O que os señores gobernadores dos Bancos Centrais están empeñados en facer concentración dos recursos, na man dunha minoría. O sexa, están empeñados en cavar cada vez máis fondo o “GAP”, da desigualdade social.
Por Jose Vieira | 5/02/2025
Cada vez se veñen máis nitidamente xurdir na Europa, unha apetencia por parte dos gobernadores dos Bancos Centrais dos varios países que compoñen a Unión Europea, o gosto por unha austeridade, sufocante das liberdades sobre todo crediticias.
Este gosto, case xeral e, sen límites, asume unha tendencia case epidémica.
Case que podemos dicir que está a decorrer esa tendencia a par coa instalación cada vez máis evidente de gobernos na Unión Europea de dereita o mesmo de tendencias de extrema-dereita, como é o caso da Italia de Meloni, e das tendencias, detectadas para as próximas eleccións na Alemaña. Cun demandante presunto gañador da CDU, mais un extremista de dereita, o señor Friedrich Merz, e da súa contrincante Alice Weidel da AfD.
Parece que os señores gobernadores dos Bancos Centrais dos países da Unión Europea, defenden un rigor fiscal, como debe de ser, que están contra políticas desenvolvementistas, mais o que realmente se detecta, é a tentativa de desarme total da clase traballadora, máis, inclusive chegan a suxerir unha baixada dos salarios dos traballadores.
Se está a ver pasar dunha austeridade fiscal a unha austeridade monetaria.
A primeira significa os recortes nos presupostos dos seus respectivos gobernos e, como non podía deixar de ser, o camiño desta dereita, aparecen os recortes en asistencia social en xeral (na saúde publica na educación, nos servizos públicos en todo o que poida beneficiar os máis débeis) e, nos casos en que hai fiscalidade regresiva.
O CAMIÑO QUE ESTES SEÑORES FAN SEGUIR OS POLÍTICOS DE SEUS PAÍSES É TRASLADAR Os RECURSOS DA MAIORÍA PARA CADA VEZ MENOS PERSOAS – PARA OS MÁIS RICOS.
O que os señores gobernadores dos Bancos Centrais están empeñados en facer concentración dos recursos, na man dunha minoría. O sexa, están empeñados en cavar cada vez máis fondo o “GAP”, da desigualdade social.
Mas non podemos deixar de referir que mentres se fan estes recortes nos presupostos dos seus gobernos, estes conteñen como é obvio os xenes da inflación.
Facemos agora un correcto percorrido por esas idénticas políticas que foron moi populares durante o século pasado (especialmente desde o final da Primeira gran Guerra Mundial).
No horizonte destes señores gobernadores dos bancos Centrais, se lles de para un espectro fantasmagórico, a seu parecer, que repara no nome de débeda pública.
Tamén estes se empeñan a consolidar esas dividas, o que significa unha diminución de medios en circulación e, como non podía deixar de ser, os detentores desa divida publica, xa non poderán utilizar os bonos, que se vencen en períodos de medio prazo.
Unha das consecuencias desta estratexia dereitista, ten a ver coa procura agregada, quere das familias das empresas pois, mesmo o propio Estado, agora tamén recorta no propio investimento.
Unha da consecuencia da perda de potencia da demanda agregada é que o investimento deixa de ser significativo o que fai que os prezos dentro do país non suban e ao estar a procura agregada en baixo, a moeda, se o país ten moeda propia, sobe en relación ao estranxeiro.
Mas a competencia destas condicionantes, melloran a Balanza Comercial.
Un exemplo levado a extremos é o que o señor Milei está a facer na Arxentina.
Outra consecuencia da austeridade monetaria, estamos perante unha deflación monetaria, leva de inmediato ao aumento das taxas de xuro e como tal os recortes no crédito.
Historicamente o século pasado estas políticas foron moi levadas por diante, sobre todo cando se estabeleceu o patrón ouro, ao redor de 1925 no Reino Unido.
Para eses señores, a redución do gasto público, fai que non haxa tanta necesidade de ingresos fiscais e como tal, os impostos baixan (o que para o momento actual, interesa sobre todo aos máis ricos que son os que mandan nos señores dos Bancos Centrais).
Toda esta estrutura política que estes señores queren e están a camiño de reimplantar, é o entorno desexado polos máis ricos e poderosos, pois, lles permite aumentar cada vez máis os seus patrimonios, acumulando riqueza.
Como diciamos no pasado, o aumento do valor da moeda, permitiu o axuste de prezos á baixa, sobre todo na man de obra dos traballadores, o que tornou os produtos exportados máis competitivos, a pesar de todo.
Na altura, ou sexa, como temos vindo a referir, e que os señores actuais gobernadores dos Bancos Centrais pretenden imitar, están a apostar por gobernos coercitivos, como o de Meloni, na Italia, para poder impor rebaixas salariais aos traballadores e, como está a facer o señor Milei na Arxentina, trasladando a medio prazo eses beneficios para a man dos máis ricos.
Mas o que vai acontecer, é co control a baixo ou mellor á estagnación do salario, pois, o que pretenden eses señores gobernadores dos Bancos Centrais, a procura interna se contrae e, pode que as economías impulsadas por eses apóstolos da austeridade leven a economía nunha nova fase, de estagnación.
Neste momento estas son non só ameazas como tamén algunhas destas medidas xa están a ser tomadas ou en estudo, para seren desenvolvidas.
Nos restan un chisco de esperanza que é o control aínda que indirecto, mais, que ten sido efectivo, desempeñado, polo actual Banco Central Europeo e a xestión levada a cabo pola súa presidente Christine Lagarde.
Se el primero en comentar