Porqué agora as bombas de acio

Dada a perigosidade destas bombas, para as poboacións civís, 111 países firmaron un convenio en que se comprometeron a xamais as utilizar con fins bélicos

Por Jose Vieira

Bombas de “acio: “tratanse de municions que se dispersan liberando pequenas cargas explosivas deseñadas para estalar antes, durante ou despois de impacto” non so ou sobre obxectivos.

Esta tecnoloxía, desenvolveuse de xeito independente en varios países, como os Estados Unidos da América do Norte (adiante EUA), a Rusia e Italia. O único país que as ten utilizado con frecuencia ten sido os EUA (usando esas bombas, con cargas de fragmentación, do tipo M41 de 20 libras de peso, unidas entre si en grupos de 6 ou de 25 espoletas, de extrema sensibilidade e tamén de proximidade), en variadísimas ocasións, non se preocupando, cos resultados adversos que provoca nas poboacións indefensas (resultando en auténticas masacres perpetuados polas intervencións militares dos EUA, nos últimos 50 anos).

Convén dicir que o outro país que as ten utilizado contra poboación indefensa, ten sido o estado de Israel, socio dos EUA.

Dada a perigosidade destas bombas, para as poboacións civís, 111 países firmaron un convenio en que se comprometeron a xamais as utilizar con fins bélicos.

Como non podía deixar de ser, o máis pacífico país e mediador de conflitos, o máis humano do mundo, segundo os seus propios criterios (me ouves e me escoitas, mais xamais podes ver o que despois fago), son os EUA, que as lanza sempre que invade os países, así como o seu socio Israel.

Por esta razón, agora os EUA, están a administrar esas bombas de acio a Ucraína, para que estes sigan o seu exemplo, “do pai tirano que é os EUA”.

Parece ser, que son unhas prazas miles de estas que serán subministradas as forzas ucraínas, no entanto, transcribiremos as declaracións do xefe do Estado Maior da Axencia de Intelixencia de Defensa dos EUA, John Kirchhofer, que afirmou que o conflito atopase nun “punto morto”, téndoo declarado nunha entrevista este pasado xoves, na revista Bloomberg.

Este militar de alta graduación e importancia nos EUA, mostrou o seu pesimismo, sobre o fornecemento de municións, de entre elas as bombas de acio, así como, o sistema de lanza foguetes múltiplex Himars, ambos por parte dos EUA, así como, mísiles de cruceiro, Storm Shadow, estes enviados polo Reino Unido.

Proseguindo afirmou que “desgraciadamente nada diso, será o “santo graal”, que buscan os ucraínos, para se abrir camiño para a escalada, de invasión da Rusia”. Este tipo de municións causará estragos entre a poboación civil durante as próximas décadas posteriores ao fin da guerra.

Engadindo finalmente, “que nada nin ninguén, debe abrigar ilusións sobre este caso” (as traducións son de nosa responsabilidade).

Falemos agora dos instigadores ucraínos da guerra, como é o caso de Mijaíl Podoliak, asesor para a guerra de Zelenski, comentou o ataque que se produciu este luns na ponte da Crimeia, referiuse a ela como unha estrutura ilegal e que por esa razón a previran que a mesma, debía ter unha vida moi curta. Traducida para linguaxe corrente, quererá dicir, que a dinamitaran e que non tiveron en conta as persoas que morreron nese acto terrorista.

Á súa vez o porta voz da intelixencia militar ucraína, Andréi Yúsov, afirmou, que non tiña calquera importancia a respectiva ponte, era algo superfluo. O que se esqueceu de dicir é que foran os seus servizos que a tiñan dinamitado.

Recordemos o caso da destrución do gasoduto do mar do norte, Nort Stream II, que foi destruído polos ucraínos ao servizo dos intereses petrolíferos americanos.

Se repite a historia, acto atrás de acto, con sempre intervenientes ucraínos, ao servizo dos intereses dos EUA.

Por outro lado, os Servizos Federais de Seguridade xuntamente co Comité de Investigacións do Ministerio do Interior Ruso, acaban de frustrar un plan dos servizos especiais de terrorismo da Ucraína, para matar a directora do grupo de RT, Margarita Simonián e a periodista rusa Ksenia Sobchak.

Segundo o respectivo comunicado, foron detidos dous membros da respectiva organización ucraína, denominada Paragraf 88, sobejamente coñecida como un grupo da extrema dereita connotado co nazismo. Este grupo é un dos 9 grupos nazis que operan na Ucraína, actualmente.

Como podemos ler con toda a tranquilidade, esta invasión rusa, da Ucraína, non é moito máis, do que máis unha guerra de inspiración dos EUA, que como sempre, serve para tentar conseguir debilitar o estado Ruso, que non ten nada a ver co espectro comunista que fan pasar, nas manipulacións informativas (fake News), pois, a Rusia é un estado, tan imperialista canto é os EUA, só que moi menos poderoso, actualmente.

Mais, nesta etapa, convén aos EUA debilitar os Rusos, pois, a posíbel alianza destes coa China, iso si, sería para eles un serio revés, en termos do seu soñado imperio unipolar.

No entanto, non podemos deixar de recordar, que os EUA, tentan deixar, no subconsciente colectivo americano, a idea de que a Rusia continúa a ser o inimigo fundamental do seu pobo, pois, son os implantadores do comunismo e os principais divulgativos desta ideoloxía, nefasta e inimigo da civilización occidental.

Explotan até límites insospeitábeis, a sobreposición do que é ruso é comunista e, como tal, continúan a facer pasar esa mensaxe, aínda que racionalmente todos saiban que o comunismo, fechou as súas portas na Rusia, coa caída do muro de Berlin.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.