Pelotazo e Castañazo, a dualidade do ocio en Galiza

Por Daniel Seixo

«Nun mar de loita,
Se toca faenar, pra defender a nosa pesca
Aínda no risco que o peso das nosas pedras
Nos faga naufragar.»

A ferro e lume, Skacha

Lecer, para algúns, negocio.

Refrán

Resultado de imagen de castañazo

Moi senhores meus, en cuestión de gustos musicais non hai nada escrito. Uns gozamos dos contundentes golpes de batería das bandas máis desconhecidas do oi! estatal ou dos ritmos revolucionarios da música cubana, mentres outros se decantan polo Ska, móstranse partidarios da música Indie ou retozan elegantemente entre as baladas máis clásicas, o punk dos oitenta ou mesmo o reggaeton. E non vou ser eu o que nestas linhas xulgue os gustos musicais de cada un, aínda que me permita a alegre confianza de recomendarlhes a todos aqueles que aínda poidan, fuxir dos locais que pican esa tortura chamada reggaeton como da peste, aínda que lhes agrade, fáganme caso e tenten gozar da variedade mentres sexa posible.

Pero ao gran, o pasado 1 e 2 de novembro, chamado por esa necesidade tan humana de reunirme puntualmente coas minhas amizades, abrir un par de cervexas – aínda que quizais fosen unas cantas máis – e escoitar boa música, polo menos o que eu considero boa música, decidín acudir como en tantas outras ocasións ao Castañazo Rock que se celebra puntualmente cada ano en Chantada, Lugo.

Macrofestivais negociados en total segredo entre a Axencia de Turismo de Galicia e escuras Unións Temporais de Empresarios, a repartición do pastel ascende  a nada menos que preto de 2.975.000€.

Non crean vostedes que aquí lhes venho a falar da brutal actuación de Soziedad Alkoholika, o esperado regreso de Skacha, os ritmos de Koma ou os bos momentos entre bastidores cos componhentes de SFDK… Non, esas cousas débense vivir na area deste tipo de festivais e calquera narración que este humilde xornalista poida pretender facer deses momentos, para nada atopará eco na realidade de todos aqueles que se deixaron arrastrar ata Chantada para desposuírse dun pouco de saúde e de tanta tolemia e ansiedade producida pola vida. Durante dous días, sen dúbida, o Castañazo proporcionounos a todos os que alí nos reunimos unha sonora escapatoria. En definitiva, xa saben vostedes que calquera palabra sobre a música en directo, por ben adornada que se atope, finalmente sempre remata por quedar curta.

Hoxe pola contra, quero reflexionar neste pequeno espazo, sobre a realidade dun país no que a Xunta adxudica apenas 340.000 euros a 16 festivais de música a través das axudas de Agadic, mentres macrofestivais como O Son do Camiño ou o Caudal Fest, irrompen cada día con maior asiduidade para levar case preguntas o anaco máis grande da torta, por non dicir que reamtan por levar a torta enteira.

Certo que 340.000 euros poden parecer moito para aqueles que non se paran demasiado a reflexionar ou para quen non conhecemos ao detalhe o mundo da música, pero deseguido fanse pequenos ante a nosa mirada, cando comprobamos que o Castañazo Rock queda apenas con 12.091 euros de toda a torta pública destinada o ocio musical. Mentres tanto, no caso deses macrofestivais negociados en total segredo entre a Axencia de Turismo de Galicia e escuras Unións Temporais de Empresarios, a repartición do pastel ascende  a nada menos que preto de 2.975.000€.

Comezaba este artigo sinalando que a música é unha cuestión de gustos, pero queridxs lectorxs, cando o carto non chove a gusto de todes, cando a falta de transparencia supón a norma e os xigantes empresariais imponhen o seu modelo de lecer apoiados polas institucións, a liberdade de elección pasa a un segundo plano, para debuxar unha clara imposición pseudocultural e mercantil.

Os 12.091 euros destinados a festivais como o Catañazo, nos que organizacións sociais, grupos locais e música en galego comparten cartel con mozos de clase obreira e prezos máis ou menos lóxicos, nada tenhen que ver con eses outros recintos de música foránea na que comida servida en camións, bebida prohibitiva e espazos publicitarios de toda índole, fan as delicias dos mozos bastante máis acomodados e de todos os seus seguidores de Instagram.

Cando o carto non chove a gusto de todes, cando a falta de transparencia supón a norma e os xigantes empresariais imponhen o seu modelo de lecer apoiados polas institucións, a liberdade de elección pasa a un segundo plano

En fin, que con eses 12.000 euros que a Xunta reparte aos festivais máis alternativos, nós non poderíamos nin contratar unha das orquestras do sempre presente empresario do lecer galego Anxo Martínez Pérez, Lito. O mándamas de a Panorama, a París de Noia, a Sintonía de Vigo, a Philadelphia ou a Olympus….

Pero esa é outra historia, a do caciquismo no lecer galego, a das comisións de festas en Galiza, a da aburrida e triste monotonía cultural e a morte lenta e silenciosa da nosa cultura… Outra historia ou quizais a mesma, só que adaptada aos novos tempos, as novas formas de negocio e ás novas xeracións de mozas do noso país.

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.