea Nacional de Angola.

A súa independencia, ocorreu de forma legal o día 25 de abril de 1975. Primitivamente se tornou autónoma, co nome de República Popular de Angola, posición política asumida o día 11 de novembro de 1975. Esta forma política, se mantivo en vigor até á súa revisión constitucional que entrou en vigor o día 25 de agosto de 1992, data en que pasou a se denominar República de Angola.

Damos, a seguir, algúns datos numéricos sobre o pais con vista ao seu enquadramento:

Superficie – 1.246.700 km2

Poboación – 24.300.000, segundo o censo de 2014

Densidade poboacional – 19,49 habitantes por Km2

P.I.B. – 92.191 millóns de dólares USA

P.I.B. per capita – 3.799

chamada khoisan. Na actualidade, se encontran en pequenos grupos moi dispersos, descendentes destes primitivos poboadores, situándose sobre todo no sur de Angola, na Namibia e no Botsuana.

Dunha forma máis permanente e intensa, toda esta zona que hoxe é o referido territorio, se foi poboando por grandes migracións de xentes, sobre todo da rasa bantú, que eran igualmente esencialmente, cazadores/ recoletores, que ao se fixaren, pasaron a se dedicar tamén á agricultores. Se estima que ter orixinariamente descenderan desde a Nixeria e dos Camarões, até se espallaren polo vasto territorio angolano, onde se fixaron.

O ano de 1482, se dá a primeira noticia, confirmada oficialmente, da chegada dos portugueses, ao territorio en cuestión, cunha flota capitaneada polo navegante Diogo Can, que fondeou as súas carabelas no estuario do río Congo (tamén coñecido como Zaire). Este mesmo navegante, estabeleceu os primeiros contactos coa poboación local sen calquera tipo de agresividade de parte a parte, segundo indican os relatos de bordo. A seguir a esta viaxe, Diogo Can divulgou en Portugal, o interese que lle pareceu ter estas terras o que animou outras incursións de inmediato, a estas paraxes, o que foi aproveitado, por outros navegantes, que buscaron nesas terras, ao estabelecérense, enriqueceren o máis rapidamente posíbel. Por esa razón, xa o ano de 1575, se estabeleceu un asentamento/colonia, formal portuguesa, na baia a que deron o nome de Luanda.

Parece que desde pronto se verificou que era un local de moito interese e probabelmente capaz de alimentar un bo comercio, así que case inmediatamente os holandeses, que sempre seguían as flotas portuguesas despois dos seus descubrimentos, con forte armada, atacaron a referida colonia, en 25 de agosto de 1641,  tendo se fixado e estabelecendo un mercado de escravos, de que eran os maiores especialistas nesas datas. A poboación, cando do dominio holandés, se refuxiou no norte, sobre todo no forte de Massangano, pois todo o que era xente, os holandeses arrestavam e metían nos seus barcos, para vender como escravos. O seu dominio durou até 1648, altura en que o rei portugués D. João IV, envía o capitán Salvador Correia de Sá e Benevides, que se acerca desde o Brasil. Este capitán, chegou en maio de 1648, cunha flota de 12 navíos e unha forza militar de 1.200 homes, o ataque portugués, foi efectuado inicialmente en Kikombo, derrotando as tropas holandesas e pronto, subindo a costa, retoma a fortaleza de San Miguel de Luanda en 15 de agosto de 1648, terminando así, a aventura holandesa en Angola. Unha caraterística durante as decenas de anos de dominio de Angola, os portugueses, sempre fixeron uns tratos cos xefes locais, probabelmente que sobre a coacción das armas portugueses, abastecían as redes de traficantes de escravos, que non obstante, aprenderon que era unha forma fácil de obter grandes beneficios, dunha maneira simple.

Algúns destes acordos chegaron até aos nosos días, so a forma de estampas, como é o caso do acordo celebrado coa raíña Nzinga en 1567.

Despois da Segunda Guerra Mundial, os ventos da independencia dos territorios colonizados, non poderían ter outra solución senón dar toda a dignidade aos cidadáns, e para tal, esa soa sería real, cando a liberdade fose plena e esa soa sería obtida coa liberación do estado colonizador.

Aquí como noutros territorios sobre o dominio colonialista portugués, por máis cambios de estatutos ou voltas de maquillaxe, xamais deixaron de ser pobos humillados e tratados en realidade como de segunda ou terceira clase. Recordemos as  cartillas de identificación en que se consagraba a categoría de indíxena ou asimilado. Esta era a realidade, por máis ganas saudosista de defensa do indefendíbel.

Somos do tempo dos castigos corporais, das palmatorias e dos látegos. En xa para alén da segunda metade do século vinte. Escravitude, esa estaba abolida no papel, no entanto, continuaba a existir case o dereito de vida ou morte sobre os traballadores nas plantacións máis interiores. No entanto, as cidades máis populosas de colonos presentaban un aspecto de desenvolvemento, perfectamente real, pero enganoso, pois era unha prosperidade, que non se transmitía ás poboacións autóctonas.

Ora no caso de Angola esta situación era gravísima, e comezou ao redor dos anos cincuenta a haber unha correcta capa de xente das colonias, con formación e que foron tomando consciencia das inxustizas e sobre todo da usurpación dos seus dereitos e da dignidade, de seres humanos. Estaban lanzadas as sementes para o desenvolver dunha arbore de crecemento imparábel, tería naturalmente moitos ramos e o seu tronco, a pesar de todo, constituía a base de todos os ramos. Era o tronco común, a independencia total e sen restricións.

Xorde entón, a voz de António Agostinho Neto, nacido en Icolo, Benguela, na altura o día 17 de setembro de 1922, estudando medicina nas universidades de Coímbra e Lisboa. Era un frequentador habitual das tertúlias de angolanos no exilio en Lisboa. Unha das súas facetas é a se ser un poeta de fina inspiración, que exaltan a cultura da súa amada Angola. Terminada a súa carreira académica regresa a Angola. A súa actividade contra os dominadores portugueses, leva a que sexa arrestado en 1960, pasando dous anos, desterrado nas colonias prisionais de Cabo Verde, así como en Portugal continental.

Desde esta última ubiquación consegue evadirse para Marrocos, onde desde este exilio dirixe o movemento que se veu a chamar Movemento Popular de Liberación de Angola. Este movemento, era un dos ramos da árbore da independencia, sendo o máis consistente e realmente o máis e mellor estruturado, era de inspiración marxista. Este movemento, será o principal protagonista, da loita armada contra as tropas, enviadas para evitar a independencia de Angola, polos regímens de Salazar e Marcelo Caetano. Despois da Revolución do 25 de Abril de 1975 en Portugal (tamén coñecida pola Revolución dos Cravos) , Este país, Angola, se torna independente o día 11 de novembro de 1975.

Falaremos axiña dos movementos de liberación de Angola, sus fontes de financiamento e da guerra trabada, contra as ganas do pobo portugués, imposta polo réxime fascista dos ditadores António de Oliveira Salazar e o seu sucesor, Marcelo Caetano.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.