Por uns servizos de dependencia públicos, universais e de calidade

Pola Plataforma Galega polos servizos Públicos da Dependencia

O próximo domingo día 27 de xuño terá lugar unha manifestación en Santiago de Compostela para pedir uns servizos á dependencia 100% públicos, universais e de calidade. A convoca a Plataforma Galega polos servizos Públicos da Dependencia, animamos a participación, é necesario. A privatización próxima ao 90% supón a principal ameaza que sobrevoa hoxe o sector das residencias. Os fondos de capital risco, tan poderosos como inhumanos, están facéndose cos centros públicos e privados e coas prazas concertadas, reducindo a calidade da atención para obter o máximo beneficio sen ter en conta o benestar dos maiores.

Estas empresas descubriron enseguida que:

Canto peor sexa a calidade da comida e menor a cantidade no prato, mais cartos gañan.

Canto menos persoal teñan para atender as necesidades dos dependentes, mais cartos ganan.

Canto mais precarios sexan os postos de traballo, mais cartos gañan.

En definitiva gañan mais cartos canto peor trato dan aos dependentes e anciáns.

É obvio que se crean para ganar cartos, polo tanto as consecuencias caen de caixón e, para maior escarnio, a administración que os debería controlar e esixir que tratase axeitadamente aos dependentes, non o fai, limitándose a ser unha mera facilitadora destes intereses.

Un modelo público é viable e desexable, debemos loitar por el para acabar coa situación de neglixencia, abandono e maltrato que se vive día a día nas residencias e, en xeral, en todo o sector de servizos á dependencia.

Por todo isto é preciso a asistencia a manifestación de Compostela.

Tódolos que queiran e/o poidan saír dende o Morrazo poden vir en autobús, convén avisar antes do venres, porque precisamos sabelo para ver si fai falla contratar mais ou non.

Todo aquel que poida que prepare un cartaz propio para a ocasión coas súas reinvindicacións.

ANIMO, ENTRE TODOS/AS PODREMOS.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.